"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 25 de septiembre de 2010

NOVA VICTORIA..

SEGUNDA VICTORIA DA TEMPADA POR 10-1 DIANTE DO BARRERAS DE CARBALLIÑO

O partido empezou igualado con ocasións para os dous equipos, o dominio era do En xogo pero o Barreras con algunha contra puxo en peligro a David...pasados os primeiros minutos o dominio transformouse en goles, e rematou a primeira parte con 4-1 no marcador. A segunda parte non tivo moita historia, con un dominio aplastante diante dun equipo que intentou xogar, pero viuse desbordado en defensa polo xogo preciso do En xogo/karlaska..
Destacar que hoxe debutaron no equipo Tizón e Santi, dous xogadores fora de categoría, cunha grande actuación, 3 goles cada un.

Alineción:
En xogo/karlaska: David, Oscar Sabuc.,Lois, David II, Luis Angel--cinco inicial--Tizón, Santi, Eloy,Kike

Os goles foron marcados por: Santi 3, Tizón 3, Eloy 2, David 1, Oscar Sabuc. 1.

O vindeiro partido será en Taboadela diante do C. de Tabodela, mposiblemente ás 20:00 horas


domingo, 19 de septiembre de 2010

COMODA VICTORIA 13-1

Comezamos a liga gañando 13-1 ao Vistahermosa f.s. nun partido moi cómodo, enfronte estaba un equipo mermado polas ausencias.O partido non tivo historia porque os cinco minutos xa gañabamos 3-0.

No seguinte partido enfrentaremonos ao Barreras de Seguridad de Carballiño o sábado 25 ás 17:00 na Carballeira

viernes, 17 de septiembre de 2010

DEBUT CONTRA O VISTAHERMOSA FS

O sábado día 18 empezamos a liga xogando na Universidade ás 19:00 contra o Vistahermosa fs, un partido que non é nada fácil, é o debut, nos non adestramos e algúns vémonos por primeira vez despois do verán, ainda así tentaremos sacalo adiante.
Para o partido e a pesar de ser 18 en plantilla temos numerosas baixas: Santi, Tizón, Marcos, Congui, Guillermo, Masid, Temes, Pablo gil, Oscar Gil, Suso......quedamos uns poucos para xogar ( 8 ), e algúns ainda andamos algo tocados, pero sairemos a intentar gañar coma sempre..