"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 18 de septiembre de 2011

PRETEMPADA EN MANZANEDA...PERDEU O CAMPIÓN...Derrota 3-2, diante dun voluntarioso equipo

Partido de pretempada en Manzaneda, iso é o que pareceu, é o que foi realmente....Cando perdes, podes por moitas excusas,... iso fano moitos, pero case seguro que non mereciche gañar ou o rival fixo mais ca ti para gañar.

Estaba pensando en moitas escusas: que si os arbitros, que si non tocabamos un balón dende Xuño, que si había xente nova, que si aquelo era unha pista de patinaxe, que si entraba o sol por unha ventá e nos deslumbraba (esta non lembro onde a lin?), que si a avoa fuma....etc.....Pero o certo é que perdemos polos nosos propios erros, soe pasar cando perdemos; erros diante a portería contraria (10, 12...) e diante a nosa portería ( moitos, pero so aproveitaron 3).

Facendo autocrítica, débese facer, temos que meter rápidamente aos novos na rutina do equipo, na nosa forma de xogo, organizados e dándolle un sentido lóxico ao xogo.
 DEFENSA: debemos pensar en defender antes de atacar( unha vergoña o repliegue defensivo); temos que ter moito mais rigor defensivo, non so defende o peche!!! Temos que defender todos.
ATAQUE: Desordenados, mal colocados para iniciar o ataque,malos movememtos, porque os temos, ainda que non fixemos ningún....Rematamos e fallamos moito, incluso a porta baleira, pero por calidade nunca por xogo en equipo.Deslabazados

O rival, mellor físicamente ca nos, limitado tecnicamente....penso que loitaran para  manter a categoría.

PERDEMOS E PUNTO

Próximo partido, dentro de 15 días

Vamos avós

No hay comentarios:

Publicar un comentario