"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 5 de diciembre de 2010

VICTORIA 15-4 DIANTE DO AVIÓN F.S.

Partido dominado de principio a fin. Hoxe mantivemos a intensidade na primeira parte e iso fixo que nos despegaramos rapidamente no marcador ata rematar a esta parte con 10-2.
Na segunda parte baixamos moito o ritmo de xogo e rematamos facendo un "correcalles" en lugar de dominar o xogo.O rival era un equipo con xente xoven e rápidos...pero víronse desbordados, sobre todo na primeira parte, polo noso xogo..

Próximo partido en Outomuro o sábado 11

4 comentarios:

  1. HABER CANDO VOS RETIRADES E DEIXADES OS EQUIPOS NORMALES DISPUTAR A LIGA. TENDES UN EQUIPAZO PA AUTONOMICA, NON SEI QUE FACEDES AQUI. EN SERIO, E TODO UN HONOR XOGAR CONTRA EQUIPOS COMA O VOSO, AINDA QUE ESTADES A ANOS LUZ, E DONDE PODEMOS APRENDER ALGO, AINDA QUE VOS PASASTES NA PALIZA.........TEN MERITO XOGAR XENTE VETERANA COMA VOS, PERO AINDA MAIS MERITO TEN FACELO COMO O FACEDES, XOGANDO AS MIL MARAVILLAS. UN SAUDO.

    ResponderEliminar
  2. Gracias David.Xa che dixen cando saíamos do pavillón que non entrenamos nunca e só nos xuntamos para xogar e para a festa(onte a noite tocou cenita)pero seguimos a ter a ilusión de xogar como hai 23 anos que empecei eu polo menos e que poidamos seguir sendo competitivos ante equipos como o voso por exemplo de calidade e xuventude.O tempo para categorías maiores para nós xa pasou hai moito,agora ir disfrutando sábado a sábado e a coñecer xente e pasalo ben cos colegas.

    ResponderEliminar
  3. Gracias David Avion, a verdade é que intetamos divertirnos xogando, que é do que se trata...e xogaremos mentras pensemos que somos competitivos....para outras categorías xa se nos acobou o tempo...
    En canto a vós,para min, sodes moi novos e tedes ilusión que é algo moi importante,sodes rápidos e intensos no xogo....polo cal tedes moita marxe de mellora, aproveitade o bo que tedes e seguide mellorando outros aspectos do xogo....ademais este ano levades unha campaña bastante boa, non baixedes o pistón.....ánimo e sorte...un saúdo

    ResponderEliminar
  4. ojala e xoguemos moitos partidos contra vos, haber se aprendemos algo, e nada, deseariavos sorte, pero non seria etico darvola, que non vos fai falta. ata o proximo partido, un saudo.

    ResponderEliminar