"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 30 de mayo de 2011

OITAVOS DE FINAL DE COPA

A ronda de 16 avos de copa deixounos a derrota do Sobrado diante dun dos grandes favoritos ao título o Tabodela...Por outra banda confirmase a peligrosidade do Vilamartín, como xa apuntara, despois de eliminar ao Feás en Carballiño na tanda de penaltis....o resto de favoritos seguen adiante....Penso que debemos incluir dentro do grupo de favoritos ao Concello da Veiga, con xogadores de categoría nacional...

Os partidos de oitavos son:

SAB 17:00  Barr. Seguridad/Gráfi. Mágica - Outomuro F.S.
SAB 18:00  A Corna F.S.  - Concello A Veiga
SAB 18:00  Const. Metalicas Piñeiro - En Xogo / Karlaska F.S.
SAB 17:00 Concello de Coles F.S. - Rec. Saiz/ Mundourense.com
SAB 20:00  Lasider - D y C - F. S. Beariz
SAB 20:00  Concello de Taboadela - Construcciones M. Costa
SAB 18:00  Vilamartin Esculpedra - E.S. 2001
SAB 18:30 Cerber F.S. - Piju Ourense F.S.
 
Destacar os enfrentamentos entre Barreras e Outomuro; A Corna - Concello da Veiga, para calibrar a peligrosidade do equipo do Barco; e Vilamartín-E.S. 2001....
Nos xogaremos outro partido trampa...teremos que por todos os sentidos no partido....A copa sempre da sorpresas..

domingo, 29 de mayo de 2011

EN XOGO 5 - VISTAHERMOSA 4...seguimos adiante na copa

Superamos a segunda rolda da copa nun partido complicado (xa dixera que non nos podiamos fiar do rival) , porque comezamos regalando dous goles nos primeiros minutos, e tamén porque case é imposible fallar mais goles diante do porteiro e a porta baleira. Esto, na copa e a reloxo corrido podese pagar moi caro; tivemos ocasións claras para facer polo menos 10 goles...
O rival; foi un equipo correoso, loitador e rápido nas contras.O porteiro, moi ben, salvou moitos goles claros...Espero que volvan pronto a liga provincial.

martes, 24 de mayo de 2011

PRIMEIRA RONDA DE COPA

Superamos a primeira rolda de copa sen grandes problemas, victoria fácil (3-10), diante dun rival voluntarioso....
Non deparou grandes sorpresas esta primeira rolda no resto de partidos......gañaron os que a priori eran favoritos.

Resultados dos favoritos............:
7 Flores - M.Sampayo FS - Avión F.S. 1 - 5
Sanguñedo F.S. - Piju Ourense F.S. 1 - 9
Alfesan F.S. - A Corna F.S. - Concello do Irixo 2 - 6
 Luis e Hijos Montajes Eléctricos SL- En Xogo / Karlaska F.S. 3 - 10
Empresa Montañesa - Feás F.S. 3 - 9
Barbadas F.S. - Sobrado F.S. 2 - 9
McDonald's Ourense - Lasider - D y C 7 - 8
S. Manzaneda - E.S. 2001 3 - 5
Concello A Veiga - Dacón F.S. 4 - 3
Diablos Vermellos - Vistahermosa F. S. 3 - 7
Vilamartin Esculpedra - Bar O Retiro 5 - 1
Xuventude de Irixo FS - Concello de Taboadela 1 - 9


A vindeira xornada son os 16 avos da copa, e deparou algúns enfrentamentos duros, os mais destacados son:

SAB 18:00 Avion.... Avión F.S. - Barr. Seguridad/Gráfi. Mágica
SAB 17:00 Carballeira... En Xogo / Karlaska F.S.-Vistahermosa
SAB 18:00 Carballiño.... Feás F.S. - Vilamartin Esculpedra
SAB 18:00 Oira.....Alridotrans FS - A Corna F.S.
SAB 18:00 Taboadela......Concello de Taboadela - Sobrado
Destacan o Feás-Vilamartín, unha boa pedra de toque para saber o potencial real do equipo de valdeorras...e o derbi de Taboadela, entre dous dos favoritos o título...

Nós, pola nosa parte, non debemos fiarnos do Vistahermosa, que no último partido deunos moitos problemas....Na copa sempre hai sorpresas..

martes, 17 de mayo de 2011

COMEZA A COPA

Este sábado comeza unha nova edición da copa diputación,onde este ano tamén participan os equipos da liga local do Barco.
Unha competición que sempre se nos deu moi ben, tendo en conta os nosos resultados nos últimos anos : nas últimas 10 tempadas xogamos 6 finais, gañando 3, perdemos en semis tres veces e unha en cuartos...pero isto non garante nada.
Este ano, despois de gañar a liga, afrontamos a copa mais relaxados pero competiremos a tope...tendo en conta que so fixemos un ano doblete, non parece que poida ser o noso ano...pero hai que xogar.
 A copa é unha competición trampa, onde abundan as sorpresas, o feito de xogar a reloxo corrido xa é unha dificultade engadida para os equipos de provincial; hai sair moi mentalizados a cada partido e non subestimar a ninguén.

Este ano para min entre os favoritos están os de sempre, Pijú (se queren xogar), Feás, En Xogo e tamén Sobrado e  Taboadela.... e sempre aparece algún equipo sorpresa das ligas locais (equipos reforzados para xogar a copa).......
Dinme as miñas fontes que hai un equipo, descoñecido para moitos, que depende dos xogadores que presente na competición, pero pode ser o claro favorito para gañar, por enriba de todos, o Vilamartín Esculpedra.....ainda xogando cos nosos mellores xogadores, teriamos pouco que facer......veremos que pasa!!!! como dixen antes a copa é a competición das sorpresas...

Nós arrancamos en Carballiño o sábado ás 18:30

viernes, 13 de mayo de 2011

REMATOU A LIGA

Non chegamos a xogar o último partido de liga, porque os rivais xa descendidos non se presentaron a xogar.. Algo que se repetiu durante todo o ano con algúns equipos, ata desapareceu algún... A federación debería de tomar medidas para evitar que esta competición se manteña viva e non sexa un pitorreo.


A liga estivo viva ata o final gracias ao Tabodela, que nos mantivo o pulso...senon a liga estaría sentenciada ao rematar a primeira volta....Nós pola nosa parte conseguimos gañar a liga, algo que nunca e doado a pesar de ter un grande equipo....eu penso que unha liga demostra quen é realmente o mellor da tempada, e o que a gaña é o mellor..... pero non debemos creelo:
"Siempre hay que tratar de ser el mejor, pero nunca creerse el mejor". Juan Manuel Fangio

domingo, 1 de mayo de 2011

4-4 en MASIDE....CAMPEÓNS DE LIGA !!!!



 Unha liga sempre a gaña o mellor , lle pese a quen lle pese.

Tivemos que escoitar e ler moitas tonterías, dalgunha xente, e como non teño moitas gañas de escribir hoxe, simplemente lles recordarei unhas palabras do grande Ayrton Senna:

" En una carrera: El primero es un ganador.El segundo un perdedor.Los demás simplemente compiten."