"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 27 de febrero de 2011

BOS SAMARITANOS 8 - LASIDER 7......sempre facendo amigos

Comeza o partido co dominio, coma sempre, do noso equipo, e rapidamente puxémonos 2-0, bo xogo e ocasións en 19 minutos da primeira parte que  levaron o marcador ata un 5-1 contundente.... o que pasou no último minuto é un expediente X, dous "regalos" apretaron o marcador ata o 5-3 do descanso...había que darlle emoción...????

Na segunda parte comezamos mandando de novo e impoñendo o noso xogo, moito balón e dous goles mais colocaron o marcador nun 7-3 case definitivo, o contrario estaba resignado a súa sorte....pero, cando faltaban 9 minutos co partido controlado e dormido....comezou o noso recital, primeiro un penalti inexistente e deseguido un carrusel de despropósitos levaron o marcador a un empate 7-7 faltando 4 minutos........q pasou neses 5 minutos???    está o CSI investigando ..... volvemos apretar, e Tizón( 5 goles) decidiu o partido cun gol marca da casa 8-7, despois sacaron porteiro-xogador e tivemos dúas ocasións claras, pero....gústanos o perigo.

Volvemos vivir no arame...os regalos sobran. Un penalti, por moi discutido que sexa, non nos pode sacar dun partido que tiñamos que gañar coa gorra....Defendemos coa vista e baixamos os brazos pensando que o partido estaba gañado...Quizais xa non temos o espíritu asesino para matar ao rival  moribundo, mais ben parecemos misioneiros, facendo amigos e regalos....Ter so dous cambios é un atenuante, pero non pode ser unha escusa..

 En contra nosa é moi doado pitar....Para min(sei que o árbitro non estará dacordo comigo, porque é apreciación), dous erros que nos puideron costar o partido: o penalti inesixtente (o rival preguntaba : "que pitou?") e a retención de balón ( moi clara, eu estaba a un metro) no chan ao borde da nosa área foi previa a unha "posible" patada do noso xogador( débese pitar a primeira infracción), faltaba 1 minuto ..... arbitar é moi complicado, eu creo na súa imparcialidade, ainda que as veces me fagan dudar... Sempre intento entender o porque das súas decisións, creo no diálogo, e considérome unha persona correcta, pero non todo o mundo é igual; hai uns poucos partidos, un xogador rival tiña que ser expulsado, e perdoáronlle a clara expulsión...dous partidos despois agrediu a un árbitro....Hai cousas que non se poden tolerar, e unha cousa é protestar e outra a mala educación e os malos modos...por iso hai cosas que non entendo.

Próximo partido en Carballiño diante do Feás, rival complicado, sempre se nos deu ben pero nese campo sempre houbo factores externos que non podemos controlar...

lunes, 21 de febrero de 2011

VAIA PUNTERIA..!!! victoria 2-5 diante do Retiro

Non andamos finos cara o gol dende hai varios partidos, ( Tabodela, ES, Pijú, Retiro ), oportunidades  incontables e infinidade de remates que non conseguimos meter na portería.

O partido de onte foi algo así....se este xogo fose darlle ao porteiro houbesemos metido moitos goles....porque o rapaz fixo moitas paradas de mérito, pero cantas lle tiramos ao corpo, a cabeza, ao traseiro, ao tobillo , as mans??...esquecemos que este xogo consiste en meter a boliña na portería; e de vez en cando rizamos o rizo, adornándonos...pero en xeral o xogo foi fluido, con bos movementos.

Non se podía creer que fosemos so 0-1 na primeira parte, e que faltando 5 minutos se puxesen 2-3, o marcador era apretado pero non o xogo nin a sensación de perigo........ o certo era que os nosos erros puidéronnos levar a complicarnos o partido....Esperemos recuperar a puntería pronto.

O rival, ben pertrechado atrás, fixo o seu partido, e ao final asustounos......son moi boa xente, compiten noblemente,e danlle sentido a que isto é un deporte, e que ao final o que te levas de isto son os amigos...

Os colexiados na súa liña, non deixan contentos a ninguén......cando se daran conta de que os protagonistas disto son os xogadores e non eles???. de todo este circo son os únicos que cobran..

lunes, 14 de febrero de 2011

ÁNIMO AVÓS....!!!!!

Foi un partido malo,moi malo...pero só un partido. Din que as mellores plumas fan un borrón de vez en cando, este foi un borrón...porque podemos perder,claro que sí, pero non así....así non...

Si é certo que nos faltaba moita xente importante (Luis Angel, Tizón, Marcos, David, Santi.....), que algúns xogamos coxos(Sabucedo, Kike..)e que outros volvían ao equipo despois de moito tempo(Suso, Oscar Gil....) pero non vale de escusa porque o rival estaba igual ou peor.... tiñamos que competir mellor, moito mellor...
Este equipo ten unha historia longa e chea de feitos que, cando te acordas deles saeche un sorriso...esto é o mellor que me levo eu do futbol sala, xunto cos amigos. Estamos acostumados a vivir (xogar) o borde do arame con moitos partidos ao límite, sobre todo na copa( en 9 anos: 3 titulos, 2 finais,3 semifinais, 1 cuartos....) aparte das ligas....
Quero decir con isto, que estamos acostumados a gañar, e non  a perder, e polo tanto quédanos un regusto amargo na derrota......Perdemos partidos, ligas, copas, e aquí seguimos, con mais de 40 tacos, xogando cada semana ata que o corpo aguante...e seguiremos gañando e perdendo partidos( non podemos gañar sempre), pero sempre debemos sair do campo coa sensación de que o demos todo....Se non fosemos tan competitivos, con estes anos, xa non estariamos aquí.....
Coñézovos ben e sei que non teño que animar a ninguén, pero isto digoo sempre..... ÁNIMO AVÓS    

sábado, 12 de febrero de 2011

VICTORIA DO "PIJU" 3-6 POR INCOMPARECENCIA DO "EN XOGO"

Non se presentou a xogar o En Xogo diante do Pijú.Apareceron na Carballeira dous equipos, un vestía de negro, eran poucos e un estaba coxo; e o outro equipo vestía de azul, ao comezar parecían os do En Xogo, pero os poucos minutos descubrimos que eran uns impostores.......onde estaban os orixinais???, ainda agora non se sabe deles, é un misterio.....
Os de negro xogaban o trote, porque lles ía ben, tiñan algún coxo......e os de azul case dan dous pases seguidos unha vez.....lamentable; non foron nin capaces de correr para desgastar aos de negro.
Din que os de azul tiñan moitas baixas.....é que??? os de negro tiñan mais. En resumo pouco que comentar dun partido da terceira local (que xa non existe)..entre dous históricos das ligas ourensáns.¿A que deporte  xogaron?...Nin idea

Próximo partido en Outomuro diante do Retiro.......esperemos que esta vez se presenten a xogar os de azul

domingo, 6 de febrero de 2011

VICTORIA 2-7 EN CELANOVA diante do ES 2001

Presentábase un partido difícil  en Celanova, rival duro e nós pouca xente, pero resultou que eles estaban mais xustos ca nós, e nós recuperamos algún xogador a última hora..
O partido empezou cun gol fallado a porta baleira (isto sóname de algo...)...e así seguiu, imprecisións e mais imprecisións; que se perdo un pase, que se regalo un balón, que se non replego, que se fallo unha ocasión, que se fallo outra...e chegamos ao descanso con 0-2, pero o mellor xogador noso foi Congui, con dúas ou tres paradas de mérito, e  deles tamén o seu porteiro...A segunda parte non foi moito mellor,pero parecía que queriamos xogar algo mais e aos dez minutos iamos 0-5, entón empezamos a sestear, e con dous regalos 2-5  apretamos algo o marcador....Eles, con cinco xogadores e varios tarxeteados, xogaron a ruleta rusa...primeiro nun remate de volei perdonáronlle a segunda a Iglesias (dixeron os colexiados que fora involuntaria.....jaja) e despois, ao mesmo xogador, cun agarrón xa non puideron perdonarlle a segunda, a falta de seis minutos..eles sen cambios e cun xogador menos encaixaron dous goles mais, e a falta de tres minutos con outra expulsión e unha lesión rematou o partido.....


Gustoume: a implicación dalgúns xogadores co equipo, porque a pesar das cargas familiares e diferentes problemas personais, fixeron un oco para vir xogar


Non me gustou nada, nada, o xogo do equipo.Había tempo que non xogabamos tan mal, de feito non xogamos a nada; o xogo parecíase moi pouco ao fútbol sala que facemos ou intentamos facer a maioría das veces.


Próximo partido contra o Pijú, casi nada, para min, é o equipo, xunto co noso que mais calidade atesora nos xogadores, un superequipo, que non está mais arriba porque lles pasa coma nós, cumplen anos e hai demasiadas cargas familiares....en condicións "normais" ( dispoñendo sempre dun mínimo de xogadores) estarían moi arriba. Un equipazo, que xoga coma poucos a futbol sala
 O partido sérá o sábado na Carballeira