"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 30 de octubre de 2011

CRÓNICA DUNHA DERROTA ANUNCIADA.......EN XOGO 3 RETIRO 4

Xa levavamos varios partidos así, e ao final pasou o que nos temíamos, primeira parte bastante boa e segunda desastrosa...Ao descanso 2-0, en dous minutos da segunda parte 2-2, lamentable...Non foi un baixón físico, foi un conformismo, unha falta de intensidade e concentración lamentables, como se estiveramos aburridos de xogar. Pouco xogo en equipo, sendo esta unha das nosas virtudes dende sempre, hai xa tempo que empezamos a perdela...moita conducción de balón, demasiada. Non é cuestión de que faga aquí unha analise mais pormenorizada do partido, os grandes erros xa os dixen no vestiario, se queremos correxilos ben, senón  seguiremos así. Non podemos esquecer algo...esto é un equipo, é un xogo colectivo..gañamos todos e perdemos todos..
Como digo no inico do blog," o fútbol devólveche o que lle das", e nos non lle estamos dando nada de nada...E dito isto, pois non pasa nada, somos un equipo de amigos que nos xuntamos para xogar, porque nin adestramos.
Non imos gañar sempre, nin todos os anos gañar algo, os rivais tamén xogan, pero polo menos temos que divertirnos, porque ultimamente non facemos nin eso, temos que recuperar o noso espíritu de xogo....O EQUIPO. 
Sei que a moral do equipo está baixa, que todos saimos cabreados, iso é bo, quere decir que ainda queremos competir, que ainda queremos gañar, por iso tamén sei que iste equipo non se vai deixar ir, que vai sacar o seu amor propio para reconducir a situación.
ANIMO AVÓS 

Ao rival hai que felicitalo, fixo o seu partido, aproveitou as súas ocasións, e foi un digno gañador...O porteiro foi o mellor, moitas atopounas, pero estaba alí, facendo o seu partido...felicitacións.

Próximo partido en Tabodela, líder, un bo equipo que leva moito tempo ahí arriba, o partido será difícil pero é un bo sitio para volver a gañar, un partido dos que nos gustan, e para o que non necesitamos motivación.

domingo, 23 de octubre de 2011

ANDRADE 2 - EN XOGO 2 .............Cando dous equipos xogan....!!!

Cando dous equipos xogan o resultado é un bo partido de futbol sala.  M. Andrade con tres xogadores excepcionales: Ruiz ( para min o mellor xogador ourensán de todos os tempos), velo xogar é unha delicia; Pampin, bo amigo, pero ademais un xogador de categorías superiores, impresionante, todo o fai ben, defende, ataca, manda.... para min con Santi e Tizón, os mellores da categoría; e Diego, un xogador de raza pero que ademais sabe xogar moi ben a futbol sala.... a estes tres temos que engadirlle a Guede na portería, quizás o mellor da categoría.
Curiosamente os tres primeiros puideron ser nosos compañeiros, se o Andrade non chega a sair na competición; se iso chega a acontecer....ufffff......menudo espectáculo!!!!!

Nós acusamos (sin que sirva de excusa) algunhas das moitas baixas que tiñamos, faltaban 8 xogadores que facían un equipo mellor ca o que presentamos a xogar, a saber: Congui, Santi, Sabucedo, Pablo, Jacobo, Lois, Luis Angel, Almeida. Precisabamos dous cambios con mais frescura física (tiñamos cambios con calidade pero non físicos) para non fundirnos na segunda parte, porque os anos non pasan en balde, jejeje... E iso foi o que pasou, na primeira parte tivemos moitas e variadas ocasións, a pesar que a primeira foi deles, e poidemos ir ao descanso cunha victoria mais clara, pero entre Guede e o desatino diante da porta fomos ao descanso cunha victoria moi corta.
Na segunda parte foron mellores ca nós, baixamos fisicamente e a entrada de Ruiz cambiou o partido; fomos meténdonos atrás e deixámoslles o control do partido, algo ao que non estamos acostumados.Empatáronnos e despois puido gañar calquera.

En resumen partido vibrante e bonito entre dous equipos aos que lles gusta xogar ao futbol sala. Poucos equipos hai na categoría que teñan ese gusto por xogar. Sorte

Próximo partido na Carballeira ás 18:00 contra o Retiro. Esperamos recuperar xente que nos aporte mais frescura física.  

jueves, 20 de octubre de 2011

EN XOGO 13 - LASIDER 4

13-4 ....parece balonmano pero foi un partido de futbol sala, bueno, ou algo parecido. A verdade e que teño pouco que decir.Non me gustou o noso partido, moi desorganizados e  moi individualistas... boa pegada e  mala defensa..
O rival deberá mellorar para manter a categoría.
Os arbitros pasaron desapercibidos.

Próximo partido o sábado as 17:00 contra o M. Andrade, partido moi complicado

martes, 11 de octubre de 2011

ES 2001 FS 5 - EN XOGO 8

Xogaba o lider contra o campión, partido complicado. Comezamos mal, de feito tiveron tantas ocasións coma nós, a diferencia é que nos metémolas e eles non...con todo isto 0-3 ao remate da primeira parte, pero resultado engañoso.
A segunda metade foi un desastre, defendemos moi mal e atacamos a duras penas. Puxémonos perdendo 4-3 a falta de dez minutos; a diferencia a partir de ahí estivo na experiencia a hora de xogar eses minutos finais.
Non estamos finos, fáltanos ritmo de xogo pero é normal porque non adestramos... melloraremos cos partidos. O rival, con bos xogadores pero irregular no seu xogo.
Os arbitros, non moi atinados pero sen problemas, excepto na redación da acta.....hai que mirar o que se escribe!!
Próximo partido Lasider as 18:00 na Carballeira.

martes, 4 de octubre de 2011

VICTORIA SIN BRILLO DIANTE DO CERBER, 7-6

Ganar... gañamos, pero xogar...... moi pouco ou nada. Dominamos o partido na primeira metade, e adiantamonos no marcador con relativa facilidade e moita efectividade,en 4 chegadas marcamos 3 goles, así o contrario viuse desarbolado rapidamente.Rematamos a primeira parte gañando 4-1, pero sen brillo ningún, case por inercia; na segunda metade xogamos a ruleta rusa, e por pouco recibimos o tiro de gracia....Mala, mala, mala.... foi a segunda parte, sobre todo a nivel defensivo......para analizala necesitaría moito tempo, e non o teño.

· Ou defendemos, ou ímolo pasar moi mal para gañar partidos...e como teño dito a defensa é actitude, actitude de todos, encaixamos 9 goles en dous partidos, inadmisible........Non podemos pensar so en marcar goles.
· O rival: un equipo organizado que dará sorpresas na liga.
· Os árbitros: gustoume que dialogaran,ese é o camiño; pero non me gustaron na toma de decisións,os criterios deben ser uniformes e iguales para todos.....De todos xeitos, eu son dos que penso que é moi difícil arbitrar, e todos nos equivocamos....eles non influiron no noso desastre de partido, igual que non influiron na nosa derrota da primeira xornada....Hai que deixalos en paz, e que pasen o mais desapercibidos posibles.

Próximo partido en Celanova co ES 2001, rival moi difícil....espero que melloremos as nosas prestacións.