"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 29 de mayo de 2012

COMEZOU A COPA.....

Comeza a copa, unha competición difícil, dura e chea de sorpresas. O feito de xogar a reloxo corrido da lugar a moitos resultados sorprendentes.
Podemos falar de favoritos, pero nesta competición todo se minimiza....calquera pode gañar, ainda que ao final case sempre chegan os mesmos
Nos iremos na busca da nosa 5ª copa diputación...a ver a onde chegamos!.......Nos últimos 5 anos xogamos 5 finales...o listón está alto e os anos pasan, pero a presión non nos pode.......intentarémolo.
Na primeira xornada de copa dos equipos  da liga provincial xa quedaron eliminados o Barreras, Avión, A  Corna e o Primordial.
Na segunda xornada destacan algúns partidos:
  • Outomuro-Mcdonal´s
  • ES 2001- Arranxar ( campión de 1ª de Ourense)

lunes, 21 de mayo de 2012

REMATOU A LIGA.....

A última xornada de liga non deparou sorpresas salientables..
O Taboadela proclamouse campión de liga despois dunha dura loita co Cerber, e ca na nosa sombra ameazante cerca...
Teño que felicitar aos campións porque unha liga non é doada de gañar, hai que pasar "moitas" para gañala, e ao final o que a gaña é porque a mereceu, non teño dúbida.... Agora que xa gañaron o seu primeiro título comezaran a darse conta do difícil que é gañar.... de que todos loitan contra ti porque eres o primeiro....de que non podes cometer apenas erros, porque si fallas podes non gañala...do difícil que é chegar e do difícil que será manterse arriba...... Agora espero que comecen a entender  o mérito que ten que un equipo coma o noso, veterano, loitando durante tantos anos, ano tras ano, por gañar a liga ou a copa...as veces acadandoo e as veces non... Supoño que agora ainda non se darán conta pero nos anos vindeiros si o faran. Parabéns a todos os compoñentes do Taboadela!! xustos gañadores desta liga.
Tamén teño que felicitar ao Cerber porque a campaña que fixeron foi espectacular, non pensei que aguantarían aí arriba ata o final, pero demostraron que puideron gañar a liga tamén, se non fallan en dous partidos "tontos"......Parabéns para eles tamén!!
En canto a nós, penso que xa fixen anteriormente neste blog unha autocrítica, e ademais..... non se pode gañar sempre.
Pola metade temos ao Mcdonals,un equipo irregular; ao Andrade, penso que é o de mellor xogo, pero lastrado polo seu escaso banquillo. Moito mérito o do Manzaneda con tanto viaxe, o ES 2001, irregular; a Corna, por debaixo doutras tempadas; o Retiro, de mais a menos, pero este ano non sufriu, o Lasider de menos a mais, ao final salvou a categoría comodamente.
Por abaixo sinto moito o descenso do Barreras e do Outomuro, son moi boa xente, pero o futbol ás veces e implacable e non perdoa os fallos.Tamén é unha pena a desaparición do Feás, din que "o valor dunha victoria mídese pola entidade do inimigo"; eles sempre nos obrigaron a sacar o mellor de nós. O Sobrado e o Avión estiveron por debaixo do que se pode esperar deles, e pasaron os seus apuros.

No partido do sábado xogamos contra o Outomuro, un equipo que tiña poucas opcións de manter a categoría, precisaba unha carambola: a derrota do Avión e o empate ou derrota do Sobrado..
Non me gustou moito quitarlles as poucas esperanzas que tiñan, pero tiñamos que xogar como facemos sempre porque había mais equipos implicados, gañamos 6-11.. Sei que eles non descenderon por este partido, senón por un cúmulo de circunstancias.....moito ánimo se continuan xogando (ainda que parece que non).
Rematou a liga e comeza a copa...unha competición dura e sempre sorprendente.....Pode pasar calquera cousa.



lunes, 14 de mayo de 2012

SEN PARTIDO

O noso rival desta semana era o Barreras e non se puideron presentar por diferentes motivos, así que tocounos descanso.Agradecer a Javi do Barreras que nos comunicara que non ían presentarse para que nos puideramos organizar esa tarde..Non me gusta que rematen así a tempada, espero que poidan xogar o último de liga e a copa...Por todos estes anos que votaron competindo na Provincial, algúns deles moi ben, merecen un final mellor.
A liga chega a última xornada co título no bolsillo do Taboadela, o Cerber será segundo e nós terceiros.
Por abaixo a cousa está mais complicada, despois da victoria  do Avión desta semana contra o Outomuro; o Avión está casi salvado,( por calidade non tiñan que sufrir tanto)....o Primordial xa está descendido ( ten o golaverage perdido co Barbadas).....e o Barbadas meteuse no lío despois dun recta final desastrosa ( teño que decir que se disputaran todos partidos coa intensidade ca que os diputan contra o En Xogo non estarían aí ), de todos xeitos dependen deles mesmos, pero teñen que gañar;  o Outomuro ten que gañar e esperar que os seus veciños do Retiro lles voten unha man....Pode haber ata un triple empate.....a solución o sábado.

lunes, 7 de mayo de 2012

EN XOGO 5 - AVIÓN 4....NINGUN PARTIDO É FACIL

A semana pasada deixámonos levar, esta semana corremos algo máis, disputamos o partido con mais intensidade, tamén a calidade do rival desta semana era mais alta. O Avión sempre é un equipo complicado, ten moi bos 1 contra 1, aproveitan isto e intentan sacar ventaxa desa cualidade...as veces penso que abusen diso, e aí poden estar os seus problemas.
Nós tivemos mellor actitude e disputamos o  partido con intensidade, con gañas, sen sair de paseo ao campo..
Os árbitros, sen problemas..correctos.
A liga deixa ao Taboadela case co título na man a falta de dous partidos. Por abaixo, penso que queda un posto de descenso para dous equipos : Avión e Outomuro..... se o Sobrado non se complica.  
Esta semana o partido Avión - Outomuro decidirá practicamente o descenso

miércoles, 2 de mayo de 2012

PRIMORDIAL 3 - EN XOGO 6.... Victoria sen mais.

Partido estrano e difícil de xogar para nós, pouca motivación porque a liga está a 4 puntos, é decir que este ano non toca....
Nesta situación, no momento de xogar estes partidos, hai dous tipos de xogadores: os que compiten sempre e os que non....teño claro que se non corres non gañas, se  non compites non gañas...  isto resume o partido, un  partido sen maior trascendencia para nós ainda que o rival se xogaba o descenso.
Ao final impuxemos a calidade, pero a nosa vagancia no xogo a punto estivo de costarnos o partido.
Debemos xogar a tope ata rematar a liga para non perxudicar a ningún equipo dos que se xogan o descenso, e así o faremos...
O rival: vaille costar manter a categoría
Os árbitros: ben, sen problemas, pero sigo insistindo co nivel dalgúns/as.

A xornada deixa a o Taboadela máis cerca do título, e por abaixo segue a loita entre os mesmos equipos, todo pode resolverse na última xornada.

Próximo partido na Carballeira ás 17:30 contra o Avión.