"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 27 de febrero de 2012

LASYDER 3 EN XOGO 4............COSTOUNOS GAÑAR, NUN PARTIDO EXTRANO

Un partido floxo pola nosa parte, seguimos fallando demasiado e todo por querer meter o gol do ano, por querer facer a xogada do partido....algúns fallos son mala sorte, pero chegamos a fallar a porta baleira.
Preocupame mais o xogo, xogamos a impulsos, sin continuidade, conducimos demasiado o balón e xogamos pouco sin él.....Defendemos mal e replegamos lento, cando sabiamos, xa antes de comezar,  que quizás o maior perigo do rival eran os balóns largos do porteiro as costas da nosa defensa.Costounos correxir este aspecto do xogo sobre todo na primeira metade; na segunda parte e despois da expulsión de Tizón con 2-2 fixemos os nosos mellores minutos e puxémonos 2-4, despois de fallar o que case parece imposible.
Un penalti en contra a falta de 1 minuto puxo o definitivo 3-4.
O rival: explota moi ben o saque largo do porteiro, creounos moitos problemas....o mellor xogador deles o porteiro, moi ben, fixo paradas de moito mérito..
Os árbitros: Tiña un párrafo largo para explicar a súa actuación... pero intentarei ser respetuoso....."Non tiveron sorte" nun partido difícil.

Polo que vexo, leo e polo que me contan, cada vez son mais as queixas en contra dos árbitros..chegan tarde, cobran o mesmo...!! Tendo en conta isto e que o  tema económico dos patrocinadores está mal, se por enriba suben o arbitraxe, machacante a tarxetas, (porque é o único argumento que teñen algúns) e de paso recaudan...Cada vez hai menos equipos.... acabará isto definitivamente co fútbol sala ourensán?
Fáltalle pouco, penso eu....

Tendo en conta estes altos gastos, non sería descabellado facer coma noutras cidades, unha liga paralela, sen tantos gastos........pensarémolo e maduraremos isto.


lunes, 20 de febrero de 2012

O PARTIDO MAIS DOADO E CORTO DA TEMPADA.....

Cando comezou a liga o ES 2001 parecía que este ano ía dar guerra, só perdera un partido con nós, ía líder e estábano tomando bastante en serio, pero............ primeiro non pagaron a tempo a cuota arbitral e agora non traen as fichas, nin a relación de xogadores...isto non é seriedade, se algún día queren estar mais arriba deberán organizarse mellor.
Isto quere decir que a actuación arbitral foi perfecta, cubriron ben a acta....e nos tamén estivemos perfectos.

A xornada deixounos unha sorpresa, a derrota do Andrade diante un rival da zona de abaixo e unha victoria contundente do Cerber fs, amosando as gañas que teñen de levarse a liga..

viernes, 17 de febrero de 2012

CLASIFICACION

Se deducimos os puntos que perderán os equipos ao desaparecer o Feás, a clasificación sería esta:


1 Cerber FS 40
2 Concello De Taboadela 39
3 En Xogo/Karlasca 32
4 McDonald´s Ourense 31
5 ES 2001 FS 31
6 Muebles Andrade-A Carballeira 26
7 Sporting Manzaneda FS 24
8 A Corna FS/Concello Do Irixo 23
9 Bar O Retiro 22
10 Outomuro FS 18
11 Barbadás-Sobrado FS 16
12 Lasider DyC 13
13 Avión FS 12
14 Barreras De Seguridad FS 12
15 Primordial FS 10
16 Feás FS 0

O grande perxudicado na loita pola liga sería o Cerber fs... mala sorte!!

lunes, 13 de febrero de 2012

CERBER 5 - EN XOGO 3.........FUTBOL É FUTBOL

Xogamos 10 minutos, puxémonos 0-2 e perdonamos outros 3...despois dous regalos, si regalos, e empataron o partido, engadimoslle outro regalo do colexiado de sempre e rematamos 3-2 a primeira parte...
Na segunda parte fómonos do partido, a expulsión de Marcos descentrounos e a seguinte de Jacobo sacounos definitivamente do partido...e xa non volvemos.
Perdemos por os nosos propios erros....e teño que decir que foron demasiados... Pero sobre todo non xogamos a nada, fomos un equipo irrecoñecible...non fomos capaces de nada...Defendemos mal e atacamos peor......Moi mal.
Do rival esperaba mais, esperaba mais cousas, mais ideas, mais recursos...pero a verdade é que viviron dos nosos erros.....Para un equipo que adestra tres días a semana son  tácticamente limitados: para sair da presión pelotazos, un par de saidas polo medio e aproveitar os bos saques de Rubén dende a portería, sempre largos....eso sí, correr, correron coma atletas, quizá sexa ese o seu punto forte...
Gañaronnos merecidamente pero a min non me gustaron.... Para gañar unha liga hai que expoñer algo mais, vano ter moi difícil co Taboadela, estes últimos son un equipo mais compacto. 
Se ascenden pasarano mal, a pesar da experiencia de Bolas e de Rubén, faralles falta algo mais e sobraralles algún maleducado que teñen no equipo.
Os árbitros non perderon o partido, perdémolo nos mesmos.....pero xa estamos fartos, algúns non están ao nivel.....so algúns, pero sempre nos tocan a nós.
Neste blog levo repetido varias cousas:
1ª Son os únicos que cobran, e nos pagamos eses cartos....e se mal non recordo, nunha época de recesión e crise, a cuantía do arbitraxe subiu....increíble!! Un pouquiño de seriedade
2ª O protagonismo é dos xogadores, non dos árbitros....por moito que lles pese....pero algúns non poden pasar desapercibidos..
Isto  non é por perder, non , a semana pasada gañamos 10-2 pero foi o mesmo, xa nos queixamos da actuación...
3ª Na toma de decisións podes fallar....como fallamos todos. O problema é cando elixes o momento do fallo...iso é intención...
Molestamos despois de tantos anos?? molestan as nosas victorias?? debemos algo??

Repito: Non son os árbitros os culpables da derrota, os culpables somos nós...fixemos un partido pésimo.....pero fomos perxudicados claramente con dúas expulsións ( medindo aos dous equipos de xeito diferente) e un gol en falta....vaia tarde!!

Próximo partido na casa co ES 2001, seguiremos remando..


martes, 7 de febrero de 2012

EN XOGO 10 - MANZANEDA 2.....................PARTIDO MOI CORTO

O  partido comezou e rematou no minuto 1....Chegou o rival  con 10 xogadores pero sen porteiro, complicado!!,  e decidiu xogar de 5 dende o principio....ollo! que algún partido gañaron dese xeito...Pero esta vez non foi así, estrelláronse contra a nosa defensa....unha defensa deslabazada por momentos, pero suficiente para parar os seus ataques.......De todos xeitos o seu ataque de 5 foi moi desorganizado, moi precipitado, sen paciencia.
É curioso que, a pesar do resultado, acabemos molestos cos árbitros....non é doado de explicar....ou sí!! non dar o nivel, quizás!! ou molestan xa as victorias do En Xogo??

Próximo partido contra o Cerber, merecido líder, partido duro pero como sempre intentaremos gañar