"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 30 de enero de 2011

PARTIDO INTENSO NA CARBALLEIRA .......1-1

Partido entre dous estilos moi diferenciados, entre dous equipos moi diferentes no xeito de interpretar o fútbol sala...un, no que a base é o balón e outro no que a base e a intensidade e a condición física...os dous respetables, eu creo mais no primeiro, pero respeto os dous.

O partido podo resumilo na primeira xogada, xogada de saque de centro( que facemos dende os anos 90..que vellos imos!!!!!), Temes entra escorado na área, só diante do porteiro; pode elixir pase pero elixe tirarlle unha picadiña ca esquerda a Alex...quero decir con isto, que chegamos ben a porta pero definimos moi mal; os paos (catro paos) e porteiro tamén xogan.....e Alex estivo soberbio. Se fose boxeo houbesemos gañado aos puntos, pero neste xogo hai que meter a boliña.

Os primeiros 10 minutos foron un monólogo, diante dun rival que se limitou a defender diante da súa portería...quizáis esperabamos algo mais de risco, de ir a polo partido, pero unha cousa é decilo e outra é facelo...soamente se acercaron nalgunha contra aislada, mentras Alex fixo 3 ou 4 intervencións de mérito..
Colocámonos 1-0 e seguimos arriscando en busca do segundo; pero na recta final da primeira parte, sacudironse un pouco o dominio e achegáronse mais veces a nosa portería...

A segunda parte comezou moi igualada, eles apretaban e nos non dabamos atopado o balón..cando o atopamos de novo, xogamos bos minutos, pero non atinamos a marcar para sentenciar o partido.. soberbia a man de Alex abaixo a tiro de Tizón...Sacaron porteiro xogador, pero non o xogaron moi ben( de feito tivemos 3 ocasións claras para matar o partido..."vaia caraja"!!!!) pero convertiron o partido nun correcalles que non soubemos correxir e tiveron duas ocasións seguidas para empatar, conseguírono na segunda, a falta de 2 minutos e medio... ainda tivemos algunha ocasión mais, pero non era o noso día...Rematamos o partido con cerca de 40 tiros a portería, e un so gol....outro día será..

Fallamos moito na transición defensiva, pero sobre todo na definición....increíble para un  equipo que xa leva mais de 100 goles, dominamos pero non fixemos un xogo brillante e fluido(mérito dos rivais)

O rival,(que maneira de correr!!!!) moi intensos e cunha grande condición física, fixeron unha excelente defensa, e moitos dos nosos fallos foron  provocados por esa defensa. Replegábanse moi rápido e fixeron moitas axudas defensivas, vitales para manterse dentro do partido e rematar empatandoo.En ataque destacar as súas contras rapidísimas, fallan no xogo posicional con moita condución de balón e pouca circulación( pero todo isto e mellorable con adestramento).É un equipo que ten bos mimbres e moita marxe de mellora...ánimo e adiante..Espero que non sexa flor dunha tempada todo isto (polo ben do futbol sala)....

Gustoume: a limpeza do partido por parte dos dous equipos durante o partido, obviando calquera roce propio do xogo e deixando en mal lugar a aqueles que intentaron quentalo durante a semana....Isto non é mais ca un xogo, un pasatempos!!!!!, polo menos para nós

Non me gustou: os insultos por parte da afición aos nosos xogadores, por moita pasión que teñas, non se debe faltar ao respeto a ninguén e menos dentro destas categorías...nos tamén tiñamos xente nas gradas, pero non abriron a boca...claro que, todo vai na educación que ten cada un.So pido RESPETO

O que me esperaba: a arbitraxe dos dous xefes da federación, son bos arbitros, de categorías superiores, polo tanto moi listos, con 1-0 na segunda metade e 5 faltas o rival, por duas ocasións tragáronse o silbato, que diplomáticos, que correctos!!!!e que disparidade de criterio!!!! molestan as nosas victorias o colectivo arbitral???queren que nos marchemos???...Se non fose polo noso equipo, polo Pijú, o Barros (agora en Autonómica)  o Feás, etc...que sería do futbol sala base ourensán?????.....Alá eles, pero van ter que rillarnos..Dubido que algunha das novas xerazóns chegue xogando aos 40 anos, e moito menos estando tan arriba.De todos xeitos non tiveron a culpa dos nosos erros..

Isto acabouse, so foi un partido mais, un de tantos(polo menos para nós), queda moita liga e moitos rivais dificiles.

Próximo partido en Celanova contra o ES 2001, a ver se xuntamos xente suficiente, porque temos que atender aos nenos, a muller e o can, e algúns, estanos matando o reuma.......Ánimo avós.

sábado, 22 de enero de 2011

BO PARTIDO EN CEA......1-7 diante do Barreras

Acostumo a ser bastante esixente co noso xogo, pero hoxe gustoume o que vin...(bo futbol sala) diante dun rival traballado e incómodo que quere xogar a "futbol sala", intentaron algúns movementos sencillos; non lles sairon pero intentárono..... Oxalá que sigan intentando xogar así e que todo lles vaia ben, porque estes equipos mereceno porque fan algo polo fútbol sala.....o que lles pasou foi que eles están acostumados a ter o balón e hoxe tiveron que correr moito detrás de él, esa foi a clave do partido, a nosa alta posesión do balón e a profundidade no ataque. Moita sorte e ánimo aos do Barreras.
Curiosamente, xogamos moi ben a pesar de non ter nin a Tizón nin a Santi,quizais sexa por que os demais imos vellos..jeje, e temos que asociarnos mais aredor do balón....

Próximo rival, o Taboadela, un rival complicado e que xa na primeira volta nos puxo en moitos apuros....Para min é o equipo revelación da liga, son rapaces novos e con moita ilusión de seguir mellorando e xogando a este deporte...un deporte que está moi necesitado, na nosa cidade, de xente nova que queira xogar a este deporte....
Partido o sábado na Carballeira, hora sen determinar.


domingo, 16 de enero de 2011

VICTORIA DIANTE DO VISTAHERMOSA 7-5

Deixei pasar un tempo para escribir sobre o partido de onte, para calmarme un pouco.... Resumen:
  • ARBITROS: un esperpento....non comentarei as súas palabras por vergoña...alucinado quedei.
  • NÓS: xogamos un partido bastante completo en ataque (tiramos nove paos), porque a pesar de "todo" gañamos.Na segunda metade co 6-2 deixámonos levar= falta de concentración
  • RIVAIS: Foi un rival duro, se xoga así sempre salvárase...ben organizados e intensos, en ataque volveronse previsibles polo xogo demasiado individual dalgun xogador.....espero e desexo que se salven.
  • A nota negativa foi a lesión de Tizón....esperamos que se recupere pronto..
Próximo partido en Carballiño ( botarse a temblar despois do visto onte) contra o Barreras

domingo, 9 de enero de 2011

PARTIDO ESPESO EN PADRENDA.....4-5

Primeiro partido do ano; mal xogo, moi espeso, moi lentos e con poucas ganas, apáticos....O mellor do partido foi o resultado, cometemos demasiados erros na circulación de balón, con moitas perdas que motivaron contras moi rápidas e moi perigosas, e nos replegamos moi lentos... A presión tamén foi mala: a primeira liña mal colocada e lenta na presión ao balón, e aos de atrás gañaronlle as costas moitas veces; todo isto por defender coa vista e xogar as adiviñas( intentar adiviñar onde van dar o balón), mala anticipación......Despois de perder a primeira parte 3-2, na segunda fixemos propósito de enmenda...pero curiosamente foi David o que nos mantivo no partido con dúas paradas de mérito.....¿por qué gañamos entón?...porque no intercambio de golpes, na definición, temos mais calidade ca maioría dos equipos da liga.......Foi un aviso, temos que recuperar o rumbo....
O rival, a verdade, é que non sei como vai de último: moi ordenados, rápidos e aproveitando moi ben os seus recursos nas contras....
Vindeiro partido o sábado na Carballeira, contra o Vistahermosa fs.