"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 24 de abril de 2012

EN XOGO 5 - A CORNA 2......TIVEMOS QUE LOITAR PARA SACAR O PARTIDO ADIANTE

Non estabamos nas mellores circunstancias para gañar este partido ( ata 7 baixas), e dos que xogaron algúns estaban tocados. Neste punto hai que salientar o sacrificio que esta facendo Tizón, porque ten unha lesión no talón moi dolorosa, pero cada sábado ven xogar..
O partido foi sufrido e tivemos que poñernos o mono de traballo; non foi un partido brillante e sacamólo adiante defendendo, sobre todo na segunda parte, porque na primeira non estivemos moi intensos..
O rival: un equipo que este ano está  mais baixo, está vido a menos, pero sempre perigoso.
Os árbitros: unha de cal e outra de area...de todos xeitos sen influir no marcador.

A liga por arriba segue igual co Taboadela líder virtual e o Cerber pegado....e nos detrás por si se equivocan.
Por abaixo a cousa está que arde Primordial 20, Avión e Outumuro 21 e Sobrado, que se meteu no lío, 24...
Dous deles, se a federación non di o contrario, descenden.Moita emoción.

lunes, 16 de abril de 2012

SEMANA DE DESCANSO PARA NÓS

Esta semana tocaba descanso pola desaparición do Feás. O fútbol sala está cada vez  peor, seguen desaparecendo equipos...estamos nunha época de recesión e o fútbol sala é un deporte que sobrevive, nunha grande maioría, das pequenas casas publicitarias.Cada vez é un deporte mais caro, como as institucións non axuden acabará morrendo... as canchas, as fichas (demasiado caras),a arbitraxe, supoñen un custo elevado para moitos equipos...moitos levamos anos poñendo do noso peto todo ou parte dese diñeiro."Esto non pinta ben"
Esta semana na liga provincial o Cerber sorprendeu ao Taboadela, e deixa a clasificación moi apretrada e unhas últimas xornadas emocionantes.Nós estamos a 4 puntos da cabeza, e isto fai que nos lamentemos da mala sorte que tivemos nos partidos empatados co Taboadela e algún mais, pero non se pode gañar sempre.
Por abaixo o Barreras parece sentenciado, o Avión está nun bo lío, o Primordial colle aire e complicalle a vida ao Outomuro, que perdeu forza..
Quedan unhas xornadas emocionantes, isto dignifica un pouco esta competición.

miércoles, 4 de abril de 2012

EN XOGO 7 - MCDONAL`S 6...... OS BOS SAMARITANOS!!

Facemos amigos case en cada partido, neste fixemos o mais difícil que era dominar o partido e o marcador...con 5-2 deixamos de xogar, afloxamos e colocáronse 5-4, apretamos de novo ata o 7-4 e deixamonos ir de novo. Faltounos instinto "asesino", deportivamente falando.
Penso que non estivemos ben, xogamos  a impulsos ,sen    continuidade e demasiado individualistas por momentos. Temos   que recuperar o xogo de equipo, ou facelo durante mais minutos.
O rival convertiu o partido nun   correcalles, e ise non é o noso xogo..ao non ter un xogo posicional fluido intentan correr e facer un contra un en calquera parte do campo amparados na súa fortaleza física.
Os árbitros estiveron correctos..pero hai algo que non consigo entender,os contactos...Hai moita xente de fútbol xogando a fútbol sala e  son dous deportes diferentes e sigo insistindo ,os árbitros non deberían permitir eses contactos, sobre todo coas mans.
Esta semana debutou,  por fin,  Oscar Sabucedo, un xogador importante para nós, aporta mais  equilibrio defensivo.. esperemos que poida xogar mais polo miúdo...E a pesar de que non me gusta destacar a ninguén dos meus amigos de equipo, si teño que decir que Marcos, que agora pode xogar mais veces, tira do equipo nos momentos mais difíciles, defende, ataca.. un xogador "universal",un "canchero"; e destacar tamén a  Peke, un xogador que sempre intenta por criterio no  noso xogo, que intenta por cordura cando o noso xogo se convirte  nun xeroglífico indescifrable.

A liga depois desta xornada deixa ao Taboadela mais cerca do título, cunha xornada menos, decisivo será o seguinte partido co Cerber.
Por abaixo o Lasider respira, o Primordial engánchanse   a loita co Outomuro e co Avión..... está emocionante isto.O Barreras descolgase, unha pena.