"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 20 de junio de 2011

PORTADA DO MARCA

PARTIDO DIFICIL...CON FINAL FELIZ

Partido de alta tensión....O partido comezou como eu esperaba, o Taboa metido atrás e capeando o temporal que se lles viña encima..
Os 15 segundos primeira parada de gol do porteiro rival, a que seguiron dous paos de Marcos e dúas novas paradas de gol do porteiro..... achicaban auga nos 9 metros...O gol chegou nunha falta, cun zapatazo de Oscar...Na primeira parte apenas recibimos dous tiros a portería...
Na segunda parte cedemos un pouco de campo, porque ata ise momento o único gasto foi noso, esperando que espuxeran algo mais, así o fixeron, pero inquietaron pouco a David, solo con tiros de media distancia, que facían pouco daño....O empate chegou nun erro ao borde da nosa àrea, cun balón rebotado dentro, ao que chegaron Luis, David e o rival ao mesmo tempo...resultado "Penalti"...discutible? non, moi discutible...pero estamos acostumados a isto.. A partir de ahí houbo uns momentos nos que o partido estivo mais aberto...Chegando xa ao final demos o último arreón, eles tentaron chegar a nosa portería con balóns largos sobre o seu pivot, pero apenas tiveron unha ocasión que parou David..

Chegan os penaltis, é son unha lotería, pero hai unha persona que sempre merca un par de décimos....David :Porteiro desgarvado, con poucas maneiras de porteiro incluso,cos anos perde reflexos.. pero o mais grande que coñezo neses momentos... cantas rondas temos gañado con el na portería?? moitas, non recordo perder algunha....outra cátedra de Don David.

Dous mesas e dous árbitros, eso si, mal colocados , non viron o gol de penalti de Pablo......Eran os que estaban mais cerca pero foron os únicos de todo o pavillón que non viron un gol de penalti....INÁUDITO..
Chamoume atención que algúns, repito, algúns, xogadores do Taboadela celebraran a victoria, sabendo que non era legal........parece que valía todo con tal de gañar

O rival penso que se centrou moito en defender, sobre todo a Santi, e pouco en atacar...Estiveron a un nivel defensivo moi alto, con moitas axudas, e moi rápidos no repliegue..
De todos xeitos boa tempada do Taboadela, foi un rival moi complicado tanto na liga como na copa....
Moita sorte en Autónomica

CAMPIONS !!!..FIXEMOLO DE NOVO....GAÑAMOS A COPA, E XA VAN 4


         Sete finais....catro títulos.
Para min é un placer compartir vestiario cuns grandes xogadores, pero sobre todo cunhas grandes persoas.

sábado, 18 de junio de 2011

ESTAMOS NA FINAL DE COPA.........OUTRA VEZ

Coa victoria diante do Beariz por 4-2, estamos de novo nunha final de copa......Sete finales de copa, catro de forma consecutiva.....
Final esperada, vista a tempada....Taboadela -En Xogo
Partido malo, malísimo, o xogado esta tarde diante do Beariz...con este xogo non gañamos a final de ningunha maneira......Moita indolencia diante da portería contraria, xogo individual, poucos movementos sen balón...en fin todo un catálogo de despropósitos, un partido para olvidar....
Mañá e outra guerra, un partido deses que nos gusta xogar...diante temos un rival moi complicado, un equipo que baixo o meu punto de vista mellorou dende o principio da liga, sobre todo a nivel táctico.....xoga na casa, o público presiona, pero por isto xa pasamos moitas veces.... así que non nos vai impresionar moito, se gañan será porque foron mellores....
Mañá capítulo final da copa

martes, 14 de junio de 2011

XA ESTAMOS EN SEMIFINAIS...1-3 diante do ES2001

Estamos en semifinais, outra vez, e xa non lembro cantas van....non é arrogancia, simplemente é a verdade... Consecutivas penso que son cinco, e nove nas últimas dez tempadas, só un ano quedamos fora antes ( en cuartos).. É para sentirse moi orgulloso deste equipo...
O partido co ES2001 presentábase duro,e mais despois de ver os últimos resultados deste equipo,e así foi, pero a verdade é que xogamos un partido moi serio, quitando os cinco minutos de tontería que temos sempre....Pasamos poucos apuros pero seguimos fallando demasiado, tiramos catro paos e fallamos dous a porta baleira...espero que algún día non nos acaben pasando factura tantos erros..Boa copa do equipo de Celanova.


Os cuartos foron duros para todos...só o Beariz parece que gañou con facilidade...O Outumuro gañou nun partido igualado, como cabía supoñer, e xa están en semifinais sen facer moito ruido...menuda tempada levan!!
O Taboadela superou o Cerber na lotería dos penaltis...nun partido que debeu ser durísimo, e xa está na "final four" da súa copa...Estivo a punto de saltar a gran sopresa da copa, o reloxo corrido fai estragos nos equipos de provincial..

SEMIFINAIS


20:00 h.......Taboadela - Outomuro
Penso que o claro favorito é o Taboa, pero a copa e complicada...o Outumuro non é un equipo doado de gañar, forman un gran bloque, moi compacto...agora teñen que crer que poden facelo, que poden gañar e colarse na final....a mentalización será  importante.  O Taboa era dende o principio un dos grandes favoritos, e confirmou os pronósticos, levan unha tempada espectacular...un equipo moi rápido o contraataque e moi agresivo no seu xogo.
Sorte aos dous, e que gañe o que o mereza..


21:00 h.......En Xogo - Beariz
A priori parece moi doado, pero esto é a copa, e ninguén chega as semis sin facer nada...é un partido trampa, deses que non me gustan, teremos que sair moi mentalizados e concentrados para gañar...O Beariz xa non é a primeira vez que chega as semis, e xa sabe de que vai isto....Non me fío!!

lunes, 6 de junio de 2011

SUFRIMOS, PERO............ESTAMOS EN CUARTOS

Gañamos 3-2 ao C.M. Piñeiro, e gracias .... Como xa comentara era un partido trampa,diante dun rival que nos sorprendeu pola súa calidade individual e rapidez.....Certo é que fallamos algún gol claro, pero tamén é certo que nos crearon moitos problemas nas contras.....O partido foi dominado por nós en canto o risco, a presión, e o dominio do balón, pero se non marcas goles iso non vale para nada... Ahí, na definición, foi onde botamos de menos os goles de Tizón(ausente por motivos personales)....O rival fixo un partido moi completo e chegou a ir gañando no descanso (2-1), a pesar diso nonos descompuxemos, e demoslle a volta na segunda parte...Outro partido que gañamos xogando "no fío da navalla"...

A copa sempre da sorpresas
A xornada deparou a derrota dalgúns favoritos, o Pijú ( unha tempada bastante mala para eles...sempre con pouca xente) e o Vilamartín que perdeu claramente na casa diante do ES 2001, o que convirte a este último equipo en favorito ao título...Destacar a victoria da Corna sobre a Veiga  ( non por gañar, senón pola amplitude no marcador)...a sorprendente derrota do Lasider diante do Beariz....e o Outomuro que sigue pasiño a pasiño e xa está en cuartos.

Partidos de cuartos
SAB 18:00 en Oira.... Concello de Coles F.S. - F. S. Beariz
SAB 18:00 en Outomuro..... E.S. 2001 - En Xogo / Karlaska F.S.
SAB 20:00 en Taboadela..... Concello de Taboadela - Cerber F.S.
SAB 18:00 en Cea.... A Corna F.S. - Outomuro F.S.

 
Destaca o partido de Cea, a priori moi igualado..
Pero sobre todo o En Xogo - ES 2001......partido durísimo, o equipo de Celanova está facendo unha copa excelente, eliminando a equipos complicados con bastante facilidade....Haberá que apretar moito se queremos seguir adiante..