"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 11 de noviembre de 2015

VOLVEMOS GANAR UNHA LIGA

GANAMOS A LIGA....JAJAJA. Dende logo non era o obxectivo pero así aconteceu,estivemos sempre cerca da cabeza e ganamos na segunda volta os partidos contra os rivais directos;para os nosos anos está ben...moi ben diría eu...Con mais de 45 anos varios de nós, e a maioría de mais de 40, eu diría que sobresaínte..Quixera ver eu estas novas xeneracións de xogadores,que xogaron contra nós,se con eses anos estarán en activo,dando guerra.
 
 

jueves, 5 de febrero de 2015

REMATOU A PRIMEIRA VOLTA...SEGUIMOS EN PE

Despois dunha volta enteira xogada ( e un partido da segunda volta) nesta tempada de transición hacia o retiro, imos de 2º ou 3º dependendo dun partido que queda suspendido.
Que levo visto?
- A fontanería , o equipo que mellor xoga a fútbol sala, solo sinto terlle gañado os dous partidos porque os deixamos tocados para gañar a liga, pero no campo intentamos ganar sempre. Son amigos e grandes xogadores.
- O líder: Ten un equipo parecido ao de provincial, son correosos, compiten ben e intentan xogar por momentos...bo equipo.
-Nós: Imos de paso ao retiro pero non arrastrándonos, penso que estamos competindo dignamente, non aspiramos a ganar a liga pero estamos cumplindo cos nosos obxectivos.Se quixemos competir houbesemos seguido en provincial con Tizón, Tractor, Diego, Yago, Peke, etc..
 
-Do resto de equipos direi que eran descoñecidos para min, son xente nova, con moitos xogadores de fútbol, corren moito e disputan, fútbol sala pouco.Hai 3-4 equipos que a parte de non xogar, dan moitas patadas e ten moi pouca educación...unha pena!
 
Árbitros:Malos, pero como a categoría.  

lunes, 20 de octubre de 2014

TEMPADA 2014-2015..Aqui seguimos...os vellos

Aquí seguimos , pero con outra mentalidade, non pretendemos ganar a liga local, se pretenderamos eso non se irían os xogadores que se foron...e sería fácil entender que se con eles fomos terceiros na liga provincial, campións da supercopa e finalistas de copa..seriamos entón un dos máximos favoritos a ganar...Pero....quedamos os fundadores deste histórico do fútbol sala, para xogar cada fin de semana pasalo ben con este noso deporte e tomar unhas cañas cos amigos....este é o principal obxectivo, ainda que saiamos a disputar o partido.
 
O motivo de deixar a liga provincial, foi o cansancio de tantos anos viaxando, non hai outro.
 
Intentaremos xogar un ano ou dous mais para despedirnos da mellor forma posible das canchas e intentar ser un exemplo para os rapaces mais novos que empezan a xogar.
 
De momento levamos tres partidos e nótanse os anos de diferencia cos mais novos, ganamos dous e perdemos un.....Gústame ver cada semana a ilusión dos que empezan...O dito aquí seguimos e intentaremos non facelo mal...
 
 

martes, 24 de junio de 2014

OUTRA FINAL DE COPA

Despois dunhas eliminatorias duras, derrotando a Manzaneda, Carral e Cidade de Ourense o equipo plantouse outra vez nas semifinales de copa diante do Beariz, ao que derrotou con facilidade por 9-3, chegando a unha nova final de copa.
 
Outra final de copa para un equipo histórico do fútbol sala local e provincial, ( Chupito, Rocholl, En Xogo, Eurosport /Karlasca )...e van 8 finales,das que se ganaron 4
 
O partido da final foi dominado de principio a fin pola Veiga, quizás para volver ganarlle ( como aconteceu na supercopa) deberiase ter intentado outro tipo de partido....ainda que penso que estaba moi difícil competir cun equipo con xogadores moito mais novos, con mellor condición física e moita calidade. A Veiga foi xusto vencedor, é o mellor equipo desta liga e demostrouno, ganaron a Liga a Copa , solo perderon a Supercopa contra nós alá por setembro.

lunes, 12 de mayo de 2014

REMATOU A LIGA

Coa victoria diante o Lasyder por 6-12 rematou a competición por este ano; o equipo ao final rematou cuarto nunha tempada bastante irregular.
O cuarto posto final non é un bo resultado para un equipo que por nomes tiña que optar a liga, ainda así hai que ter en conta  que o feito de non adestrar é un lastre para o equipo.
 
A liga foi,coma todos os últimos anos, un despropósito sobre todo na recta final, con equipos que desaparecen e outros que non se presentan....a federación admite todos os equipos que piden xogar e non fai nada por cambiar as cousas.
 
Agora comenza a copa, veremos o que nos depara.

martes, 6 de mayo de 2014

Recta final da liga

O blog non está actualizado porque un servidor apartouse do equipo por razóns persoais, todo cansa e chega un momento que hai que tomar decisións
 
Os últimos resultados foron:
 
Manzaneda 4 En Xogo 6
Abedes ...retirado
A Veiga 10 En Xogo 5
En Xogo 8 Barbadás 6
 
Dous partidos ganados contra dous rivais difíciles, e unha derrota na casa do campión é un bo balance.
 
Nestes momentos o equipo sitúase terceiro na clasificación, despois do pinchazo do Carral, a falta dun partido.
 
Dende aquí quero felicitar a Veiga polo título de liga, merecido e digno campión.

domingo, 30 de marzo de 2014

EN XOGO 6 RETIRO 0.......OUTOMURO 0- EN XOGO 6

Duas semanas sen xogar, a liga na recta final volve ser lamentable, con equipos que non cumplen.....cada ano pasa o mesmo e seguimos sen solución.A federación non fai nada, solo pensa en recaudar cartos con mais equipos.

lunes, 17 de marzo de 2014

REGUENGA 3 - EN XOGO 2....UNHA VERGONZA !!

Había tempo que non sentía tanta vergonza nun campo, foi un espectáculo deplorable pola nosa parte. Este partido, a actitude, fai que me plantexe a continuidade neste equipo no que levo mais de 15 anos, toda unha vida...Este equipo non ten alma, non ten huevos....Neste partido salvo a Suso, sempre intenso, e a Congui, sempre fiable.
 
Boto de menos a vella guardia, Temes, Masid, Luis Angel, David(nº7), Marcos, Guille, Oscar Gil e eu mismo no campo....os anos non perdoan e fan que nos retiremos ou nos apartemos do equipo........Aquel Chupito era un equipo con un espíritu indomable, sempre fiable...un equipo finalista dos premios mais deporte de "La  Región" pola súa traxectoria....queda moi pouco dese equipo, case nada.
 
Felicitar ao Reguenga pola victoria, por loitar ata o final, cun gran Rubén na portería.
 
Os arbitros ben, nada que obxectar, arbitraxe correcto.

lunes, 10 de marzo de 2014

PONTE 2 - EN XOGO 8

Non podo facer  comentarios do partido xa que non estiven presente....ainda así poido dicir que rematou a primeira parte 1-2 ao noso favor, na segunda puxémonos 1-4 e ao sacar eles porteiro xogador sentenciamos ata o 2-8.
O partido, que a priori parecía moi difícil,  resultou mais sinxelo do esperado...o equipo rival perdeu moito potencial con respecto ao ano pasado. 

martes, 25 de febrero de 2014

CARRAL 6 - EN XOGO 5

Partido igualado entre dous dos equipos fortes da liga..un partido que ganabamos a falta de 2 minutos e medio, e perdemos a falta de 14 segundos.
 
Carral: Xa non é unha sorpresa, está mantendo o tipo e segue instalado nos postos altos da clasificación..Fixo un partido irregular pero rematou gañando, con sorte, un partido que mereceu ganar antes.. 
 
Árbitros: sin influencia no resultado
 
Nós: Mal partido, lentos en defensa e con indolencia.Se non pomos todo da nosa parte somos un equipo vulgar