"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 17 de mayo de 2011

COMEZA A COPA

Este sábado comeza unha nova edición da copa diputación,onde este ano tamén participan os equipos da liga local do Barco.
Unha competición que sempre se nos deu moi ben, tendo en conta os nosos resultados nos últimos anos : nas últimas 10 tempadas xogamos 6 finais, gañando 3, perdemos en semis tres veces e unha en cuartos...pero isto non garante nada.
Este ano, despois de gañar a liga, afrontamos a copa mais relaxados pero competiremos a tope...tendo en conta que so fixemos un ano doblete, non parece que poida ser o noso ano...pero hai que xogar.
 A copa é unha competición trampa, onde abundan as sorpresas, o feito de xogar a reloxo corrido xa é unha dificultade engadida para os equipos de provincial; hai sair moi mentalizados a cada partido e non subestimar a ninguén.

Este ano para min entre os favoritos están os de sempre, Pijú (se queren xogar), Feás, En Xogo e tamén Sobrado e  Taboadela.... e sempre aparece algún equipo sorpresa das ligas locais (equipos reforzados para xogar a copa).......
Dinme as miñas fontes que hai un equipo, descoñecido para moitos, que depende dos xogadores que presente na competición, pero pode ser o claro favorito para gañar, por enriba de todos, o Vilamartín Esculpedra.....ainda xogando cos nosos mellores xogadores, teriamos pouco que facer......veremos que pasa!!!! como dixen antes a copa é a competición das sorpresas...

Nós arrancamos en Carballiño o sábado ás 18:30

No hay comentarios:

Publicar un comentario