Rematamos a tempada gañando o torneo de Ourense por Barrios, 1 de 3....algo é algo...En teoría xogan iste torneo os mellores equipos da provincia deste nivel, pero a verdade é que so tres se comportaron como tales, o Taboa, o Mcdonals e o En Xogo; o Galipan, campión de 1ª e novo equipo de provincial, non se presentou ao segundo partido porque non tiñan xogadores; o Dacón, bo comportamento pero pouco competitivos e o Ambulanc. Ribadavia, competitivos pero con mal comportamento.
A final resultou unha revancha das semis da copa, esta vez non deixamos que nos remontaran e terminamos o partido gañando 4-2.
Non foi unha tempada brillante pero competimos ata o final e loitamos por todo.
Para a tempada seguiremos dando que falar nas canchas, iso so un ano mais vellos, pero intentaremos seguir aumentando a nosa longa historia, e demostrando que os anos, a experiencia, pode suplir moitas carencias físicas.
A estas alturas do mes de xullo, sabemos pouco da provincial do ano que ven, ou si vai haber dúas....Pero, si que hai que viaxar mais: Beariz, A Veiga (xogaran en A Rúa), Padrenda ou Cortegada ( aí xogara Ambulanc. Ribadavia) ademais dos xa sabidos de Avión e Manzaneda...Tamén parece que vai a desaparecer algún equipo
Bo verán e boas vacacións a todos
Noraboa polo torneo de Barrios, o final sempre vos levades algo a boca...un saúdo e sorte a tempada que ven
ResponderEliminarGracias....pero este ano vos fostes os mellores, gañar liga e copa o mesmo ano non é doado, e so un gran equipo o pode facer.
ResponderEliminarDin que te cambias ao fútbol, se é verdade, moita sorte....Ao fútbol sala fixeches e estás facendo unha gran labor...e por experiencia sei que non é fácil levar un grupo, contentar a todos e por enriba gañar....tes moito mérito
"Non foi unha tempada brillante pero competimos ata o final e loitamos por todo"...
ResponderEliminarPreguntado Pep en rueda de prensa "si este año sólo gana el barsa la liga, será un fracaso?
respuesta(irónica): por supuesto ,estrepitoso...
en cualquier deporte , en cualquier categoría no es nada fácil ganar un torneo...
para mí es una temporada más que brillante.
un abrazo pelado.
Certo amigo, gañar non é doado en ningunha categoría...e para nós co paso dos anos ainda mais....o que pasa é que nos mesmos nos poñemos metas altas....pero isto é o que nos mantén xogando e loitando por gañar con mais de 40 anos, esas metas e ese espíritu competitivo...
ResponderEliminarEspero equivocarme, pero as novas xeracións non as vexo aos 40 anos facendo o que estamos facendo nós.
Un abrazo amigo
Ya te lo digo Yo Pelado, NI DE COÑA!!! Un saludo. Soy Alvaro Permuy.
ResponderEliminar