"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 30 de enero de 2012

REMATOU A PRIMEIRA VOLTA..........

  1. CERBER F.S. --------------------------- 37
  2. CONCELLO DE TABOADELA --------34
  3. McDONALD'S OURENSE ------------- 31
  4. BAR EN XOGO / KARLASCA ---------30
  5. E.S. 2001 F.S.----------------------------28
  6. MUEBLES ANDRADE ------------------27
  7. SPORTING MANZANEDA F.S.--------27
  8. BAR O RETIRO ------------------------ 22
  9. FEAS F.S.--------------------------------19
  10. A CORNA F.S. --------------------------19
  11. OUTOMURO F.S.-----------------------15
  12. AVION F.S.------------------------------15
  13. BARBADAS-SOBRADO F.S.-----------15
  14. PRIMORDIAL F.S.-----------------------11
  15. LASIDER D y C --------------------------9
  16. BARRERAS DE SEG. FS-----------------9

Rematou a 1ª volta e, a diferencia do ano pasado,a liga está moi igualada; ainda que se pode apreciar un corte do 7º para abaixo.
Na loita pola liga temos principalmente dous candidatos:
Cerber: A sorpresa da liga, equipo que mezcla veteranía e xuventude. Medrou moito como equipo dende a tempada pasada. Hoxe é o equipo mais en forma e o máximo favorito a gañar a liga..adestran 3 días semanais, e iso nótase.
Taboa: O ano pasado case conseguen gañar, foron segundos en copa e liga..este ano seguen aí arriba, aspiran a todo.

No segundo vagón hai varios equipos:
Macdonal´s: Futboleros, coas súas ventaxas(forza física)e os seus inconvintes(desorganizados por momentos)...pero están mellorando moito no futsal.
En Xogo: Xa dixen neste blog que é difícil xogar motivados cando tes barriga chea....Despois de gañar todo perdemos motivación, pero somos competitivos e tiraremos ata onde poidamos.
ES 2001: Comezaron ben, pero están perdendo forza.
Andrade: Xa falei deles, equipazo...Un pouco corto de efectivos e iso penalizaos moito.
Manzaneda: Equipo  moi traballado tacticamente...para aspirar a mais quizais lle falte algún xogador mais decisivo.
Na metade da taboa.:
Retiro: Boa tempada, este ano non sufriran para salvarse.
Feás e A Corna, dous da parte de arriba vidos a menos, pero sempre perigosos a un partido.
Na parte de abaixo:
Outomuro: Comezaron mal, pero van para arriba...polo que vin  (ainda que tiñan pouca xente)no partido do sábado, e se xogan sempre así van sobrados para salvarse.
Avión: Irregularidade...pero tamén calidade.Están ao borde do descenso.
Sobrado: A súa calidade non se corresponde coa clasificación. Ficharon para sair de aí, haberá que ver a evolución.
Principal,Lasider e Barreras están nunha situación complicada, teno difícil pero ainda queda a segunda volta.

sábado, 28 de enero de 2012

EN XOGO 6 - OUTOMURO 4..... E GRACIAS !

Mal partido o que xogamos, moi malo.....Aconteceu o de sempre, por momentos non competimos, facemos unha defensa contemplativa, acompañamos ao rival en lugar de defendelo.

O partido comezámolo fríos, moi fríos,mirando para eles e pensando que con salir ao campo iamos gañar.....grave erro , que puido costarnos o partido.....Moitos balóns perdidos en ataque, e mal replegue defensivo, demasiado lentos.....Así colocáronse 1-4 a falta de 4 minutos para rematar a primeira parte; a partir de aí tocamos a zafarrancho de combate, ordenámonos en defensa ( aproveitando a entrada no partido da vella garda, ainda que está mal que eu o diga).....e rematamos o primeira parte cun 3-4......So con orden defensivo e un pouco mais de mala ostia, porque en ataque sabemos que enchufamos porque temos  xogadores decisivos, salvamos un situación comprometida.
A segunda parte comezámola como rematamos a primeira, ordenados, defendendo e disputando cada balón, e así en 5 minutos démoslle a volta ao partido e colocámonos gañando 5-4....... cargámonos de faltas e limitounos moito a defensa ata o final, marcamos un gol mais, pero nos últimos minutos voltamos a sufrir coas 5 faltas, pero aí apareceu o noso porteiro, Congui.
O rival aproveitou moi ben as súas virtudes, rápidos e moi perigosos con espacios, non creo que teña problemas para salvarse, costoulles moito sair da presión cando fomos capaces de ordenarnos defensivamente.
O arbitraxe.......desconcertante por momentos......isto é Fútbol sala  non fútbol...os contactos coas mans son faltas....A veces preguntóme que fai falta para que lle piten unha falta a favor a Tizón ou a Temes ( xente de moitos kilos)???....porque tirar non os dan tirado.
Nós...... ACTITUDE amigos, e deixar de mirarse o ombligo.... Divertirnos marcando goles, sí.... pero tamén defendendo,correndo e disputando o balón.

No próximo partido comeza a segunda volta...na primeira volta a nosa nota foi de suspenso, fixemos 30 puntos e deixamos 15 polo camiño, demasiados........
Xogamos o sábado co Manzaneda na casa.

martes, 24 de enero de 2012

BARRERAS 0 EN XOGO 5...............VICTORIA TRABALLADA

Tivemos que traballar e armarnos de paciencia para gañar o partido, o rival plantexounos unha defensa en 12 metros moi compacta,  intentando sair a contra...a defensa deulles resultado na primeira parte ( 0-0), axudados tamén polas boas intervencións do porteiro. Na segunda parte cambiamos un pouco o ritmo de xogo, fomos mais agresivos na presión e marcamos pronto o primeiro gol, e partir dese momento todo foi mais doado, ata rematar o partido con comodidade..
A arbitraxe..... desconcertante, cando menos. Non nos perxudicaron...NON,  pero deben lembrar que o protagonismo é,  e sempre será dos xogadores....xogadores, que por outra banda, pagan ou pagamos dos nosos bolsillos para que eles cobren....


O rival debe seguir loitando cada partido coma este para sair do fondo, ainda que xa vai en liña ascendente...


Próximo partido na casa contra o Outomuro as 17:00 h. 

lunes, 16 de enero de 2012

AVION 2 - EN XOGO 13.......O AVÓS NON DEIXARON DESPEGAR O AVIÓN

Pintaba moi mal a tarde...partido en Avión ás 20:00, retraso dos árbitros e o partido comezaba cerca das 20:30...Tarde moi fría e poucos xogadores para enfrentarnos a un rival perigoso, sobre todo na súa cancha.
Comezou o partido e, a pesar de comezar ben, encaixamos o primeiro gol, pero o suspense durou pouco, apenas 3 minutos, os que tardou Tizón en sacar o fusil..... para deixar o partido ao rematar a primeira parte cun 2-5 practicamente definitivo....A segunda metade comezou cun penalti fallado polo Avión, e partir de aí desapareceron, xa non houbo partido....

O rival: encaixaron 13 pero puideron ser moitos mais, desconcentrados e individualistas por momentos.Teñen potencial nalgúns xogadores, pero.....
Os árbitros.desapercibidos.... chegaron tarde, ainda que non pola súa culpa
Nós, coma sempre esta tempada, Jekill e Hyde, momentos ca esencia deste equipo e momentos de falta de intensidade.....Os nosos resultados van depender das gañas que teñamos de competir

Próximo partido en Cea co Barreras  



martes, 3 de enero de 2012

BO NADAL AMIGOS

Partido de Nadal entre: "Amigos de Jacobo"&"Amigos de Kike" ao Fútbol 7.... Gañaron os mais novos 9-8 despois da grande actuación dos seus improvisados porteiros.


Amigos Jacobo: Pablo Gil, Tizón, Almeida, Santi, Sabucedo,Torete, Jacobo
Amigos Kike: Masid, David, Congui, Jose Gil, Oscar Gil, Juantxu, Luis Angel, Kike
                                                                                                                                                                      
                                                                            
















Chegou a cea,chegou a noite e a cousa púxose perigosa, demasiados vasos nas mans.


Algúns davamos espectáculo ou ,segundo se mire, faciamos o parvo





Mentras algúns faciamos o parvo, outros adicavanse a outros menesteres......é un pena que xa teñan retirada a licenza de caza                                                                                                               




E ao final acabamos bridando......eso si cada un ca súa copa.....jejeje

Algúns non poderían brindar connosco...necesitan unha copa                                                                                                                                                  
Este ano ao mellor chegan a conseguilo,deste ano non pasa, sobre todo se seguen contando con axudas dalgún estamento que está farto de ver gañar ao En Xogo  (Chupito para os mais vellos) ano tras ano.....que lle imos facer!!!..E ao que non lle guste que lle bote azúcar.....pero esa é a realidade.


Jajaja...ao final  brindamos coas tres copas gañadas neste ano 2011.Ano no que demostramos ser os mellores, a pesar das moitas trabas sufridas e críticas recibidas....
Moita xente fala e critica sen coñecer...falar por falar.
Das tres copas, a que para min tivo mais mérito foi a última, o torneo dos campións das diferentes ligas, porque xogamos con moitísimas baixas, e a final en cadro....só 6 xogadores e ningún deles era a "tanqueta" que sempre ten a forza de catro...ou mais.
                                                                                            
O certo é que cada día estou mais orgulloso deste equipo, deste grupo humano, destes amigos.              
Un abrazo a todos