"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 26 de marzo de 2012

SOBRADO 4 EN XOGO 6.........ERA UN PARTIDO TRAMPA!!!

Sabiamos que o partido ía ser difícil, un rival cunha posición na liga comprometida e unha vella rivalidade.
O partido estivo igualado durante bastante tempo pola nosa falta de acerto, polo noso individualismo nalgunhas xogadas, e por fallar coma sempre diante a portería..Cando decidimos que era mellor tirar dúas paredes en lugar de dous regates rematamos co partido..
O rival: un equipo con calidade nalgúns dos xogadores, un equipo que contra nós xoga hipermotivado; pero dubido que xogue todos os partidos así, se o fixera non estaría tan abaixo...Xogaron por momentos demasiado excitados, exaltados...e iso xogou na súa contra.
Os árbitros: sen influencia no resultado, erros de apreciación repartidos para os dous equipos.....penso que foron indulxentes nalgunhas sancións.

A xornada deixounos outra debacle do Cerber, co cal a liga queda practicamente decidida...
Nós, nunha tempada ligueira que consideramos mala ou cando menos floxa, estamos amenazando o segundo posto.....Estamos mal acostumados e non podemos gañar sempre. 
Por abaixo Barreras e Primordial teñeno difícil, e Outomuro e Avión seguen na loita por escapar do descenso...está moi igualado.


lunes, 19 de marzo de 2012

EN XOGO 3 TABOADELA 3......VER PARA CREER!!

Sí, ver  para creer, porque o  partido do sábado só se pode creer se o ves.
Comenzamos o partido dominando, mandando ,pero non atinamos coa portería, sí atinamos co porteiro, que parou case todo o que tiramos excepto un regalo deles nun saque de banda.No ecuador da primeira parte, sacudironse o dominio e aproveitaron un regalo noso para empatar, a partir de aí a primeira parte igualouse mais nas chegadas a portería, igualdade rota por un golazo a escadra que os adiantaba no marcador 2-1 e así rematou a primeira parte.
Na segunda parte só xogou un equipo, o outro chegou dúas veces a portería e unha delas foi  gol pola escadra, increíble, 3-1 sen apenas nada.....Pero con quince minutos por diante o resto do partido fixoselle de noite, cinco paos, balóns sacados da liña, e innumerables e increíbles paradas do seu porteiro....iamos 3-3 e nin sequera fixen o plantexamento de atacar de cinco porque vía o gol moi cerca, tan cerca que ainda estou pensando como non entraron eses balóns, eran incapaces defendernos e encomendáronse ao seu porteiro e a sorte.
Nós: sempre son moi crítico co noso xogo pero neste partido non teño nada que reprochar, se acaso por momentos fomos moi individualistas,lamentar a nosa mala sorte.
Arbitros: Non influiron no resultado, pero como lles dixen na pista, este deporte é fútbol-sala e non fútbol, e polo tanto empregar as mans é falta, e desas foron unhas cantas.....os nosos leváronse uns poucos mamporros..sen ir mais lonxe a expulsión de Marcos foi un golpe na cara que recibiu él mesmo..o que houbera sido doble penalti ao noso favor, pero que rematou coa súa expulsión( pola falta posterior) dun dos nosos mellores xogadores na recta final.
Rival: Xogan físicamente, as veces por enriba do límite, culpa deles non, hai que paralo antes.....Esperaba mais deles, pensaba que ían xogar doutro xeito, pero na segunda parte non existiron, metéronse na súa portería e intentaban meter o balón largo ao pivot a ver se sonaba flauta, o de sempre.
Meteron dous golazos, imparables, o resto do  xogo foi o de sempre(non o vou analizar aquí)...e ainda  que sigo pensando que algo evolucionaron tacticamente, neste partido non lles vin nada que faga presaxiar isa mellora, teñen boa codición física porque correr si que correron e defenderon.......pero xogar (neste partido) nada de nada. Sen creatividade nin imaxinación. Aguantaron e punto.
Tampouco me gustaron os malos modos dalgúns xogadores, dende logo nada que me sorprenda; e algún detalle pouco deportivo que non vou explicar aquí, queda no campo.
Non sairon goledados por sorte para eles......ollo!! posiblemente a sorte do campión; porque despois da derrota do Cerber teñen a liga de cara.

lunes, 12 de marzo de 2012

RETIRO 5 EN XOGO 6......PARTIDO INTENSO

Partido extraño, difícil de calificar, por un momento pensei que xogabamos a fútbol e non a fútbol sala. Demasiados permisivos os árbitros cos seus contactos, empregando as mans en cada contacto coma se fose fútbol...claro está que a Tizón "cosérono" unha vez mais, "vale tudo" para detelo; hai dous partidos expulsárono por reaccionar  mal a unha entrada por detrás dun rival, sin embargo o infractor rematou o partido... increíble. O sábado, mais do mesmo,levou paos e recados..pero ollo!!! que non digo que os rivais o fixeran a mala fe, non; son moi físicos e son futboleros, pero isto é fútbol sala.
Dito isto; ten moito mérito o que fixo o rival sen porteiro, mantívose no partido coas súas armas...moita presencia física, correndo por cada balón......un equipo complicado dende logo!
Nós, mal, moi mal...saimos coa torrija de sempre, e non me gusta, teremos que cambiar algo, algo faremos!!,  porque a nosa posta en escena, e xa van varios partidos, é lamentable, e nalgún partido saiunos moi caro...ollo!!.
Temos que ser mais contundentes cara a portería, seguimos fallando moito, demasiado;  isto levounos a convertir a recta final do partido nun "correcalles"...e co partido apretado decidiu a nosa experiencia nesas situacións.
Da arbitraxe: decir que viñeron dous e arbitrou só un, sobre a súa actuación xa comentei antes que para min permitiron demasiados contactos...pero supoño que son interpretacións!! non é fácil arbitrar un partido así...

A xornada deixounos a derrota do Cerber co ES2001, o que deixa ao Taboadela como líder virtual da liga... Xa dixen neste blog que o Cerber iba pasalo mal para manterse aí arriba, o Taboadela é mais compacto...O partido que xoguen entre eles será decisivo para a liga...o Taboadela ten un partido complicado con nós este sábado, pero ainda perdendo dependerán deles mesmos..

lunes, 5 de marzo de 2012

EN XOGO 3 ANDRADE 2 ............ BO PARTIDO

Non pintaba ben o partido, tiñamos demasiadas baixas e enfrente un rival moi forte, pero sacámolo adiante con paciencia e oficio, nunha victoria penso que merecida.
Comenzou o partido cun Andrade moi forte, apretando e meténdonos moi atrás; apenas eramos capaces de chegar a súa portería con perigo...presionamos mal, e defendemos peor...e regalamos un gol. A pesar disto fomos capaces de igualar dúas veces o marcador para rematar a primeira parte 2-2...cun penalti en cada área.
A segunda parte foi diferente, axustamos mellor as marcas na presión, xa non saían tan cómodos, e puxemos un pouco mais de intensidade. Nos primeiros dez minutos da segunda parte eles fixeron só un remate claro a portería, pero non tivemos a sorte de cara e non fomos capaces de marcar algunha das moitas ocasións que creamos; co paso dos minutos e na recta final eles sacudironse a presión. Marcamos o 3-2 nunha boa xogada de Peque, e chegada de Marcos( partidazo o seu) ao segundo pao, que definiu cunha volea....tivemos un par de ocasións claras para sentenciar, pero o fútbol pode ser moi caprichoso e estiveron a punto de empatar cun tiro ao pao a falta de 1 minuto...
Tiñamos baixas importantes, pero o equipo sacou a raza para gañar, boa actitude de todos e boa defensa na segunda parte. 
O rival, un bo equipo de fútbol sala, comezou moi forte, como esperabamos, pero cando se lle acabou a frescura viñéronse abaixo.
Na segunda parte baixaron moito, en grande parte debido a falta de banco; porque penso que do seu equipo titular ao suplente houbo moita diferencia.
Esta vez viñeron "dous" árbitros...e teño que decir que me axudaron a aclarar algunhas pequenas dudas do regulamento.
Os árbitros para min estiveron correctos, controlaron o partido sen problemas, con autoridade e con diálogo... Pitaron dous penaltis; eles queixáronse de que o deles non foi , nós dunha acción clara ao borde da súa área con 5 faltas.....son interpretacións !!. O certo é que nos árbitros as categorías tamén están para algo, e hai moita diferencia entre uns e outros, algúns non dan o nivel.


Na liga segue a loita polo título entre o Cerber e o Taboadela.
Nós estamos aí, por se fallan, cousa bastante improbable; deixamos moitos puntos en partidos doados e nos minutos finais.
O descenso tamén está moi complicado, con seis equipos loitando por evitar as tres prazas que quedan por decidir.