"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

viernes, 27 de diciembre de 2013

EN XOGO 5 - A VEIGA 5....EMOCIÓN E ESPECTÁCULO

Partido intenso o xogado entre os dous equipos no Anexo, sendo xa a segunda vez que se vian a cara esta tempada. Partido emocionante, intenso e bonito....entre dous equipos que se respetan. 
O partido comenzou co En Xogo por diante, pero pronto a Veiga lle deu a volta colocandose 1-3, tempo morto e cambios, de defensa e xogadores no En Xogo...esto levou o partido ao empate 3-3; pero un novo erro en defensa nada mais sacar de centro e a Veiga púxose 3-4 arriba; e así rematou a primeira parte.
 Na segunda o partido foi intenso, a tumba aberta...nos primeiros minutos o En Xogo apretou mais, empatou o partido e puido adiantarse; pero foi A Veiga o que se puxo por diante outra vez, e así chegouse aos últimos 5 minutos, minutos intensos, duros, espectaculares....En Xogo empatou o partido, 5-5, e A Veiga lanzouse a peito descuberto a ganalo, amparados na súa mellor condición física e mais xuventude...tivo A Veiga ocasións claras para gañar o partido, non o conseguiu e estivo a punto de perdelo nos últimos instantes con dúas ocasións claras para O En Xogo. 
Partido de poder a poder,moita calidade nos dous equipos, partido de xerazóns...a xuventude da Veiga contra a veteranía do En Xogo...sen dúbida un dos mellores partidos que se poden ver na provincial.

 A Veiga: Futuros campións de liga....xa se lles escapou a Supercopa diante dos "vellos" do En Xogo, pero na liga non darán opcións...a parte das individualidades, ten un xogo colectivo interesante, moita calidade con Carra e Antucho e moitas situacións de estratexia, e o que ten poder adestrar varios días...un equipo moi complicado de gañar. Para min como xa dixen futuros campións de liga.

Árbitros: Fixeron un arbitraxe correcto, dentro dun partido bastante difícil de arbitrar...Ben. 

Nós: Con baixas importantes, e con so 2 cambios fixémos un partido aceptable...acusamos o cansancio nos últimos minutos, e o que ten non adestrar....a liga está case imposible, faremos o mellor papel posible...como sempre..!

lunes, 16 de diciembre de 2013

ABEDES 1 EN XOGO 10

Partido sen moita historia, diante dun rival que correu moito.
 
O Abedes é un equipo con xente nova, con moita ilusión...pero que penso que o vai pasar moi mal para manter a categoría; decir que a pesar da derrota abultada foron nobles no xogo.
 
Os árbitros: un deles novo ( era mesa antes), era un partido axeitado para ir collendo experiencia; que teña sorte neste mundo difícil do arbitraxe...!! O problema é que o compañeiro pouco lle pode explicar, porque xa non é o primeiro partido que nos arbitra e cada partido que pasa pareceme mais malo, e por enriba agora engadiu outra cualidade negativa, a forma chulesca de responder e de dirixirse aos xogadores...mal exemplo para quen empeza.
Nun partido fácil de arbitrar, cun resultado abultado rematamos molestos con ese señor, e o peor é que xa non é a primeira vez.
 
Nós fixemos un partido bastante pobre, ata que non cambiamos o ritmo de xogo non puidemos sentenciar o partido. 

domingo, 8 de diciembre de 2013

EN XOGO 6 - MANZANEDA 8...Futbol sala..!!!

Bo partido para ver calquera aficionado, foi un partido moi disputado , con alternativas e moi bo xogo por parte dos dous equipos. Rematou gañando o Manzaneda na recta final do partido, gracias en grande medida a Ramón, que segue sendo un grandísimo xogador, fixo 5 goles e tirou do seu equipo nos momentos mais complicados. Foi un partido tenso,duro, entre dous equipos que se respetan, e toda a tensión do partido rematou con felicitacións mutuas ao rematar......A min, como amante do futbol sala, o que me saiu de dentro e felicitalos un por un, tanto compañeiros como rivais...e así o fixen no seu vestiario...!!
 
Rival: Un grande equipo, xoga moi ben ao fútbol sala, moi intenso..Pero para min a diferencia no partido foi Ramón...se él non está o equipo resíntese, de ahí a súa irregularidade na liga...se él xogara habitualmente sería un dos grandes favoritos a liga coa Veiga. Gústame porque a pesar da tensión, son xente noble, xente de futbol sala...
 
Árbitros: Estiveron correctos para o partido que tiñan, eu reclameille moitos contactos coas mans en carreira, que para min a diferencia do fútbol son faltas...polo demais correctos; e dende logo non influiron no resultado. 
 
Nós: Fixemos bo partido dentro das condicións que tiñamos, as ausencias de xogadores importantes lastrounos a hora dos cambios, porque o partido foi moi intenso..Penso que fixemos un partido aceptable, sobre todo en ataque; en defensa non estivemos ben..
A liga está moi difícil, estamos demasiado lonxe, e con moitos equipos por diante....iremos partido a partido..
A Veiga marcha implacable para ganar a liga.

martes, 3 de diciembre de 2013

EN XOGO 4 OUTOMURO 1.....Moito frío!!

Partido moi espeso, a hora de xogo ( ás 8) é o frío, levounos a xogar un partido coma o tempo...

Rival:Fixo un partido importante dentro das súas posibilidades, xogando con cinco xogadores faise difícil ganar un partido...se non cambian terán difícil manter a categoría..

Árbitros: Non tiveron que tomar grandes decisións, polo tanto pasaron desapercibidos, que o mellor xuízo que se pode facer dun árbitro.

Nós:  Fríos, moi fríos, cun ritmo moi lento, demasiado lento....voltamos a fallar goles, algo que empeza a ser costume..

domingo, 24 de noviembre de 2013

RETIRO 2 - EN XOGO 3 .... VER PARA CREER!!

Partido tarde en Outomuro, ao mellor foi por eso da hora que estimos desacertados cara a portería; chegamos a tirar seis balóns aos paos, dous fora a porta baleira, e unhas incontables paradas do porteiro, algunhas acertadas e outras de casualidade. O caso é que o balón non entrou, e ao final acabamos pedindo a hora...
 
Rival. Non estiveron acertados para o que eles poden ofrecer, estiveron desbordados, e mantiveronse no marcador pola nosa falta de acerto.
 
Árbitros: Repartiron erros, o que quere decir que non deixaron contentos a ningún equipo...A miña crítica é que hai que parar os golpes e malos modos antes.
 
Nós: Os 15 primeiros minutos foron moi bos, excelentes, xogando ben ao fútbol sala,o único "pero" é que  tiñamos que ter sentenciado o partido, non atinamos e ao final pasamos apuros...Espero que no próximo acertemos coa portería....contraria.

miércoles, 20 de noviembre de 2013

EN XOGO 10 REGUENGA 1....BROTES VERDES..!!

Partido que, despois dos malos resultados, tiñamos que ganar como fose, e que ao final resultou mais doado do previsto.
 
Rival: Poden pasalo mal para manter a categoría, empezaron fortes pero tardaron pouco en diluirse....ao final intentaron atacar de 5 e fixerono moi mal.Penso, dende o respeto, que lles faltou algo de actitude ao final.
 
Árbitros: Partido fácil para pitar...O partido non foi suficientemente complicado como para valorar a súa actuación.....ainda así, as veces parece que se toman a arbitraxe a pitorreo...pero non sei se saben que son os únicos que cobran....Deben adicarse so a arbitrar.

Nós: Algo de mellora sobre todo en actitude. Intentamos recuperar o xogo combinativo e de posesión de balón que sempre tivo este equipo e que nos levou a ganar tantos títulos....pero....estamos lonxe de conseguilo.

domingo, 10 de noviembre de 2013

PONTE 3- EN XOGO 3


Empate nun bo partido de fútbol sala, con dous equipos que queren xogar, e que intentan xogar ao fútbol sala…así da gusto xogar!…Oportunidades para os dous equipos de gañar o partido, chegando aos últimos 3 minutos con ventaxa 3-1 para o Ponte, e con un último arreón noso, capitaneado por Yago, ata cegar ao empate, e case a victoria se non fora pola última parada de Taffa.


Rival: un equipo que quere xogar ao fútbol sala, e iso gústame…porque se dous equipos queren xogar o resultado é un partido bonito; a diferencia nosa o Ponte é un  equipo que adestra e iso refléxase na súa mellor condición física…Perdeu potencial con respecto a o ano pasado, pero ten xente con experiencia, e estarán arriba


Árbitros: Lamentables, ningún equipo rematou contento con eles..O señor Andrés Fernández ten moitos sitios onde pasar o tempo sin vir cabrear aos demais….gústalle sentirse protagonista…..O do señor Enrique Robles, non ten nome, e pésimo, pero por enriba ten mala fe, fai dano a próposito, este ano xa no 1º partido expulsou a Tizón con 16-1 por protestar despois de telo cosido a patadas os rivias , algo que o señor Robles pasou por alto….Por enriba non é humilde,nunca se equivoca, se pode rétate e provócate con tarxetas, que é a súa maneira de dialogar, leva anos arbitrando e vai a peor, debería deixalo antes de ter algo que lamentar, porque a súa actitude  provoca moito malestar….A nosa historia con él, xa ven de hai moitos anos, e non creo que lle guste a arbitraxe, gústanlle os cartos que lle deixa a arbitraxe…...porca miseria!! …Non veñas mais señor Robles, non veñas arbitrar ao En Xogo, é o mellor para todos, antes de que isto remate mal un día, xa está ben…...

Dito isto, non influiron no resultado final directamente, e a expulsión foi correcta, ainda que te saca de quicio a súa actitude....demasiada prepotencia
No colectivo arbitral hai bos árbitros, son poucos, pero hainos…...e outros que sin ser bos non se meten en líos.


Nós: Xogamos a ratos, como últimamente, deixamos durante un rato as individualidades e foi cando mellor xogamos…nos minutos finais demos un arreón co partido case perdido, e Yago con duas accións empatou o partido, que estivo a punto de gañar Tractor nos últimos segundos.

O fallo do penalti na primeira parte, pesounos moito, e fixo que arrastraramos ese 1-0 durante moitos minutos.

Levantarémonos e seguiremos adiante……. coma sempre.

domingo, 3 de noviembre de 2013

En Xogo 2 Carral 5....ao final, queimámonos!!

Pouco tivo que ver este partido co do torneo de campións do ano pasado, no cal o En Xogo ganou por 6-1 a este mesmo equipo.
O Carral, un bo equipo, fixo o seu partido, non quixo entrar no xogo de tu a tu, refuxiouse na súa defensa de 12 metros, e dende alí tirou as súas contras...con solo iso, foi capaz de levarse o partido merecidamente, e tampouco tivemos a sorte de cara, tiramos 4 paos 
 
Rival: Fixo un partido excelente, defensivamente falando...en ataque aproveitou a nosa indolencia defensiva. É un equipo con calidade, con boas individualidades,xoven.....xogaron un partido moi intenso, correndo moito. O porteiro excelente.
Estará arriba na clasificación se xoga sempre así.....pero esa é a duda que me queda deles......este sábado era o En Xogo, que ten xogadores veteranos de aquel histórico Florindo carballinés,da súa terra, equipo ao que estes rapaces verían dende a grada con admiración, e polo tanto a súa motivación era máxima...haberá que seguilos cada semana, para saber onde poden chegar.
A min personalmente gustoume o equipo, intentan xogar ao fútbol sala, que nestes tempos xa é moito...e por enriba parecenme bos rapaces a maioría deles.

Árbitros:Ben, sen meterse en grandes líos, pasaron desapercibidos.. cousa que moitos dos seus compañeiros deberían aprender...o mellor árbitro é o que non se convirte en protagonista.....por desgracia non sempre é así.

Nós: Tanto foi o cántaro a fonte.....!! xa eran varios partidos malos.....Estivemos mal, pouca intensidade para ganar o partido, pensamos que con sair ao campo xa estaba.
Seguimos dando facilidades defensivas, demasiadas....hai tempo que non xogamos ben ao fútbol sala e por enriba non nos acompañou a sorte.
Igual pensamos que o título de cada ano xa o ganamos...coa supercopa diante da Veiga, e de ahí a falta de actitude e de ganas...
Esperamos recuperar pronto a nosa mellor versión se queremos ter opción a liga...porque a Veiga, máximo favorito, vai fallar moi pouco. 
 

martes, 29 de octubre de 2013

BEARIZ 7 - EN XOGO 9... De pena...!

O noso partido foi de pena....solo a pobre actuación do porteiro rival fixo que gañaramos este partido.

Os rivais:Penso que este ano non terán problema para manterse na categoría....fixeron un xogo sorprendente, fresco, moi intenso, e moi vertical...bo partido, senón fose pola portería o resultado podería ser outro.

Os arbitros: cometeron algúns erros...algún moi evidente.. Pero para min a súa actuación foi correcta.

Nós: Lamentable o partido, fomos unha pena de equipo....sen intensidade somos mediocres; pensar que andando se pode ganar un partido é un erro....Defensivamente mal, moi mal; volvemos encaixar demasiados goles....Temos que cambiar a actitude defensiva.

Próximo partido sábado as 17:30 en Oira contra o Carral.

lunes, 21 de octubre de 2013

EN XOGO 7 - AVION 5...Xogando con lume!!

Outra vez, e xa van dúas, que nos poñemos ganando con facilidade 4-1, e baixamos os brazos dándolle opcións aos rivais a meterse no partido, ata 4-3. Ao final impuxémonos pola diferencia de calidade, pola pegada, pero non por o xogo.
 
Os rivais: xente nova, rápidos, bos no 1x1, non ten moito fondo de armario, pero ten boa frescura física e aguantan ben o partido.Se o toman en serio non pasaran apuros coma os anos anteriores na categoría.
 
Árbitros: O señor Meno e o señor Otero....Mal....varían o criterio durante o partido; o que agora é falta, despois non é........pitan a impulsos. O que fai que os xogadores , dun lado e de outro, protesten porque non entenden a arbitraxe. Pitan e escoitan o que queren....A nosa experiencia co señor Otero é moi mala, xa ven de lonxe.....no noso vestiario pensamos  dende hai moito tempo que nola ten xurada....e non sabemos porque.
 
Nós: Non me gusta nada o que facemos, xogamos a impulsos, un rato ben e outro mal...estamos moi despistados en defensa e perdemos demasiados balóns...Temos que ser mais contundentes no marcador, e para iso hai que defender mellor, ganando 4-1 temos que matar o partido.... Moito temos que mellorar.


A liga está moi igualada, ata 5 equipos empatados na cabeza, vai ser divertida..!

lunes, 7 de octubre de 2013

FICHAXES

Unha vez comenzada a tempada, e despois de gañar a Supercopa, fixemos dúas fichaxes para completar a nosa vella plantilla, os novos compañeiros son:  Diego e Iago , os dous procedentes do Andrade (equipo desaparecido).
Diego xa xogou con nós hai 12 anos,no histórico Chupito,  cando ainda era moi noviño. Iago debuta co noso equipo.
Son dous xogadores dun nivel moi alto; de moita calidade e que saben xogar ao fútbol sala.Pero sobre todo son dúas excelentes personas, condición necesaria para fichar no noso equipo.

PUB AREA DOCE 6- EN XOGO 9

Partido xogado o sábado moi cedo en Xinzo...foi un partido descontrolado, que dominamos cando quixemos e nos puxemos as pilas.
 
O rival: Outro equipo de fútbol, xogan a impulsos intentando impoñer a súa forza física e xuventude...mal tacticamente, rápidos a contra pero floxos defensivamente...
 
Os árbitros: Empezaron deixando xogar, pero hai equipos aos que non podes permitirlles eses contactos dende o primeiro minuto, porque despois cando pretenden pitar, todo se volven protestas e malos modos...Se pon o límite dende o minuto 1 acábase o problema....Cando tiveron que controlar o partido, fixérono antes de que se lles fora da man....Nada que ver cos paos que levamos a xornada anterior...Penso que fixeron unha arbitraxe correcta.
 
Nos: Xogamos a ratos, cando vimos que o rival era vulnerable, deixamos de apretar e iso costounos non decidir o partido antes...Defendemos mal  e moi mal as contras, presionamos de pena......en ataque, cando combinamos fixemos moito dano.

A semana que ven, toca descanso

 
 
 
 

domingo, 29 de septiembre de 2013

EN XOGO 4 - BULL 4

Comenzamos mandando e rematamos a primeira parte gañando 4-1, pero puidemos rematar con mais ventaxa. Na segunda parte baixamos un pouco a intensidade do noso xogo e deixámonos empatar o partido.
O rival
Un equipo de fútbol nun campo pequeno. Fútbol sala pouco...... golpes, tarascadas.....
Sairon ao campo sobreexcitados ( non todos) a parar a Tizón e Tractor( de calquera maneira), que se foron do partido: un, co tobillo lesionado dunha entrada, e o outro expulsado e coa camiseta rota e cheo de arañazos no cuello...Para todo esto non fai falta adestrar, nin pizarra.....e menos menospreciar ao rival...O fútbol sala é outra cousa diferente. 
 
Os árbitros  
ESTO NON É FUTBOL.....É FUTBOL SALA
Eu preguntome: que deporte arbitran?? Futsalcontac quizás....E increíble, despois de todos os golpes que apañou,ten as marcas no corpo, Tractor rematou expulsado, por protestar....increíble....Tanto a  Fidel como Juan consideroos bos árbitros, de liga nacional, pero eles saben tan ben coma min que se este partido fose de liga Nacional, a metade dos seus xogadores non remataban o partido...
Son bos árbitros, e saben ben o que arbitran e a quen lle arbitran...
Na primeira metade pitaron case todos os contactos, todas as artimañas do rival para parar os nosos xogadores( esa era a súa táctica). Na segunda, o comentario de todo o noso equipo no descanso foi : "ollo que van deixar de pitar", dito e feito; barra libre para golpear!!....
Estes, saben arbitrar pero pitan o que queren, o que lles parece, deben protexer o espectáculo e os xogadores que queren xogar, crear.....pero non o fan, porque Tizón da espectáculo , pero leva moitos paos non sancionados....moitos.
Molestan as nosas victorias??, este ano xa ganamos a Supercopa, xa non mais.......???
 
Nós
Primeira parte boa, bo fútbol sala diante dun equipo que "pretendía" presionar.....Pero tiñamos que ter resolto xa o partido, porque tivemos moitas ocasións, pero por momentos queremos  "rizar o rizo" en vez de resolvelo.
Segunda parte, mala, moi mala, diante dun equipo que sin facer nada extraordinario púxonos en moitos apuros, empatounos e puidose poñer por diante....Saimos ao campo dun xeito inapropiado na intensidade e por enriba cando tiñamos que sacar os galóns de ex-xogadores de categorías superiores, e dominar o xogo non o fixemos e deixámonos empatar o partido.
Iremos a mais co paso das xornadas...!!

domingo, 22 de septiembre de 2013

COMENZA A TEMPADA 2013-2014

Comezamos este ano a que debe ser a nosa 14ª tempada xuntos...
Temos a plantilla parecida, pero os anos pasan e necesitamos sangre nova, algún fichaxe para competir...algún chegará.

SUPERCOPA
Xa empezamos a semana pasada en Celanova coa disputa da supercopa pola renuncia do Ponte. E, a pesar de non adestrar nada todo o verán fomos capaces de gañarlla a un equipo moi bo...A Veiga..campión de copa, e subcampión de liga.
Tivemos a nosa dosis de sorte, sobre todo na primeira parte,onde nos vimos desbordados polo xogo rápido da Veiga, a pesar diso rematamos 3-3, gracias a boa actuación de Sabucedo na portería. Na segunda parte controlamos un pouco mellor o xogo,nos momentos delicados voltou a aparecer Sabu; e fixemos cun título que era a primeira vez que se xogaba, outro mais para a colección, e van.......6-4 ao final.

LIGA
Este sábado comenzou a liga, e tocounos xogar contra o Ourense FS, un equipo que representa a decadencia do fútbol sala ourensán, deplorable..... O resultado de 1-16 dice todo do rival....Unha pena!!
Por encima compartimos patrocinador con él...!!

A próxima semana temos un rival duro...a Bull!!

martes, 2 de julio de 2013

FIN DE TEMPADA

Tiven o blog abandonado por falta de tempo, agora intentarei facer un resumen da nosa tempada.

Na liga fixemos un papel mais que digno, rematando terceiros empatados co segundo a puntos. Superaronnos dous equipos, o Ponte e A Veiga; dous equipos de moito nivel.

Na copa fracasamos ao caer en cuartos, despois de 5 final four consecutivas, perdemos diante do Verín, un equipo novo que se fixo moi forte na súa casa, e cun xogador como Osorio que contra nos estivo a un nivel moi alto. O campión foi a Veiga que derrotou ao Verín na final.

No torneo de Barrios Deportivo; torneo que intenta reunir aos mellores das diferentes ligas( faltou a Veiga, campión da copa), conseguimos o noso terceiro título consecutivo, superando na final ao Verín por 10-3, tomandonos a revancha da copa.

Podo decir que tendo en conta a nosa media de idade e tendo en conta que non adestramos ningún día a tempada foi mais que aceptable.O ano vindeiro o equipo seguirá dando guerra nos campos da provincia, facendo amigos..e esperando que o noso exemplo lle sirva para algo a todos os xóvenes que empezan no fútbol sala

Un saúdo a todos

sábado, 13 de abril de 2013

BEARIZ 3 - EN XOGO 11

Partido sen historia, diante dun rival que xa rematou a súa liga..
 
A xornada deixanos ao Ponte como campión de liga....Unha liga sempre é difícil de gañar, sexa a categoría que sexa. Para gañar unha liga hai que ter unha boa plantilla, e ter sorte nos momentos oportunos...pero o final o que gaña sempre é o mellor, e o campión é o Ponte con todo merecemento.....Quero felicitar,dende este blog, a todos os membros do Ponte pola victoria na liga. 

domingo, 31 de marzo de 2013

En Xogo 9 - Avión 0

Partido sen historia diante dun rival que está moi cerca de certificar o descenso...Viuse un equipo roto e con poucos xogadores, ainda así ten algunha individualidade interesante...Deberá seguir loitando por sair deses postos... non o ten moi doado ainda que ata que ata o "rabo todo e toro".

A liga ten dono, ainda que non matemáticamente...o Ponte

martes, 19 de marzo de 2013

MANZANEDA 2 - EN XOGO 3

Fomos de excursión a Manzaneda pero non de paseo e conseguimos gañar un partido moi difícil.
O partido estivo igualado no marcador ata case o final; pero foi na segunda parte cando conseguimos arrinconalos en 12 metros, tendo moitas ocasións, sen embargo o gol que nos deu victoria foi de rebote...o que si foi certo é que o mellor xogador deles foi o porteiro, por sorte ou por acerto pero chegou a sacar  balóns ata a bocaxarro..
O rival é un rival moi complicado sobre todo na súa casa, xogan ben a fútbol sala, son rápidos e incisivos...acusaron a inexperiencia no tramo decisivo do partido.
Os árbitros: fixeron un traballo correcto; ainda que penso q son demasiado permisivos nos contactos coas mans, varios dos nosos xogadores son  altos e de moitos quilos, as veces os rivais empregan as mans para poder paliar esa diferencia física, faltas que non son sinaladas e que soen encresparnos moito.
 
A liga está decidida por arriba, o Ponte será campión, e por abaixo co Galipán desaparecido e o Avión en picado.

martes, 12 de marzo de 2013

En Xogo 8 - A Veiga 10......Gañou a pegada..!

Fixemos un partido intenso, e disputamos todo o que puidemos, pero as baixas que tiñamos deixaronnos moi mermados na recta final do partido.
O marcador foise alternando e fomos por diante moito tempo de partido.Na segunda metade dominabamos no marcador 5-4, pero os últimos 8 minutos fixéronsenos demasiados longos....o marcador foi moi duro con nós, porque xeramos moitas oportunidades que non foron materializadas, mentras o rival en catro chegadas seguidas marcaron 4 goles........Claro! que isto chámase calidade na definición !
O rival é un equipo complicado, moita xente pensa que son so dous xogadores, pero equivocanse, de feito nós suxeitamos ben a Carra, dentro do que se pode.....pero apareceu outro xogador que con 4 goles gañounos o partido.
Nós, despois da derrota co Ponte deixamos ir ao ver que a liga xa a tiñamos perdida, e algo que fas inconscientemente, que non falas nin pensas, pero baixas os brazos.......porque danos o mesmo quedar segundos que quintos.
Os árbitros: ben, sen problemas, sen complicarse a vida....para min son dous dos mellores da liga, sen ningunha dúbida. 

A liga está sentenciada, o Ponte vai gañar a liga sen ningún problema.
O descenso está visto para sentencia........non hai descensos ao desaparecer o Galipán; e agora parece que a Corna....Menuda liga!! esta liga puido decidirse pola desaparición dun equipo....grazas a Deus non foi así....Pero algo terá que cambiar a Federación para que non pasen estas cousas
O Fútbol Sala está morrendo, pero as novas xerazóns non queren tanto a iste deporte coma nós, preocupalles moi pouco o que acontece.....Lévome queixando dos custes dende hai moito tempo, pero aos novos non parece preocuparlles moito isto, simplemente desaparecen equipos e punto......Isto pinta moi mal, 4 ou 5 equipos non seguirán para a vindeira tempada en Honor Provincial, e cando nós vaiamos os mais vellos isto morrerá porque  os equipos novos botan 2 -3 tempadas e desaparecen.

viernes, 8 de marzo de 2013

Andrade 5- En Xogo 4....a que xogamos?

Mal partido o que xogamos onte contra o Andrade, porque xogar o que xogar non xogamos moito. Pareceume unha pachanga destas que se xogan pola semana cos amigos; para os que estaban vendoo moi ben, pero para os que estamos no banco, ou polo menos para min...un descontrol total.
Chegamos a ir por diante no marcador 3-1 pero non soubemos controlar o partido, xogamos un "correcalles" que so os beneficiou a eles, porque teñen xogadores dese estilo, xogadores de fútbol que fan cada ataque moi breve.....Nos somos un equipo de masticar mais o xogo, pero se non queremos de pouco vale insistir; foi un 1 contra 1 , ou contra 3, en cada esquina do campo......e isto non é o noso fútbol sala.Xogamos ao que lles vai mellor a eles.
O partido foi tal descontrol que nos atacando mal, fixemos que Guede tivera que sacar dous ou tres balóns de gol claros; e eles fallaron outras tantas diante a nosa portería.
Os árbitros: se dixera que estiveron ben, mentiría..creo que deben unificar criterios; porque se unha acción é falta para un árbitro, para o outro debe selo tamén...Parece que cada un pita o seu lado do campo segundo o seu criterio, mais ou menos permisivo cos contactos. Sigo insistindo que isto é futbol sala, e os contactos que reciben Temes e Tizón non son penalizados, porque son xogadores de moita envergadura e non conseguen tiralos, pero o contacto existe...mentras outros xogadores mais lixeiros vanse ao chan, e sinalan falta rapidamente.
Dito isto, non influiron no resultado.

Próximo partido coa Veiga, ou cambiamos a mentalidade ou non hai nada que facer.

lunes, 4 de marzo de 2013

Ponte 4 - En Xogo 3.....Volveu sair cruz!!

O mesmo ca na primeira volta.....perdemos un partido que tiñamos gañado a falta de 1 minuto, e nisto tiveron que ver moito os colexiados, mais ben o señor Delmiro Aroujo, sin desmerecer con isto o mais mínimo ao rival, que fixo un partido moi completo.
Na primeira parte fomos unha caricatura de equipo, moi mal en defensa e moi mal en ataque;o Ponte fixo un xogo fluido en ataque e tivo o control absoluto do xogo.
A segunda metade comenzou o mesmo, pero un erro de bulto nun ataque de 5( con 2-0), fixo que marcaramos un gol que nos meteu no partido; a partir dese momento o partido foi outro, apretamos o balón xuntamos mais as liñas e puxemonos gañando 4-3 a falta de cinco minutos, momento no cal o señor Delmiro Aroujo tomou as rendas do partido, deu un concierto de silbato (todo para o mesmo lado)..ata que no segundo doble penalti conseguiron empatar, a falta de 48 segundos; a partir de ahí arriscamos e encaixamos un gol a falta de 17 segundos...4-5...quedousenos cara de parvos!!!

Dous partidos calcados, dous partidos que perdemos sobre a bocina...O Ponte e o líder da liga e posible campión, pero nos dous partidos contra nós, non demostraron ser mellores ca nós....só a nosa ambición por gañar e non empatar fixo que perderamos faltando poucos segundos.

A arbitraxe: foi correcta ata que nos puxemos por diante....entón o señor Delmiro tomou as riendas do partido e represalias contra nós, ¿quizás pola reunión q mantivemos En Xogo e Andrade coa Federación para amosar o descontento co colectivo arbitral?.......¿pola tirria que sempre nos tivo dende hai moito tempo?......non saberia respostar; pero este señor que cobra, coma todos, por enriba e o xefe...vergonzoso.....Estaba esperando unha oportunidade para tomar represalias, premeditación. Non olvides que a vida sempre, sempre che da revanchas....arrieros somos....estarei esperando.
Teño que dicir que o outro arbitro, Quique, colocado na banda dos banquillos, tivo un aguante moi grande diante das nosas airadas protestas dirixidas ao seu compañeiro.

A liga está decidida, gañará o Ponte por méritos propios, que a ninguén se lle esqueza isto, porque pode dar a impresión de que intento menoscavar a súa victoria.
Despois queda a segunda praza, que sendo sincero, a nós damos igual ser segundos que quintos.Veiga, Manzaneda, Andrade, En Xogo disputaran ese posto.






 

lunes, 25 de febrero de 2013

LA BULL 2 - EN XOGO 7.....Gladiadores!!

Fomos xogar un partido con moitas baixas e moi importantes. Por diferentes motivos faltaban Peke, Luis Angel, Suso, Marcos, sen contar a Santi claro, xogadores de moitos minutos.
Os que xogaron fixeron un exemplo do que debe ser un equipo, sen egoísmo, solidarios en defensa; todos estiveron inmensos, pero debo destacar a Jacobo e Sabucedo, que xogaron todo o partido sen pausa, impresionantes; e por suposto a Tizón, un xogador único, él solo fixo temblar toda a defensa contraria.
O partido xogouse ao que nos quixemos, a súa mellor condición física chocou contra a nosa defensa e mellor colocación sobre a pista, xa rematou a primeira parte 1-4; na segunda as cousas cambiaron moi pouco, quizais que aumentou o noso cansancio, pero foi algo que suplimos con carácter e testiculina.
Para algún xogador rival foi un exemplo de humildade, xa se ve que sabe pouco( ou nada) deste deporte; sempre hai algún sobrado. Polo demais son boa xente, fan o seu xogo, moi forte físicamente con calidade nalgúns xogadores, pero desorganizados tacticamente.
Os árbitros: luces e sombras, as veces complicanse a vida innecesariamente.
 
Polo que repecta a liga, quedou media sentenciada este sábado, coa victoria do Ponte diante da Veiga, nun partido dominado polos da Rúa cun futsal alegre, pero que perderon por falta de acerto diante a portería contraria.O Ponte con algunha baixa importante fixo un partido serio, sen grandes alardes, pero efectivo.
O Manzaneda coa desaparición do Galipán meteuse na pomada, ao retirarnos os puntos a varios equipos.
A Veiga fai un par de fichas mais, importantes, para acechar o segundo posto.
 
Esta semana enfrentámonos ao Ponte, partido moi duro, pero que esperamos con gañas e listos para a batalla, debutará no noso equipo Tractor
 

martes, 19 de febrero de 2013

EN XOGO 7 - RETIRO 4

O sábado xogamos diante do colista,o Retiro, un equipo que sempre nos deu moitos problemas sobre todo na súa casa, pero nestes momentos é un equipo vido a menos, está último clasificado e con moitos problemas para permanecer na categoría, presentáronse sen porteiro, e xogou un xogador de campo, que por certo, foi o mellor deles. 
O rival: un equipo de xogadores de fútbol, o que supón ventaxes e sobre todo inconvintes a hora de xogar a fútbol sala, un deporte moi diferente ao fútbol( so se parecen en que se xoga co pe)...intentano  con moito choque e contacto, se queren poden salvar a categoría.
 
Os árbitros:Despercibidos
 
Nós: Dominamos e controlamos o partido ata colocarnos 6-1 no marcador, despois deixámonos ir e  xogou a xente que normalmente ten menos minutos.
Temos a partir de agora 5 partidos seguidos que marcaran se podemos gañar a liga ou non, moi difícil pero intentarémolo.
 
A liga segue dominada con autoridade polo Ponte, que derrotou con suma facilidade a Bull, un equipo moi irregular. Loitando polo segundo posto estamos En Xogo, A Veiga e Manzaneda.
 

martes, 12 de febrero de 2013

VIVA O ENTROIDO

Fin de semana de entroido. Sendo Ourense un punto neurálxico do entroido faise difícil entender porque non se parou a competición, sendo amateurs como somos.Nós e mailo Andrade decidimos tomarnos as cousas con calma e parar este fin de semana.

Ahhhh....os arbitros perfectos esta semana no noso partido!!!
 
A liga déixanos ao Ponte en cabeza, segue gañando, e penso que se vai reforzar  con algún xogador mais...non sei con que fin, supoño que será con miras ao futuro, porque para gañar esta liga non penso que lles fagan falla mais reforzos, mantendo o ritmo dos adestramentos deberíalles ser suficiente.
A Veiga perde coa Bull e déixalle a liga en bandexa ao Ponte, quedando empatados con nós a 5 puntos do líder.
O Manzaneda está aí amenzando o segundo posto; a Bull, cal e area, nunca sabes, capaz de gañarlle a Veiga e de perder 12-1 co Andrade.
Por abaixo Retiro no fondo, Avión e Seixalbo loitando por sair, e a Corna que se pode meter en problemas.

A baixa dun equipo,o Galipán, volve deixar a liga viciada ao ser un equipo importante da categoría..os puntos varían e desvirtuan a liga.
A culpa disto é da Federación.....porque eu non estou dacordo cos pagos desmesurados por unha tempada....pero cando empeza estou ao día de pago, aceptando estes costes; pois a Federación non debe deixar comezar a quen non este ao día de pagos, e non a metade da liga desaparecer un equipo.

martes, 5 de febrero de 2013

EN XOGO 10 - A CORNA 2

Partido sen moita historia, dominamos o partido con claridade e facilidade, repartimos moito os minutos entre todos os xogadores; xogando mais aqueles menos habituais.
O rival so competiu nos primeiros minutos, despois viuse desbordado e baixaron os brazos.
Os arbitros: sen problemas, partido doado para eles.
Nós fixemos un partido aceptable, facendo minutos de bo xogo pero sen grandes alardes. Salientable é a intensidade que tivemos ata o final do partido.
 
A liga segue co Ponte na cabeza......a espera da resolución do partido co Andrade que foi suspendido, supoño que polo medo dos árbitros( con victoria momentánea para o Ponte 6-5 a falta de 7 minutos). Segue detrás a Veiga, que está aguantando o tipo, e detrás os avós do En Xogo loitando, un ano mais, pola liga.
 
A previsible baixa do Arranxar/Galipán deixa a cabeza mais apretada, beneficiando ao Manzaneda e ao Andrade, que foron  derrotados nos seus respectivos partidos contra o Galipán.......mentras aos outros seranlle deducidos tres puntos da clasificación.
 
Denuciar dende este blog o ridículo do comite arbitral unha vez mais. Ao arbitro que minte na acta do noso partido contra o Seixalbo, non so non vai a nevera, senón que lle dan o mellor partido da seguinte xornada.....partido que foi suspendido, casualidade ??
 

miércoles, 30 de enero de 2013

SEIXALBO 5 - EN XOGO 9

Gañamos un partido difícil, diante dun rival que nos puxo as cousas complicadas, o resultado final de 5-9 non reflexa igualdade existente na maior parte do partido; so nos últimos 10 minutos conseguimos distanciarnos no marcador, gracias ao acerto cara a portería de Tizón, autor de 7 goles.
O partido estivo marcado pola nefasta actuación arbitral, os dous colexiados do partido deron un espectáculo de erros, tarxetas e prepotencia incomprensibles.Non dan o nivel para arbitrar, cometendo erros técnicos de non saber, ou non aplicar o regulamento. Enriba de todo iso redactan un anexo no que contan a súa versión dos feitos que dista bastante da realidade. 
 
Alguén debería dimitir; os responsables destes atropellos arbitrales cada semana ( nomes coñecidos) son os primeiros que deberían deixar paso a outras persoas que poñan un pouco mais de coherencia e seriedade nun colectivo arbitral que o único que non esquecen e cobrar....e están ben pagados.
Nós estamos fartos, chegando a valorar se merece a pena seguir neste circo; un circo, por outra parte, demasiado caro.

A liga segue co Ponte na cabeza sen fallar...detrás Veiga e En Xogo mantendo o ritmo. Por abaixo o Avión quere sair do pozo, presentase unha loita co Retiro e Seixalbo para evitar o descenso.

O Galipán no xogará por segunda semana consecutiva, por non satisfacer os pagos.....volverán xogar cando paguen a deuda; en caso de non pagar 4 semanas seguidas quedaran expulsados da competición.

 

martes, 22 de enero de 2013

Os Peares 3 - En Xogo 6

Partido de paciencia foi o que fixemos o sábado, o campo non invitaba a moitos alardes. Dominamos o partido dende o primeiro minuto, pero foron eles os que se adiantaron no marcador; co paso dos minutos e sobre todo na segunda parte botamos abaixo o muro que tiñan montado diante do súa portería, o porteiro rival e os paos evitaron unha goleada.Cando se viron por detrás no marcador sairon algo da cova, e ainda que marcaron algún gol, encaixaron varios e puideron encaixar moitos mais.
O rival: Son xogadores de fútbol, e ainda que non dúbido que a fútbol serán uns xogadores aceptables, a fútbol sala faltalles.Xogan con moita forza, corren, disputan....e isto xa e suficiente para salvarse e facer unha campaña digna na categoría.Outra cousa é a xente da grada, pouca educación, estamos en provincial!!!
Os arbitros: Empezaron ben, despois, sería por aburrimento, pitaron cousas extrañas, que xa aclarei con eles ao rematar o partido..Polo demais, correctos.
Nós xogamos un partido con calma, moi pacientes, sabendo que a bola ía entrar mais cedo ou mais tarde...En xeral foi un partido xogado con moita cabeza, nun campo e nun ambiente difícil.
 
Na liga,O Ponte segue gañando, A Veiga pincha, e o Manzaneda perde co Galipán..Por abaixo o Avión gaña o seu primeiro partido. 
 

domingo, 13 de enero de 2013

COMEZAMOS O NOVO ANO CON VICTORIA.......GALIPAN 3 - EN XOGO 6

Era un partido complicado o do Galipán; chegamos ao partido con algunhas baixas notables e cas barrigas cheas de turrón....é o problema de non adestrar.
O partido comenzou cun curso acelerado de fútbol sala....Peke, Luis Angel, Tizón e Marcos recordaron tempos pasados noutras categorías para sacarse uns 10 primeiros minutos de cine, saindo fácil de presión, boas aparicións entre liñas, xogando a tres toques e ganando as costas con relativa facilidade; a pesar disto os rivais adiantaronse grazas a un penalti que so viron aos árbitros( que ganas de protagonismo!!), a pesar disto démoslle a volta ao marcador e rematamos gañando a primeira parte 2-3.Na segunda parte plantamos unha boa defensa, o rival estrellouse contra ela e terminamos resolvendo o partido a contra.Intentárono con ataque de 5 pero foi moi previsible a pesar de ter algunha ocasión.
Os árbitros: Sen comentarios!!...Teño respeto por moitos deles, pero insisto no mesmo... moitos non dan o nivel.
O rival: Bos xogadores; Oli é un xogador excelente,Tractor e varias individualidades mais, interesantes.... pero para min son iso, un grupo de bos xogadores, non un equipo.
Nós: Bo partido, tivemos momentos dun xogo excelente...e manexando o partido con seguridade na segunda metade.

Na liga, a falta dunha xornada para rematar a primeira volta, o Ponte segue con paso firme e o Galipán desínflase.