"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 11 de noviembre de 2015

VOLVEMOS GANAR UNHA LIGA

GANAMOS A LIGA....JAJAJA. Dende logo non era o obxectivo pero así aconteceu,estivemos sempre cerca da cabeza e ganamos na segunda volta os partidos contra os rivais directos;para os nosos anos está ben...moi ben diría eu...Con mais de 45 anos varios de nós, e a maioría de mais de 40, eu diría que sobresaínte..Quixera ver eu estas novas xeneracións de xogadores,que xogaron contra nós,se con eses anos estarán en activo,dando guerra.
 
 

jueves, 5 de febrero de 2015

REMATOU A PRIMEIRA VOLTA...SEGUIMOS EN PE

Despois dunha volta enteira xogada ( e un partido da segunda volta) nesta tempada de transición hacia o retiro, imos de 2º ou 3º dependendo dun partido que queda suspendido.
Que levo visto?
- A fontanería , o equipo que mellor xoga a fútbol sala, solo sinto terlle gañado os dous partidos porque os deixamos tocados para gañar a liga, pero no campo intentamos ganar sempre. Son amigos e grandes xogadores.
- O líder: Ten un equipo parecido ao de provincial, son correosos, compiten ben e intentan xogar por momentos...bo equipo.
-Nós: Imos de paso ao retiro pero non arrastrándonos, penso que estamos competindo dignamente, non aspiramos a ganar a liga pero estamos cumplindo cos nosos obxectivos.Se quixemos competir houbesemos seguido en provincial con Tizón, Tractor, Diego, Yago, Peke, etc..
 
-Do resto de equipos direi que eran descoñecidos para min, son xente nova, con moitos xogadores de fútbol, corren moito e disputan, fútbol sala pouco.Hai 3-4 equipos que a parte de non xogar, dan moitas patadas e ten moi pouca educación...unha pena!
 
Árbitros:Malos, pero como a categoría.