"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 27 de noviembre de 2011

En Xogo 4 - Feás 4.... "TRATA DE ARRANCARLO........"

Non damos arrancado...fáltanos combustible, motor..etc..

Partido intenso e disputado; un partido que gañabamos 3-1 e rematamos empatando.
Seguimos xogando moi espeso, con demasiadas accións individuais e pouca circulación de balón.
Melloramos algo en defensa pero non o suficiente, en ataque seguimos fallando moito, por ser demasiado egoístas moitas veces; non é algo fácil de explicar nin de entender...
O rival coma sempre, un equipo duro de gañar, ben plantado e con bos xogadores...moi veterano, coma nós..
Os árbitros mal, cabrearon aos dous equipos....non souberon controlar o partido e  pitaron cousas absurdas ata a 5ª falta, e despois nin dándolle cun pao, quedei moi desconcertado pola disparidade de criterio nas faltas.

Temos que seguir mellorando, a liga púxenos moi difícil, case imposible.....pero temos que coller boas sensacións no xogo, ganas de competir, de xogar.....esa será a nosa victoria.

Próximo partido en Cea coa  A Corna....imos xogar e divertirnos

domingo, 20 de noviembre de 2011

Mcdonal´s 12 - En Xogo 0.....HAI DIAS QUE É MELLOR NON SAIR DA CASA

Segundo Murphy: "Se algo pode sair mal, sairá mal".  Non teño outra explicación
“Non podes medir o teu éxito se nunca fallache". Esta derrota fai mais grande as nosas victorias dos anos pasados.
O partido non existiu. Nin co ataque de cinco durante  15 minutos marcamos un gol, nin cun penalti...
O rival foi unha locomotora e dos árbitros nada que decir.
Son dos que penso que o arte de vencer apréndese nas derrotas, hoxe foi unha boa lección.
Tendo en conta que a cabeza pode ser o 90% dun deportista, neste partido deixámonos ir mentalmente cos tres primeiros goles.
Partido limpo. Cando un equipo acostumado a gañar perde desta maneira, non soe acabar ben o partido, por iso estou moi orgulloso dos meus amigos, nin unha patada, nin un mal xesto........encaixamos a derrota deportivamente e punto.

"A nosa maior gloria non está en non ter caído nunca, senón en levantarnos cada vez". Xa perdemos outras veces , sempre saímos adiante e volveremos sair. ....Estou seguro.

Ánimo avós......Como xa dixen seguiremos dando a cara sempre, ainda que nola partan, a nosa historia non permite outra cousa. 

Non olvidedes : EN XOGO / KARLASKA.. TRICAMPIÓN...Liga Provincial..Tempada 2010-2011







domingo, 13 de noviembre de 2011

EN XOGO 6 - SOBRADO 3

Non damos ca tecla do xogo, melloramos algo o xogo colectivo pero non o suficiente.O partido fómolo xogar oito valientes, faltaban mais dos que estabamos.
O partido non tivo moita historia, ritmo lento e pausado toda a primeira parte, que rematamos gañando 3-0.....Na segunda un dos trencillas, vaia tarde o colega!!!, pitounos un penalti (outro, e xa van polo menos 3), por un suposta falta a un metro fora da área; xa na primeira parte se trabucara nuha cesión ao borde da nosa área...Todos estes erros son aos que me refería eu ao decir que quedan enmascarados detrás da victoria no partido, pero poden chegar a ser decisivos. Despois reparten erros pequenos para os dous. Insisto, e xa o dixen moitas veces, todos nos equivocamos,eles tamén.. Algún árbitro me dixo un día que nós, os xogadores, nos equivocamos mais ca eles.....certo, moitas mais veces.......pero a diferencia é que eles cobran por iso , e nós pagamos......... O caso é que volveu a metelos no partido, e chegaron a colocarse 4-3, pero pagaron unha cara peaxe , cargaronse de faltas e Tizón sentenciou.
Seguimos fallando moitísimo, demasiado para a calidade dos nosos xogadores.
O rival ten perigo arriba porque ten bos xogadores, atrás estiveron algo blandiños...Partido limpo e sen problemas, ao que contribuiu o feito de que faltaran os xogadores mais problemáticos deles..

Próximo partido contra o Mcadonal´s, outro rival moi complicado...Temos que seguir mellorando.


jueves, 10 de noviembre de 2011

PRESÉNTASE UNHA LIGA MOI ENTRETIDA

Vendo a clasificación, gústame moito ver na cabeza ao ES 2001, o fútbol sala en Celanova sempre tivo moita aficción e merece un equipo no alto da taboa, ollo! son un bo equipo, só perdeu un partido, o que xogou contra nos, e ao final. Dependerán da súa regularidade, o seu talón de aquiles. 
Os dous ascendidos Mcdonal´s e Cerber están rendindo moi ben, son dous equipos moi perigosos e savia nova na categoría; gran traballo co Cerber do meu amigo Marnotes, con dous xogadores como Rubén e Bolas cos que compartín viaxes e victorias nun gran Carballiño, tamén ten xente nova moi boa.
O Feás, un equipo veterano coma o noso, contra os que sempre é incómodo xogar, poden gañar a calquera en calquera campo, se están concentrados son moi perigosos, duros e intensos.Xa saben o que é gañar.
M. Andrade, do que xa falei todo, equipo moi brillante e estético no xogo, se recuperan xogadores son un firme candidato a liga. Se Moncho Ruiz quere xogar, entón ollo!!...que grande!!, para min foi un honor compartir vestiario con él, no mellor Verín FS  de sempre, cuartos en plata, rozando o play off a división de honor, tempos aqueles!!. Parece que non pasen os anos por él. Pampin, Diego, Guede, Brais, Pepe Luis (cando volva)....etc, forman un equipo temible.
Nós non estamos no noso mellor momento, pero xa sabes: "os vellos rockeiros nunca morren", daremos a cara, coma sempre, ainda que nola partan.
Tamén está o Taboadela.
Quero mencionar tamén a xente do Retiro, este ano gañáronnos despois duns cantos anos, volvo felicitalos dende aquí, son moi boa  xente, e merecen que lles saia ben todo.

 Vai ser unha liga moi disputada, ou iso parece. Sorte a todos 

martes, 8 de noviembre de 2011

"FÚTBOL ES FÚTBOL".....TABOADELA 5 - EN XOGO 5

Molestan xa tantas victorias nosas ??  Quero pensar que non...
Fixemos un partido correcto de fútbol sala, encaixamos 2 goles de dobre penalti e 1 de penalti, ben na presión e correctos na defensa, pero faltounos definir.
Os árbitros: Ao falar con eles deume a impresión de que son boa xente, pero.......uff!!!vaia tarde!!!......  Supoño que todo o mundo ten dereito a equivocarse; houbo erros??.......sí,de vulto;  pero podes equivocarte coma todos. Ter dúas varas de medir, non podes......a vara debería ser a mesma. 
Non acostumo a escudarme detrás dunha actuación arbitral porque tamén é parte do fútbol, por iso a maior parte da culpa de empatar foi nosa, demasiados fallos diante a portería.

O rival: Hai de todo coma en botica.Sen mais comentarios.


Próximo partido contra o Sobrado na Carballeira, partido moi difícil. Foi o último equipo que nos gañou unha final, a copa de hai dous anos.

Levo moitos anos nos campos e tamén pasei moitos nos banquillos de Galicia e media España, e pensei que xa o vira todo, pero non é certo, sempre hai algo novo que me deixa pasmado, e o mesmo tempo me cabrea e alporiza, sobre todo por estar nunha simple categoría provincial, que case é a última categoría do fútbol sala. Ou  onde pensades que estamos?? En plata(2ª)...Algún nin en soños...
Por momentos dan gañas de deixalo todo. Pero neste deporte fixen moitísimos amigos, xente que merece a pena de verdade, tanto rivais  coma compañeiros.