"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 4 de febrero de 2014

EN XOGO 5 - AREA DOCE 5.......UN DESASTRE..!!

Fixemos xusto o que non tiñamos que facer nas dúas áreas; en ataque fallamos infinidade de ocasións,diante do porteiro, a porta baleira, e en defensa fomos unha coladoira...un desastre!
Fomos no partido sempre por diante ata que nos empataron ao final e xa non demos marcado.

Rival: un equipo intenso, cun xogador que destaca por enriba dos demais, van mellor en ataque que en defensa.Manso na portería acadou o empate para eles, facendo paradas de moito mérito na recta final.

Árbitros: algún erro.....penso que lle perdonaron a expulsión a un xogador deles por insultos; na segunda metade e gañando nós de un gol e a falta de 7-8 minutos nos 5 faltas pitadas e eles 0, tendo en conta que son un equipo moi intenso (de fútbol) é difícil de entender(condicionou a nosa defensa, mentras eles ao final puideron defender duro)..pequenos erros que ao final suman e poden cambiar un partido.
A pesar de todo, o partido non o empataron os árbitros, fomos nós coa nosa indolencia.

Nós: madre mía...!! un desastre..!! a clave foi que defensivamente fomos un desatre, goles encaixados por defender mal, moi mal...e defendese mal cando non hai actitude, e non houbo actitude defensiva..


No hay comentarios:

Publicar un comentario