Partido de alta tensión na central de Carballiño, o Feás vendeu cara a derrota amparado nos seus porteiros e no autobús que puxeron diante da súa portería.
O partido foi coma o asalto a unha fortaleza, os rivais fixéronse fortes na liña de 9 metros,defenderonse con uñas e dentes e lanzaron unhas contras moi rápidas, que nos fixeron moito daño.Fomos sempre a remolque no marcador e iso beneficiaba o seu xogo;rematamos a primeira parte perdendo 2-1, despois de estrelarnos contra o porteiro e os paos, puxeronse 3-1 nada mais comezar a segunda parte, e acabaron perdendo 5-6 a falta de 2 minutos, xusto premio para a nosa fe e intensidade.
Penso que nos equivocamos na forma de atacar o muro que nos plantexaron, moitas xogadas individuais e pouco xogo, movemos o balón lento, moi lento,con demasiada condución...e replegamos ainda mais lentos, as súas contras foron mortais.
Os rivais forman un equipo moi complicado, con 3 ou 4 xogadores de moita calidade, veteranos e que saben de que vai este xogo, pero onte non tiveron mais remedio que defenderse, e fixérono moi ben, con moita intensidade e moitas axudas...a miña dúbida é se defenden sempre así, ou é porque era o En Xogo?.....Se o ano pasado gañaron a liga foi por algo!!!!
Os arbitros, sen influir directamente no resultado, non deixaron contentos a ningún equipo...de todos xeitos era un partido moi complicado de arbitrar..
Próximo partido contra o Sobrado na Carballeira...partido complicado, e confiemos en que teñamos mais xogadores dispoñibles...
No hay comentarios:
Publicar un comentario