"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 25 de febrero de 2014

CARRAL 6 - EN XOGO 5

Partido igualado entre dous dos equipos fortes da liga..un partido que ganabamos a falta de 2 minutos e medio, e perdemos a falta de 14 segundos.
 
Carral: Xa non é unha sorpresa, está mantendo o tipo e segue instalado nos postos altos da clasificación..Fixo un partido irregular pero rematou gañando, con sorte, un partido que mereceu ganar antes.. 
 
Árbitros: sin influencia no resultado
 
Nós: Mal partido, lentos en defensa e con indolencia.Se non pomos todo da nosa parte somos un equipo vulgar  

lunes, 10 de febrero de 2014

AVION 2 - EN XOGO 9 ... BO PARTIDO..!!

Partido en Avión , nunca é fácil...Fixemos un partido moi completo diante dun rival moi voluntarioso, pero con pouco acerto..Ao minuto xa ganabamos cun gol de corner moi ben executado; dominamos o partido e o marcador, pero para iso houbo que facer un partido moi intenso e moi concentrados.
 
Rival: ten calidade individual nalgúns xogadores, pouco xogo colectivo e mal defensivamente...supoño que se salvarán porque so coa súa calidade chegaralles para ganar partidos. A pesar da derrota sempre amosaron deportividade, sen brusquedades....cousa que non poden decir todos os equipos.
 
Árbitros: Non tiveron problema, nun partido que os dous equipos lle puxeron moi fácil...ata arbitrou Fabian Clinaz...
 
Nós: partido serio defensivamente, e en ataque impuxemos a calidade e a pegada de Tizón con 6 goles..
 
 

martes, 4 de febrero de 2014

EN XOGO 5 - AREA DOCE 5.......UN DESASTRE..!!

Fixemos xusto o que non tiñamos que facer nas dúas áreas; en ataque fallamos infinidade de ocasións,diante do porteiro, a porta baleira, e en defensa fomos unha coladoira...un desastre!
Fomos no partido sempre por diante ata que nos empataron ao final e xa non demos marcado.

Rival: un equipo intenso, cun xogador que destaca por enriba dos demais, van mellor en ataque que en defensa.Manso na portería acadou o empate para eles, facendo paradas de moito mérito na recta final.

Árbitros: algún erro.....penso que lle perdonaron a expulsión a un xogador deles por insultos; na segunda metade e gañando nós de un gol e a falta de 7-8 minutos nos 5 faltas pitadas e eles 0, tendo en conta que son un equipo moi intenso (de fútbol) é difícil de entender(condicionou a nosa defensa, mentras eles ao final puideron defender duro)..pequenos erros que ao final suman e poden cambiar un partido.
A pesar de todo, o partido non o empataron os árbitros, fomos nós coa nosa indolencia.

Nós: madre mía...!! un desastre..!! a clave foi que defensivamente fomos un desatre, goles encaixados por defender mal, moi mal...e defendese mal cando non hai actitude, e non houbo actitude defensiva..