"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 25 de diciembre de 2010

BOAS FESTAS

Chegou o descanso navideño: toca comer,beber.............mais que de costume, se é posible..jeje
Volvemos a competición en Xaneiro,o día 8 en Padrenda.
A nosa primeira parte da liga foi boa, pero non perfecta, porque tivemos un par de falliños que nos costaron algúns puntos....pero do que mais me enorgullezo e de pertencer a este equipo.
Porque iso é o que somos, un equipo, dentro é fora do campo.......ise é o noso segredo........lle pese a quen lle pese somos un EQUIPO (con maiúsculas).

UNHA APERTA A TODOS E BO NADAL

sábado, 18 de diciembre de 2010

REMATAMOS O ANO GAÑANDO...8-1 diante do Dacón

Último partido do ano, e bo xogo do equipo, con intensidade de principio a fin.Na primeira parte rematamos gañando xa 4-1 pero puideron ser mais se non fora pola boa actuación do porteiro rival...Na segunda parte fixemos 4 goles mais e moitas ocasións(fallamos un penalti), eles tiveron algunha, ben sacada por David....
En xeral bo partido, bo xogo, con intensidade de principio a fin, todos moi enchufados e moi involucrados no xogo..... así sí, amigos..
Próximo partido a volta de vacacións o día 8 de Xaneiro contra o Padrenda...

BO NADAL a todos

sábado, 11 de diciembre de 2010

NOVA VICTORIA 3-8 EN OUTOMURO

Partido traballado en Outomuro,xustos de xente por problemas a última hora dalgúns xogadores.

O partido foi dominado tanto na primeira parte coma na segunda, só o empate rápido dos rivais despois de adiantarnos no marcador puxo algo de incertidumbre.Levamos o peso do partido, pero os rivais creáronnos perigo nalgunhas contras, tanto na primeira parte coma na segunda, que foron ben resoltas por David,ainda así encaixamos tres goles(isto non me gustou moito).

Debemos pensar en defender algo mais posicionalmente, porque o balón dominámolo ben, gústanos telo e atacar, pero as veces olvidamos que os partidos gañanse atrás, en defensa( un pouco mais de mentalidade defensiva).
Os rivais,ben colocados defensivamente e rápidos nas contras,con problemas na saida de presión,non creo que pase apuros na categoría.


Próximo partido na Carballeira ás 17:00 contra o Dacón, e despois vacacións ata Xaneiro.



domingo, 5 de diciembre de 2010

VICTORIA 15-4 DIANTE DO AVIÓN F.S.

Partido dominado de principio a fin. Hoxe mantivemos a intensidade na primeira parte e iso fixo que nos despegaramos rapidamente no marcador ata rematar a esta parte con 10-2.
Na segunda parte baixamos moito o ritmo de xogo e rematamos facendo un "correcalles" en lugar de dominar o xogo.O rival era un equipo con xente xoven e rápidos...pero víronse desbordados, sobre todo na primeira parte, polo noso xogo..

Próximo partido en Outomuro o sábado 11