"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 29 de octubre de 2012

EN XOGO 4 - LA BULL 3

Partidos difíciles son sempre os que disputamos diante deste equipo.Xogamos mal, moi mal e así empezamos perdendo 0-2.Sen alma, sen consistencia...o noso xogo foi penoso.Este é un deporte de cambios de ritmo, non de trote...A pesar de todo este equipo ten algo que o diferencia dos demais, o amor propio, a competitividade..senón con 40 anos estariamos na casa xogando as cartas. Acortamos distancias antes do descanso 1-2.
Na segunda metade non melloramos o xogo, pero sacamos o orgullo, ese plus que damos sempre nos partidos trabados e nos últimos minutos demoslle a volta ao 2-3. Fallamos goles claros, pero tamén os nosos porteiros tiveron traballo.
Temos moito que mellorar, sobre todo cara a portería, fallamos demasiado.
Os rivais, son un equipo complicado, traían poucos xogadores, e iso penalizounos.
Os árbitros, sobreactuaron....non entendo nada, non tiveron un  criterio definido nin equitativo, desorientounos moito a súa actuación.

A xornada de liga deixounos a derrota do Ponte na Rúa, diante da Veiga, campo complicado. O que ven a demostrar a igualdade da liga, e o difícil que é gañala.O Manzaneda segue gañando, vamos ver o seu nivel cando lle cheguen os "toros bravos".

lunes, 22 de octubre de 2012

RETIRO 2 - EN XOGO 4......PARTIDO DURO

Xogar en Outomuro nunca foi doado, a pista agarra moito e unha pista lenta e o Retiro xogando na casa con todos os seus xogadores é un rival complicado.
Foi un partido duro, intenso e complicado.Tivemos que poñernos o traxe de faena para sacalo adiante....tivemos moitas ocasións pero non nos adiantamos ata o final da primeira parte.Na segunda parte deixámolo case sentenciado co 0-3 pero a partir de aí foi cando mais sufrimos atrás....ainda así a victoria nunca perigou.
Os rivais son un equipo complicado na casa, e espero que lles xoguen aos demais equipos como nos xogaron a nós; se xogan con esa intensidade e disposición sairán do pozo e non pasaran apuros.
Os árbitros nunca deixan contento a ninguén...eu queixome da permisividade nas faltas, eles son xogadores de fútbol e empregan moito as mans, e todas son faltas...van o límite e algúns sobrepasárono, ainda que foron xogadas puntuais.Non vale todo para frenar aos rivais(sobre todo a Tizón).Demasiada permisividade
Nós, temos que mellorar o acerto cara a portería e algunhas cousiñas mais.

A xornada deixa ao Manzaneda como líder solvente despois de gañar ao Andrade..ollo con este equipo! tiven a posibilidade de ver ise partido e demostrou ser un claro candidato a gañar a liga senon perden forza fora, na súa casa son moi complicados ( onde contan ademais coa presencia de Ramón , un dos mellores xogadores desta liga). O Ponte gañoulle a Bull, que este ano parece vir a menos, pero non é un rival fácil...Son os dous máximos favoritos, nós intentaremos competir ata onde poidamos.
A Veiga gañoulle ao Galipán, nun resultado de primeira parte de balonmano...un partido a tumba aberta...O Andrade, a Bull e o Galipan descolganse da cabeza.


lunes, 15 de octubre de 2012

EN XOGO 3 - ANDRADE 3

Reparto de puntos entre os dous equipos mais veteranos da liga.O partido empezou cunha torrija grande pola nosa parte e iso levounos a poñernos perdendo 2-0, rematou a primeira parte cun  2-1 moi apretado.A segunda parte dominamos os 12 primeiros minutos, cun acoso e derribo da portería de Guede, pero éste con varias paradas de moito mérito só nos deixou empatar...e facendo boa a lei do futbol, se perdoas pagalo, e así foi, apretaronnos durante varios minutos, obligando a Congui a facer varias paradas difíciles e terminaron marcando o 3-2...inxusto, pero....intentamos sin éxito empatar, non o conseguimos, ata que fixemos un ataque de 5, e na primeira posesión tivemos a sorte de marcar ( sorte que antes nos faltara).
Nós: Acusamos as baixas, todas xuntas, incluso para un equipo tan largo de plantilla son un lastre moi grande..A pesar das baixas de Tizón, Luis Angel, Sabucedo, Jacobo, Santi....o equipo fixo un partido bastante bo diante dun rival difícil
O rival: bo equipo de fútbol sala, xogan ben, ficharon ben...e ainda que acusan a baixa de Pampin son sempre moi complicados...Ten posiblemente a mellor portería da liga con Rubén e Guede...bos amigos sempre é un placer xogar contra eles.
Os árbitros: correctos, pero a nova reglamentación confundeos moito...a eles e a nós.

A liga segue... con victoria do Ponte (négome a chamarlles cidade de ourense nesta liga) diante dun Retiro sen porteiro.....Derrota da Veiga, sorprendente, diante da Bull; victoria aplastante do Manzaneda diante a Corna (10-1) e derrota do Galipán.

lunes, 8 de octubre de 2012

A CORNA 4 -- EN XOGO 5.....Fixemos todo, o bo e o malo

Marcador apretado ao final, pero realmente non foi así ata os 3 últimos minutos..
Primeira parte moi desigualada..o perigo do rival foi un dobre penalti .Fallamos moitas ocasións, demasiadas, pero a sensación do equipo foi dun dominio apabullante.
Na segunda parte, ainda que non fomos o rodillo da primeira, dominamos o partido con facilidade ata poñernos 1-5. Aí penso que nos deixamos ir.... unha boa xogada do rival, un erro noso e un erro arbitral e puxéronse 4-5 a falta de 3 minutos...Nada apurados pero tensos foron os últimos minutos, coa actuación arbitral moi protestada.
O rival, loitador, pelexou todo o partido, non pasará apuros na categoría, pero para aspirar a estar arriba ten unha plantilla algo corta.
Os árbitros: un veu a pitar e o outro a cobrar...Sei que hai poucos árbitros, pero por favor non mais veces.....Non quero estenderme mais, nin facer sangre, pero podería escribir un libro coas súas actuacións, intencionadas... por iso non recoñece os erros, un gran problema.

A liga parece que este ano vai estar moi igualada....O Ponte parte como máximo favorito, lóxico, ademais é o representante da Cidade de Ourense, curioso, leva o nome da nosa cidade, pero so o pasea pola provincia ...ten os horarios a carta e xoga patricinado con diñeiro público nunha categoría provincial....ao que chegamos. Outros favoritos son Andrade, Bull.....e ollo cos do barco


lunes, 1 de octubre de 2012

PRIMEIRA VICTORIA..8-5 diante dun correoso Seixalbo

O primeiro partido da tempada sempre é complicado, vimos de vacacións, non adestramos, polo menos non xuntos, e faltanos rodaxe...
Ainda así despois de empatarnos 2-2 a metade de primeira parte, nos últimos 10 minutos viuse a diferencia que hay entre os dous equipos, e rematou a primeira parte 7-2.
Na segunda parte, que perdemos cun parcial 1-3, saimos un pouco relaxados, como si estivese todo feito, pero ao futbol sala non podes descoidarte; de todos xeitos a victoria non perigou en ningún momento, rematando o partido 8-5.
Penso que debemos dar mais, quizás nontro momento da tempada, mais rodados, un partido que ao descanso gañamos por 5 goles, na segunda parte aumentamos a diferencia aproveitando a desorientación do contrario..
O rival , debutante na categoría, é correoso, vai dar sorpresas..pero debe mellorar as súas prestacións defensivas, adestran varios días e iso tamén os vai axudar....o ano pasado eliminaron equipos de provincial na copa..pero a liga é diferente...empezando polo reloxo parado.
Da xornada destacar o empate 3-3 do Cidade de Ourense, un equipo que baixou dúas categorías e máximo favorito para gañar a liga, contra a Corna..
Decir tamén que na provincial B, ou como lle puxeran, so se disputaron 4 partidos, vergonzoso...e por enriba hai un equipo que encaixou 28 goles...pero isto que é??....A federación empeñouse en facer esta categoría...por e para qué?? para recaudar dalgúns concellos....Non sei se acabaran a tempada.