"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 23 de octubre de 2010

SEXTA VICTORIA NUN EXTRAÑO PARTIDO

Sexta victoria, 6-1, diante do Retiro, nun partido que rematou cando quedaban 14 minutos, ao quedarse o rival con tres xogadores no campo.
O rival púxonolo demasiado doado, presentáronse só con cinco xogadores, e así e moi difícil aguantar un partido......Non tivo moita historia, na primeira parte rematamos 4-0, e fallamos algúns goles....Luis Ángel segue como Villa, sen ver porta, pero xa lle chegará o seu momento, ou esperemos que lle chegue.....Na segunda cando iamos 6-1 e quedaban 14 minutos para rematar expulsaron a un xogador deles....e retiráronse pola "lesión" doutro, quedando só 3 no campo..

O próximo partido e un derbi diante do Lasider....e despois cena, que ten a ben invitarnos o noso presi....

sábado, 16 de octubre de 2010

PARTIDO DE ALTA TENSION E IMPORTANTE VICTORIA 3-4 DIANTE DO PIJÚ

Os partidos contra o Pijú son partidos de alta tensión.Presentamonos no partido coas baixas de algún xogador importante, pero este ano o equipo ten moitos recursos....todos aportan e todos suman. Empezou o partido moi igualado con ocasións para os dous lados, pero foi o Pijú o que se adiantou no marcador a falta de 1 minuto para rematar a primeira parte....Na segunda parte saimos cunha marcha mais, cun ritmo mais alto e conseguimos o empate de penalti, pero o Pijú é un equipo con moita calidade e aproveitou duas pifias na nosa defensa para adiantarse 3-1 no marcador, a pesar do resultado seguimos con fe e volcados apretando arriba e cansando moito o equipo rival, e froito dese acoso chegamos o empate cun gol de Jacobo e outro de Pablo de doble penalti.......Os últimos 2 minutos finales con empate foron de alta tensión, cun expulsado por cada lado...pero penso que o final chegamos mais frescos fisicamente e, nunha xogada individual de Pablo que deixou o balón para que David o empuxara a porta baleira, puxémonos por diante 3-4 a falta de 1 minuto.....e o marcador xa non se moveu.
Partido dos de sempre, con dous equipos que intentan xogar o futbol sala, e que para min son os dous mellores da categoría en condicións normais.....e importante victoria para nós.


Xogaron polo En xogo/Karlaska: Congui, Luis Angel, Marcos, Pablo, David, Jacobo, Lois, Kike e David Pereira.

Próximo partido diante do Retiro ás 17:00 na Carballeira.

sábado, 9 de octubre de 2010

CUARTA VICTORIA ......................10-5

Victoria diante do ES 2001 de Celanova por 10-5, e que se chegamos estar acertados nos dobles penaltis poderían ser 15, pero fallamos moitos, demasiados.
Comezamos dominado o partido 2-0 pero sorprendéronos en dúas contras e conseguiron empatarnos, a partir de ahí voltamos a poñernos as pilas e rematamos a primeira parte gañando 5-2. Na segunda parte impuxémonos claramente, a pesar de que eles deron alguns zarpazos...
Impuxémonos no marcador que non no xogo, porque entramos no xogo deles un correcalles sen sentido, un xogo que non nos convén....certo e que eles son xogadores de fútbol e o seu xogo e chocar, faltas, discusións......e que os árbitros débeno parar, porque xogar so intentamos xogar nós....pero tamén e certo que se os árbitros non fan nada, debemos ser nos os que xoguemos ao fútbol sala e non entrar nas disputas....temos calidade de sobra para eso.

Hoxe estivemos moi permisivos en defensa, cun repliegue moi lento, e iso levounos a eles a chegar a portería de David con facilidade........de isto temos que aprender, por momentos so queremos marcar e olvidamos que os partidos onde se empezan a gañar e dende atrás...

O rival.......incómodo por momentos, moi duro, de feito houbo algunha entrada fora de tono, coa permisividade dos árbitros que se olvidaron por momentos de que esto é futbol sala e non fútbol......incríble que eles remataran todos no campo......pero non podemos esperar outra cousa.

Próximo partido contra o Pijú en Amoeiro, un equipo moi bo, dos que mais calidade podemos atopar na liga.....a un partido non se presentaron pero sei que contra nós van estar todos, así que hai que poñerse as pilas...

domingo, 3 de octubre de 2010

VICTORIA SUFRIDA E TRABALLADA.......1-4

Partido duro diante dun rival, O Concello de Taboadela, hipermotivado, con moita ambición e moita intensidade, un equipo que se xoga así todos os partidos vai estar arriba seguro... Empezamos intentando controlar o partido e o balón, pero as contras deles eran moi perigosas, e ademais replegaban moi rápido. Tivemos as ocasións repartidas na primeira parte, pero impuxose a nosa pegada cara a portería, os goles de Lois e de Pablo fixeron que foramos o descanso gañando 0-2......
Na segunda parte eles arriscaron un pouco mais, subiron a presión, e o partido volveuse tolo, pero de novo a nosa pegada, esta vez foi Marcos quen batiu por baixo o porteiro contrario, eles non se viñeron abaixo e seguían atacando, a veces con mais corazón que cabeza, pero puxéronos nalgún apreto, e obrigaron a intervir a Congui con boas paradas....sen embargo foi Tizón en xogada individual quen batía de forma maxistral ao porteiro, 0-4.... eles sacaron porteiro xogador e seguiron intentandoo, e así acadaron o gol, a falta de 3 minutos ,1-4...
A miña valoración do rival é que forman un equipo moi perigoso, rápido e intenso....claro está se xogan así todos os partidos, e non só contra o En xogo....
Nos, tivemos un aviso de que como non nos apliquemos e poñamos intensidade, ímolo pasar mal moitos partidos..

Próximo partido na Carballeira, o sábado 9 ás 17:00 horas contra a ES 2001 FS de Celanova