"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 24 de junio de 2014

OUTRA FINAL DE COPA

Despois dunhas eliminatorias duras, derrotando a Manzaneda, Carral e Cidade de Ourense o equipo plantouse outra vez nas semifinales de copa diante do Beariz, ao que derrotou con facilidade por 9-3, chegando a unha nova final de copa.
 
Outra final de copa para un equipo histórico do fútbol sala local e provincial, ( Chupito, Rocholl, En Xogo, Eurosport /Karlasca )...e van 8 finales,das que se ganaron 4
 
O partido da final foi dominado de principio a fin pola Veiga, quizás para volver ganarlle ( como aconteceu na supercopa) deberiase ter intentado outro tipo de partido....ainda que penso que estaba moi difícil competir cun equipo con xogadores moito mais novos, con mellor condición física e moita calidade. A Veiga foi xusto vencedor, é o mellor equipo desta liga e demostrouno, ganaron a Liga a Copa , solo perderon a Supercopa contra nós alá por setembro.