"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 21 de diciembre de 2011

EN XOGO 9 PRIMORDIAL 3......... SEN HISTORIA

Partido tranquilo, cun resultado claro e contundente...O rival non nos obligou demasiado, dedicouse a defender, e pouco mais. Bueno sí, algo mais, tiñan un gladiador que se debeu confundir de deporte.
Levamos dous partidos con 17 goles marcados, recuperámonos pouco a pouco pero moi lentamente. Xogamos a impulsos, dúas ou tres xogadas e punto, a sestear...pero imos para arriba.
Será porque despois de gañalo todo faltanos motivación????? A verdade é que non o sei.

 A liga este ano está interesante, Cerber, Taboadela e ES2001 moi igualados, claro que estes últimos xa fixeron a cagada de non pagar a tempo e perder o partido, e 1 punto menos, aí se lles pode escapar a liga. Despois temos ao Mcdonal´s, equipo de futboleros, moi duros e dificiles, pero un pouco irregulares....  Estamos nós mesmos, pero coa barriga chea do ano pasado, dependeremos das nosas gañas de competir.
Manzaneda, un rival que aproveita moi ben o feito de xogar na casa, so polo viaxe xa é difícil.
Andrade e Feás, moi irregulares, pero a un partido gañenlle a calquera.....Retiro, gran tempada, xa deu disgustos e  pode seguir dándoos
Por abaixo pode haber lío tamén, moitos equipos en poucos puntos, e ninguén está libre de caer no pozo, Barreras e Outumuro espabilaron ultimamente.

Bo Nadal a todos.

domingo, 4 de diciembre de 2011

A CORNA 2 EN XOGO 8 ............VICTORIA BALSÁMICA

Partido igualado na primeira parte, ainda que nós dominamos mais o balón.
A primeira metade rematou con 0-2, e foi nos primeiros 10 minutos da segunda  cando rompemos o partido co 0-6 e ahí rematou xa o partido.
Temos que ser bastante mais intensos, ou cando menos manter a intensidade durante mais tempo. Por momentos somos conformistas.
O rival perdeu bastante potencial con respecto ao ano pasado.Os árbitros sen problemas, ainda que para min tiveron algún erro importante.
Descansamos unha semana, aproveitaremos para recargar as pilas que boa falta nos fai.