"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 18 de junio de 2012

XA ESTAMOS EN SEMIS UN ANO MAIS


Estamos en semifinais outra vez, son 6 de forma consecutiva  e 10 nas últimas once tempadas, é para sentirse moi orgulloso deste equipo. Este fin de semana iremos buscar a nosa 8ª final.
O partido nos Peares foi de armas tomar, gañamos 2-4. O rival plantouse cunha defensa moi pechada, pero nada que a calidade individual non puidera superar....ise foi o menor dos nosos problemas porque unha pista non axeitada para xogar ao fútbol sala e unha arbitraxe dudosa, fixo que o partido non rematara antes..O rival plantexou o seu partido e utilizou as súas armas, loita e pelexa por cada balón e unha defensa moi agresiva, empregando moito as máns coma case todos os xogadores que proceden do futbol, é o seu xogo......nada que obxectar.
Sobre os arbitros: un non veu; co outro debemos ter unha deuda porque sempre que nos arbitra acabamos descontentos e de mala leche, non é so unha opinión miña...no vestiario temblamos ao velo, e a rapaciña da mesa debe repasar o regulamento

A xornada deixanos unhas semifinais duras, entre catro equipos moi fortes:
  Mcdonals- En Xogo
  Taboadela- Galipán

No hay comentarios:

Publicar un comentario