"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 21 de diciembre de 2011

EN XOGO 9 PRIMORDIAL 3......... SEN HISTORIA

Partido tranquilo, cun resultado claro e contundente...O rival non nos obligou demasiado, dedicouse a defender, e pouco mais. Bueno sí, algo mais, tiñan un gladiador que se debeu confundir de deporte.
Levamos dous partidos con 17 goles marcados, recuperámonos pouco a pouco pero moi lentamente. Xogamos a impulsos, dúas ou tres xogadas e punto, a sestear...pero imos para arriba.
Será porque despois de gañalo todo faltanos motivación????? A verdade é que non o sei.

 A liga este ano está interesante, Cerber, Taboadela e ES2001 moi igualados, claro que estes últimos xa fixeron a cagada de non pagar a tempo e perder o partido, e 1 punto menos, aí se lles pode escapar a liga. Despois temos ao Mcdonal´s, equipo de futboleros, moi duros e dificiles, pero un pouco irregulares....  Estamos nós mesmos, pero coa barriga chea do ano pasado, dependeremos das nosas gañas de competir.
Manzaneda, un rival que aproveita moi ben o feito de xogar na casa, so polo viaxe xa é difícil.
Andrade e Feás, moi irregulares, pero a un partido gañenlle a calquera.....Retiro, gran tempada, xa deu disgustos e  pode seguir dándoos
Por abaixo pode haber lío tamén, moitos equipos en poucos puntos, e ninguén está libre de caer no pozo, Barreras e Outumuro espabilaron ultimamente.

Bo Nadal a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario