"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 18 de septiembre de 2011

PRETEMPADA EN MANZANEDA...PERDEU O CAMPIÓN...Derrota 3-2, diante dun voluntarioso equipo

Partido de pretempada en Manzaneda, iso é o que pareceu, é o que foi realmente....Cando perdes, podes por moitas excusas,... iso fano moitos, pero case seguro que non mereciche gañar ou o rival fixo mais ca ti para gañar.

Estaba pensando en moitas escusas: que si os arbitros, que si non tocabamos un balón dende Xuño, que si había xente nova, que si aquelo era unha pista de patinaxe, que si entraba o sol por unha ventá e nos deslumbraba (esta non lembro onde a lin?), que si a avoa fuma....etc.....Pero o certo é que perdemos polos nosos propios erros, soe pasar cando perdemos; erros diante a portería contraria (10, 12...) e diante a nosa portería ( moitos, pero so aproveitaron 3).

Facendo autocrítica, débese facer, temos que meter rápidamente aos novos na rutina do equipo, na nosa forma de xogo, organizados e dándolle un sentido lóxico ao xogo.
 DEFENSA: debemos pensar en defender antes de atacar( unha vergoña o repliegue defensivo); temos que ter moito mais rigor defensivo, non so defende o peche!!! Temos que defender todos.
ATAQUE: Desordenados, mal colocados para iniciar o ataque,malos movememtos, porque os temos, ainda que non fixemos ningún....Rematamos e fallamos moito, incluso a porta baleira, pero por calidade nunca por xogo en equipo.Deslabazados

O rival, mellor físicamente ca nos, limitado tecnicamente....penso que loitaran para  manter a categoría.

PERDEMOS E PUNTO

Próximo partido, dentro de 15 días

Vamos avós

sábado, 10 de septiembre de 2011

COMEZA UNHA NOVA TEMPADA....MENUDO DEBUT!!


XORNADA: 1



C. DE TABOADELA - BARBADAS SOBRADO F.S.
BAR O RETIRO - McDONALD'S OURENSE
MUEBLES ANDRADE / A CARBALLEIRA - FEAS F.S.
LASIDER D y C - A CORNA F.S. / C. DO IRIXO
E.S. 2001 F.S. - PRIMORDIAL F.S.
CERBER F.S. - AVION F.S.
S. MANZANEDA F.S. - BAR EN XOGO / KARLASCA
BARRERAS DE SEGURIDAD F.S. - OUTOMURO F.S.


 
Para comenzar viaxe largo, e despois dunha grande e intensa pretemporada...jajaja
Nova tempada con baixas no equipo, e con caras novas. Deixaronnos despois de moitas tempadas, David e Guille, fundamentais tanto no campo coma no vestiario para conseguir tantos triunfos durante tantos anos; tamén nos deixa Eloy, despois de varias tempadas con nós.
Chegan ao equipo, Almeida, que o ano pasado xogou no Pijú, e Peque, xogador que xa estaba retirado, e que xogou no Carballiño F.S. durante moitas tempadas, pero que descolga as botas para xogar un rato cos colegas.