"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 27 de junio de 2012

5 MINUTOS FATAIS...

Dominamos o partido 45 minutos contra o Mcdonals, de feito o resultado era contundente, 4-1...estivemos atinados cara a portería e non deixamos que tiveran moitas ocasións, na segunda metade ata eses 5 minutos finais tiveran unha...A diferencia era manifesta, e sacaron porteiro xogador, pero os seus ataques eran predecibles......de repente todo cambiou, non sei explicalo, nin sei siquera a explicación...encaixamos o 4-2 nun balón que non atravesou a liña, o 4-3 nun falta que pasou entre tres xogadores, cun tiro moi floxo...e o 4-4 nunha xogada con falta previa sobre Jacobo, pero para o árbitro era moito pitarlle dous dobles ao En Xogo a favor (non vaia a ser que digan que o benefician), na contra gol....quedaba menos dun minuto...Cando chegamos aos penaltis xa iamos derrotados..
Que pasou? ...Non o sei, non foi polo ataque de cinco, era floxo; tampouco penso que nos relaxaramos... Os árbitros? Non busco escusas, equivocáronse pero ese non foi o problema...Entón que pasou? Despois de varios días sigo sen sabelo certamente, non hai ningunha explicación lóxica......Simplemente non era para nós, este ano non é o noso......Para gañar un título hai que ter un pouco de sorte e a nós, está claro,este ano fallounos.......Iamos buscando a nosa 6ª final consecutiva, pero  quedamos no camiño.
A outra semi gañouna o Taboadela nos penaltis, tiveron esa pizca de sorte que nos faltou a nós; o Arranxar creoulle moitos problemas, sobre todo ao principio, pero fallou demasiado...despois o Taboa dominou o marcador, pero non o partido e deixouse empatar nos últimos minutos (2-2)...os penaltis decidiron.
A final estivo moi igualada, moi trabada e cun xogo pouco fluido pero emocionante, o Taboa compacto e o Mcdonals a golpes individuais...o certo e que chegaron aos últimos 12 minutos empatados,1-1, pero aí produciuse un erro do porteiro do Mcdonals, e 2-1, a partir de aí foi un quero e non podo dos das hamburguesas para superar a defensa do Taboa, sempre ben colocada, con boas axudas e coberturas.....Taboadela campión......Como xa teño dito o que gaña sempre é o mellor, fai falla sorte, e posiblemente xa a tiveran en cuartos tamén, seguro,pero gañaron....non hai excusa...
Levan gañado liga e copa e iso é moi moi difícil, polo tanto é o mellor equipo esta tempada., sen dúbida.
Parabéns ao Tabodela!!!

lunes, 18 de junio de 2012

XA ESTAMOS EN SEMIS UN ANO MAIS


Estamos en semifinais outra vez, son 6 de forma consecutiva  e 10 nas últimas once tempadas, é para sentirse moi orgulloso deste equipo. Este fin de semana iremos buscar a nosa 8ª final.
O partido nos Peares foi de armas tomar, gañamos 2-4. O rival plantouse cunha defensa moi pechada, pero nada que a calidade individual non puidera superar....ise foi o menor dos nosos problemas porque unha pista non axeitada para xogar ao fútbol sala e unha arbitraxe dudosa, fixo que o partido non rematara antes..O rival plantexou o seu partido e utilizou as súas armas, loita e pelexa por cada balón e unha defensa moi agresiva, empregando moito as máns coma case todos os xogadores que proceden do futbol, é o seu xogo......nada que obxectar.
Sobre os arbitros: un non veu; co outro debemos ter unha deuda porque sempre que nos arbitra acabamos descontentos e de mala leche, non é so unha opinión miña...no vestiario temblamos ao velo, e a rapaciña da mesa debe repasar o regulamento

A xornada deixanos unhas semifinais duras, entre catro equipos moi fortes:
  Mcdonals- En Xogo
  Taboadela- Galipán

lunes, 11 de junio de 2012

OS OCTAVOS DE COPA FORON DUROS

Xa sabiamos que o o partido ía ser difícil, o Retiro e un equipo que con todos os xogadores volvese moi perigoso e mais se xoga na súa casa, non pola presión do público, senón pola pista...que se nos fai moi lenta. Gañamos un partido duro, no que o resultado 1-4 e moi engañoso, e no que decidiu a nosa maior pegada cara a portería porque ocasións houboas nas dúas porterías, eles chegaron a fallar unha penalti. Sen que sirva de excusa, as numerosas baixas que tiñamos de xogadores importantes, condicionaron un pouco o noso xogo...non polo cansancio, senón pola forma de xogar.
A xornada deixounos a eliminación do Andrade diante do Seixalbo, que está facendo unha copa increíble, eliminando xa a tres equipos de provincial importantes...ollo con este equipo, moi reforzado de moral.O resto dos clasificados eran os mais previsibles segundo os enfrentamentos que había.Colanse en cuartos Fontanería e Peares.
Para a semana que ven temos estes cuartos de final:



 

DOM 12:45 Miraflores McDonald`s - Fontaneria25anos.com
SAB 17:00 Oira Seixalbo F.S. - Concello de Taboadela
SAB 19:00 Os Peares Os Peares F.S. - Bar En Xogo/Karlaska
DOM 13:00 Salesianos Lasider - Dyc - Arranxar - Cafeteria Galipan

martes, 5 de junio de 2012

OUTRA ROLDA MAIS...

A copa sempre dando sorpresas,esta semana caeron mais equipos de provincial: Cerber, ES 2001, Manzaneda, Outomuro...Salientar a inesperada derrota do Cerber diante dun sorprendente e perigoso Seixalbo. Tamén segue adiante o campión da 1ª de Ourense, o Arranxar, equipo con moi bos xogadores, un dos que pode gañar a competición.

Os enfrentamentos esta semana son estes:


SAB 17:00 Anexo (Os Remedios) -          Muebles Andrade - Seixalbo F.S.

SAB 18:00 Anexo (Os Remedios)           Fontaneria25anos.com - Sprinter F.S.

SAB 19:00 Anexo (Os Remedios)           Arranxar / Caf. Galipan - E. Montañesa/Adega Regad

SAB 17:00 Central(Carball.)                   Xuventude Irixo F.S. - Os Peares F.S.

SAB 18:00 Central(Carball.)                    F. S. Beariz - Lasider - Dyc

DOM 12:45 Miraflores                          McDonald`s - Hnos. Carral

SAB 18:00 Outomuro                              Bar O Retiro - Bar En Xogo/Karlaska

SAB 18:00 Taboadela                             Barbadas/Sobrado F.S. - C. de Taboadela



Destacan os enfrentamentos entre os equipos de provincial: Retiro-En Xogo e Sobrado-Taboadela e o Andrade - Seixalbo. Todos partidos difíciles