"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 21 de noviembre de 2010

PRIMEIRA DERROTA....3-5 diante da Corna

Chegou a primeira derrota da tempada nun partido moi malo pola nosa parte, e moi ben xogado polos rivais, aproveitando moi ben os nosos erros...
Xa comenzamos o partido moi desenchufados, xogando a arreóns....e ainda que na primeira parte terminamos gañando 2-1, o xogo non era o de sempre..
Na segunda parte o partido comenzou moi igualado, nos levabamos o peso en ataque e eles aproveitaban as contras para poñernos en apuros, o gol pudo caer de calquera lado, pero foron eles os que empataron, quizás na ocasión menos clara das que tiveron.....a partir dese momento tivemos cinco minutos moi malos, e nunha contra mataron o partido...intentámolo xogando de cinco(hai xogadores que non acaban de entender este xogo), pero non demos ca tecla para remontar o partido...
Temos cousas que correxir, pero hai que ter sempre actitude, ganas de xogar e de disputar non basta con saltar ao campo, hai que correr para atrás non só para adiante, e moi bonito marcar goles pero os partidos gañanse en defensa....e a defensa é actitude; e o outro día algún deixouna na casa........Certo é que tiñamos baixas moi importantes, pero non vale de excusa..............Esperemos que só fora un accidente.
Próximo partido en Celanova.....hai que seguir para adiante, ánimo avós..

domingo, 14 de noviembre de 2010

AS COUSAS NO SEU SITIO...Victoria 4-8 diante do Sobrado

O primeiro segue sendo primeiro, e o segundo segue sendo segundo....
Unha semana mais seguimos liderando a clasificación, e os nosos rivais seguen intentando gañarnos. Para todos os nosos rivais é o partido da temporada, "hai que gañarlle como sexa ao En Xogo"....Futbolísticamente non hai color, por iso intentan sacarnos do partido con malos modos e provocacións(ainda que non todos)..

O partido estivo igualado nos primeiros minutos, pero mediada a primeira parte o noso dominio levounos a poñernos por diante no marcador, e a partir de ahí ata o descanso foron caindo os goles ata rematar 0-4 cunha primeira parte moi completa.
Na segunda parte os rivais apretaron mais, apoyados nas súas individualidades, e reduciron as distancias,e nos acusamos a lesión de Marcos.....Con todo isto chegamos aos últimos 6 minutos con 4-5 no marcador, onde, coa expulsión de Tizón, o mellor ata ese momento do partido, parecía que podiamos perder o partido.....pero neses minutos finais o equipo mais que nunca foi un equipo, sobre todo en defensa. En ataque apareceu Pablo que con tres goles de gran calidade setenciou o partido....
Partido duro e intenso diante dun rival que nos gañou a última final de copa, con bos xogadores pero quizais demasiado individualistas....tiñamos baixas importantes pero non as acusamos, incluso diría que con menos xogadores o equipo mellorou....

Próximo partido, o sábado ás 17:00 horas na Carballeira diante da Corna fs.

domingo, 7 de noviembre de 2010

EMPATE CO FEÁS 5-5

Primeiros puntos perdidos esta tempada, nun partido no que nos faltou matalo cando tivemos a ocasión. Puxémonos gañando 3-0 aos cinco minutos, e a partir de ahí baixamos a intensidade defensiva e deixamos de movernos sen balón en ataque. O partido converteuse nun correcalles porque non soubemos controlalo, paralo, e no intercambio de golpes saimos perdendo, mais que nada porque non é o noso xogo....Pero ainda con todo iso tiñámolo gañado a falta de 30 segundos, pero outra falta de concentración na marcaxe fixo que nos empataran.
Hai que aprender dos erros, porque non me gusta a dinámica do equipo nos últimos partidos.

miércoles, 3 de noviembre de 2010

PARTIDO INTENSO EN SALESIANOS....E NOVA VICTORIA

Victoria 5-3 diante do Lasider nun partido intenso e duro....Comezamos o partido lenvando o peso do xogo pero en dúas contras colocáronse gañando 2-0 no marcador, demos demasiadas facilidades en defensa, e despois de varias ocasións rematamos a primeira parte con 3-3.....
Na segunda parte tivemos ocasións os dous equipos pero o dominio seguía sendo noso, porque a eles costáballes moito salir da nosa presión, estivemos contra as cordas faltando dez minutos con empate no marcador e cinco faltas, pero na recta final impúxose a nosa calidade e experiencia en partidos igualados...e primeiro Temes, en xogada individual, e logo Sabucedo de doble penalti sentenciaron o partido.....tres puntos mais nun partido intenso, e que confirma que nesta liga os rivais van a xogar moi duro contra nós, ou polo menos con especial motivación, para ver quen é o primeiro en gañarnos.

Próximo partido o sábado 6 as 17:00 na Carballeira contra o Feás,outro rival duro e hipermotivado sempre contra nós...Ánimo avós..