O noso partido foi de pena....solo a pobre actuación do porteiro rival fixo que gañaramos este partido.
Os rivais:Penso que este ano non terán problema para manterse na categoría....fixeron un xogo sorprendente, fresco, moi intenso, e moi vertical...bo partido, senón fose pola portería o resultado podería ser outro.
Os arbitros: cometeron algúns erros...algún moi evidente.. Pero para min a súa actuación foi correcta.
Nós: Lamentable o partido, fomos unha pena de equipo....sen intensidade somos mediocres; pensar que andando se pode ganar un partido é un erro....Defensivamente mal, moi mal; volvemos encaixar demasiados goles....Temos que cambiar a actitude defensiva.
Próximo partido sábado as 17:30 en Oira contra o Carral.
"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"
martes, 29 de octubre de 2013
lunes, 21 de octubre de 2013
EN XOGO 7 - AVION 5...Xogando con lume!!
Outra vez, e xa van dúas, que nos poñemos ganando con facilidade 4-1, e baixamos os brazos dándolle opcións aos rivais a meterse no partido, ata 4-3. Ao final impuxémonos pola diferencia de calidade, pola pegada, pero non por o xogo.
Os rivais: xente nova, rápidos, bos no 1x1, non ten moito fondo de armario, pero ten boa frescura física e aguantan ben o partido.Se o toman en serio non pasaran apuros coma os anos anteriores na categoría.
Árbitros: O señor Meno e o señor Otero....Mal....varían o criterio durante o partido; o que agora é falta, despois non é........pitan a impulsos. O que fai que os xogadores , dun lado e de outro, protesten porque non entenden a arbitraxe. Pitan e escoitan o que queren....A nosa experiencia co señor Otero é moi mala, xa ven de lonxe.....no noso vestiario pensamos dende hai moito tempo que nola ten xurada....e non sabemos porque.
Nós: Non me gusta nada o que facemos, xogamos a impulsos, un rato ben e outro mal...estamos moi despistados en defensa e perdemos demasiados balóns...Temos que ser mais contundentes no marcador, e para iso hai que defender mellor, ganando 4-1 temos que matar o partido.... Moito temos que mellorar.
A liga está moi igualada, ata 5 equipos empatados na cabeza, vai ser divertida..!
A liga está moi igualada, ata 5 equipos empatados na cabeza, vai ser divertida..!
lunes, 7 de octubre de 2013
FICHAXES
Unha vez comenzada a tempada, e despois de gañar a Supercopa, fixemos dúas fichaxes para completar a nosa vella plantilla, os novos compañeiros son: Diego e Iago , os dous procedentes do Andrade (equipo desaparecido).
Diego xa xogou con nós hai 12 anos,no histórico Chupito, cando ainda era moi noviño. Iago debuta co noso equipo.
Son dous xogadores dun nivel moi alto; de moita calidade e que saben xogar ao fútbol sala.Pero sobre todo son dúas excelentes personas, condición necesaria para fichar no noso equipo.
PUB AREA DOCE 6- EN XOGO 9
Partido xogado o sábado moi cedo en Xinzo...foi un partido descontrolado, que dominamos cando quixemos e nos puxemos as pilas.
O rival: Outro equipo de fútbol, xogan a impulsos intentando impoñer a súa forza física e xuventude...mal tacticamente, rápidos a contra pero floxos defensivamente...
Os árbitros: Empezaron deixando xogar, pero hai equipos aos que non podes permitirlles eses contactos dende o primeiro minuto, porque despois cando pretenden pitar, todo se volven protestas e malos modos...Se pon o límite dende o minuto 1 acábase o problema....Cando tiveron que controlar o partido, fixérono antes de que se lles fora da man....Nada que ver cos paos que levamos a xornada anterior...Penso que fixeron unha arbitraxe correcta.
Nos: Xogamos a ratos, cando vimos que o rival era vulnerable, deixamos de apretar e iso costounos non decidir o partido antes...Defendemos mal e moi mal as contras, presionamos de pena......en ataque, cando combinamos fixemos moito dano.
A semana que ven, toca descanso
A semana que ven, toca descanso
domingo, 29 de septiembre de 2013
EN XOGO 4 - BULL 4
Comenzamos mandando e rematamos a primeira parte gañando 4-1, pero puidemos rematar con mais ventaxa. Na segunda parte baixamos un pouco a intensidade do noso xogo e deixámonos empatar o partido.
O rival
Un equipo de fútbol nun campo pequeno. Fútbol sala pouco...... golpes, tarascadas.....
Sairon ao campo sobreexcitados ( non todos) a parar a Tizón e Tractor( de calquera maneira), que se foron do partido: un, co tobillo lesionado dunha entrada, e o outro expulsado e coa camiseta rota e cheo de arañazos no cuello...Para todo esto non fai falta adestrar, nin pizarra.....e menos menospreciar ao rival...O fútbol sala é outra cousa diferente.
Os árbitros
ESTO NON É FUTBOL.....É FUTBOL SALA
Eu preguntome: que deporte arbitran?? Futsalcontac quizás....E increíble, despois de todos os golpes que apañou,ten as marcas no corpo, Tractor rematou expulsado, por protestar....increíble....Tanto a Fidel como Juan consideroos bos árbitros, de liga nacional, pero eles saben tan ben coma min que se este partido fose de liga Nacional, a metade dos seus xogadores non remataban o partido...
Son bos árbitros, e saben ben o que arbitran e a quen lle arbitran...
Na primeira metade pitaron case todos os contactos, todas as artimañas do rival para parar os nosos xogadores( esa era a súa táctica). Na segunda, o comentario de todo o noso equipo no descanso foi : "ollo que van deixar de pitar", dito e feito; barra libre para golpear!!....
Estes, saben arbitrar pero pitan o que queren, o que lles parece, deben protexer o espectáculo e os xogadores que queren xogar, crear.....pero non o fan, porque Tizón da espectáculo , pero leva moitos paos non sancionados....moitos.
Molestan as nosas victorias??, este ano xa ganamos a Supercopa, xa non mais.......???
Nós
Primeira parte boa, bo fútbol sala diante dun equipo que "pretendía" presionar.....Pero tiñamos que ter resolto xa o partido, porque tivemos moitas ocasións, pero por momentos queremos "rizar o rizo" en vez de resolvelo.
Segunda parte, mala, moi mala, diante dun equipo que sin facer nada extraordinario púxonos en moitos apuros, empatounos e puidose poñer por diante....Saimos ao campo dun xeito inapropiado na intensidade e por enriba cando tiñamos que sacar os galóns de ex-xogadores de categorías superiores, e dominar o xogo non o fixemos e deixámonos empatar o partido.
Iremos a mais co paso das xornadas...!!
domingo, 22 de septiembre de 2013
COMENZA A TEMPADA 2013-2014
Comezamos este ano a que debe ser a nosa 14ª tempada xuntos...
Temos a plantilla parecida, pero os anos pasan e necesitamos sangre nova, algún fichaxe para competir...algún chegará.
SUPERCOPA
Xa empezamos a semana pasada en Celanova coa disputa da supercopa pola renuncia do Ponte. E, a pesar de non adestrar nada todo o verán fomos capaces de gañarlla a un equipo moi bo...A Veiga..campión de copa, e subcampión de liga.
Tivemos a nosa dosis de sorte, sobre todo na primeira parte,onde nos vimos desbordados polo xogo rápido da Veiga, a pesar diso rematamos 3-3, gracias a boa actuación de Sabucedo na portería. Na segunda parte controlamos un pouco mellor o xogo,nos momentos delicados voltou a aparecer Sabu; e fixemos cun título que era a primeira vez que se xogaba, outro mais para a colección, e van.......6-4 ao final.
LIGA
Este sábado comenzou a liga, e tocounos xogar contra o Ourense FS, un equipo que representa a decadencia do fútbol sala ourensán, deplorable..... O resultado de 1-16 dice todo do rival....Unha pena!!
Por encima compartimos patrocinador con él...!!
A próxima semana temos un rival duro...a Bull!!

martes, 2 de julio de 2013
FIN DE TEMPADA
Tiven o blog abandonado por falta de tempo, agora intentarei facer un resumen da nosa tempada.
Na liga fixemos un papel mais que digno, rematando terceiros empatados co segundo a puntos. Superaronnos dous equipos, o Ponte e A Veiga; dous equipos de moito nivel.
Na copa fracasamos ao caer en cuartos, despois de 5 final four consecutivas, perdemos diante do Verín, un equipo novo que se fixo moi forte na súa casa, e cun xogador como Osorio que contra nos estivo a un nivel moi alto. O campión foi a Veiga que derrotou ao Verín na final.
No torneo de Barrios Deportivo; torneo que intenta reunir aos mellores das diferentes ligas( faltou a Veiga, campión da copa), conseguimos o noso terceiro título consecutivo, superando na final ao Verín por 10-3, tomandonos a revancha da copa.
Podo decir que tendo en conta a nosa media de idade e tendo en conta que non adestramos ningún día a tempada foi mais que aceptable.O ano vindeiro o equipo seguirá dando guerra nos campos da provincia, facendo amigos..e esperando que o noso exemplo lle sirva para algo a todos os xóvenes que empezan no fútbol sala
Un saúdo a todos

sábado, 13 de abril de 2013
BEARIZ 3 - EN XOGO 11
Partido sen historia, diante dun rival que xa rematou a súa liga..
A xornada deixanos ao Ponte como campión de liga....Unha liga sempre é difícil de gañar, sexa a categoría que sexa. Para gañar unha liga hai que ter unha boa plantilla, e ter sorte nos momentos oportunos...pero o final o que gaña sempre é o mellor, e o campión é o Ponte con todo merecemento.....Quero felicitar,dende este blog, a todos os membros do Ponte pola victoria na liga.
domingo, 31 de marzo de 2013
En Xogo 9 - Avión 0
Partido sen historia diante dun rival que está moi cerca de certificar o descenso...Viuse un equipo roto e con poucos xogadores, ainda así ten algunha individualidade interesante...Deberá seguir loitando por sair deses postos... non o ten moi doado ainda que ata que ata o "rabo todo e toro".
A liga ten dono, ainda que non matemáticamente...o Ponte
A liga ten dono, ainda que non matemáticamente...o Ponte
martes, 19 de marzo de 2013
MANZANEDA 2 - EN XOGO 3
Fomos de excursión a Manzaneda pero non de paseo e conseguimos gañar un partido moi difícil.
O partido estivo igualado no marcador ata case o final; pero foi na segunda parte cando conseguimos arrinconalos en 12 metros, tendo moitas ocasións, sen embargo o gol que nos deu victoria foi de rebote...o que si foi certo é que o mellor xogador deles foi o porteiro, por sorte ou por acerto pero chegou a sacar balóns ata a bocaxarro..
O rival é un rival moi complicado sobre todo na súa casa, xogan ben a fútbol sala, son rápidos e incisivos...acusaron a inexperiencia no tramo decisivo do partido.
Os árbitros: fixeron un traballo correcto; ainda que penso q son demasiado permisivos nos contactos coas mans, varios dos nosos xogadores son altos e de moitos quilos, as veces os rivais empregan as mans para poder paliar esa diferencia física, faltas que non son sinaladas e que soen encresparnos moito.
A liga está decidida por arriba, o Ponte será campión, e por abaixo co Galipán desaparecido e o Avión en picado.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)