"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 12 de mayo de 2014

REMATOU A LIGA

Coa victoria diante o Lasyder por 6-12 rematou a competición por este ano; o equipo ao final rematou cuarto nunha tempada bastante irregular.
O cuarto posto final non é un bo resultado para un equipo que por nomes tiña que optar a liga, ainda así hai que ter en conta  que o feito de non adestrar é un lastre para o equipo.
 
A liga foi,coma todos os últimos anos, un despropósito sobre todo na recta final, con equipos que desaparecen e outros que non se presentan....a federación admite todos os equipos que piden xogar e non fai nada por cambiar as cousas.
 
Agora comenza a copa, veremos o que nos depara.

martes, 6 de mayo de 2014

Recta final da liga

O blog non está actualizado porque un servidor apartouse do equipo por razóns persoais, todo cansa e chega un momento que hai que tomar decisións
 
Os últimos resultados foron:
 
Manzaneda 4 En Xogo 6
Abedes ...retirado
A Veiga 10 En Xogo 5
En Xogo 8 Barbadás 6
 
Dous partidos ganados contra dous rivais difíciles, e unha derrota na casa do campión é un bo balance.
 
Nestes momentos o equipo sitúase terceiro na clasificación, despois do pinchazo do Carral, a falta dun partido.
 
Dende aquí quero felicitar a Veiga polo título de liga, merecido e digno campión.