"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 13 de marzo de 2011

EN XOGO 3 - SOBRADO 2

Voltamos a ascender a Autonómica.....e van.......n +1. A verdade é que non vos notei moi entusiasmados, jajaja.....seguro que moitos nin o sabiades, que pouco interés!!!! jaja...nin cava, nin cea...
Fixemos un partido malo, moi malo...
O resumen do partido: 3 puntos..

Próximo partido en Cea, diante da Corna, un dos dous equipos que nos gañou este ano, partido difícil,coma todos para nós...
Xa sabedes que o único obxectivo que teñen algúns equipos e gañarlle ao En Xogo

domingo, 6 de marzo de 2011

VICTORIA IMPORTANTE EN CARBALLIÑO....Feás 5- En Xogo 6

Partido de alta tensión na central de Carballiño, o Feás vendeu cara a derrota amparado nos seus porteiros e no autobús que puxeron diante da súa portería.
O partido foi coma o asalto a unha  fortaleza, os rivais fixéronse fortes na liña de 9 metros,defenderonse con uñas e dentes e lanzaron unhas contras moi rápidas, que nos fixeron moito daño.Fomos sempre a remolque no marcador e iso beneficiaba o seu xogo;rematamos a primeira parte perdendo 2-1, despois de estrelarnos contra o porteiro e os paos,  puxeronse 3-1 nada mais comezar a segunda parte, e acabaron perdendo 5-6 a falta de 2 minutos, xusto premio para a nosa fe e intensidade.
Penso que nos equivocamos na forma de atacar o muro que nos plantexaron, moitas xogadas individuais e pouco xogo, movemos o balón lento, moi lento,con demasiada condución...e replegamos ainda mais lentos,  as súas contras foron mortais.
Os rivais forman un equipo moi complicado, con 3 ou 4 xogadores de moita calidade, veteranos e que saben de que vai este xogo, pero onte non tiveron mais remedio que defenderse, e fixérono moi ben, con moita intensidade e moitas axudas...a miña dúbida é se defenden sempre así, ou é porque era o En Xogo?.....Se o ano pasado gañaron a liga foi por algo!!!!
Os arbitros, sen influir directamente no resultado, non deixaron contentos a ningún equipo...de todos xeitos era un partido moi complicado de arbitrar..


Próximo partido contra o Sobrado na Carballeira...partido complicado, e confiemos en que teñamos mais xogadores dispoñibles...