"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 20 de noviembre de 2013

EN XOGO 10 REGUENGA 1....BROTES VERDES..!!

Partido que, despois dos malos resultados, tiñamos que ganar como fose, e que ao final resultou mais doado do previsto.
 
Rival: Poden pasalo mal para manter a categoría, empezaron fortes pero tardaron pouco en diluirse....ao final intentaron atacar de 5 e fixerono moi mal.Penso, dende o respeto, que lles faltou algo de actitude ao final.
 
Árbitros: Partido fácil para pitar...O partido non foi suficientemente complicado como para valorar a súa actuación.....ainda así, as veces parece que se toman a arbitraxe a pitorreo...pero non sei se saben que son os únicos que cobran....Deben adicarse so a arbitrar.

Nós: Algo de mellora sobre todo en actitude. Intentamos recuperar o xogo combinativo e de posesión de balón que sempre tivo este equipo e que nos levou a ganar tantos títulos....pero....estamos lonxe de conseguilo.

domingo, 10 de noviembre de 2013

PONTE 3- EN XOGO 3


Empate nun bo partido de fútbol sala, con dous equipos que queren xogar, e que intentan xogar ao fútbol sala…así da gusto xogar!…Oportunidades para os dous equipos de gañar o partido, chegando aos últimos 3 minutos con ventaxa 3-1 para o Ponte, e con un último arreón noso, capitaneado por Yago, ata cegar ao empate, e case a victoria se non fora pola última parada de Taffa.


Rival: un equipo que quere xogar ao fútbol sala, e iso gústame…porque se dous equipos queren xogar o resultado é un partido bonito; a diferencia nosa o Ponte é un  equipo que adestra e iso refléxase na súa mellor condición física…Perdeu potencial con respecto a o ano pasado, pero ten xente con experiencia, e estarán arriba


Árbitros: Lamentables, ningún equipo rematou contento con eles..O señor Andrés Fernández ten moitos sitios onde pasar o tempo sin vir cabrear aos demais….gústalle sentirse protagonista…..O do señor Enrique Robles, non ten nome, e pésimo, pero por enriba ten mala fe, fai dano a próposito, este ano xa no 1º partido expulsou a Tizón con 16-1 por protestar despois de telo cosido a patadas os rivias , algo que o señor Robles pasou por alto….Por enriba non é humilde,nunca se equivoca, se pode rétate e provócate con tarxetas, que é a súa maneira de dialogar, leva anos arbitrando e vai a peor, debería deixalo antes de ter algo que lamentar, porque a súa actitude  provoca moito malestar….A nosa historia con él, xa ven de hai moitos anos, e non creo que lle guste a arbitraxe, gústanlle os cartos que lle deixa a arbitraxe…...porca miseria!! …Non veñas mais señor Robles, non veñas arbitrar ao En Xogo, é o mellor para todos, antes de que isto remate mal un día, xa está ben…...

Dito isto, non influiron no resultado final directamente, e a expulsión foi correcta, ainda que te saca de quicio a súa actitude....demasiada prepotencia
No colectivo arbitral hai bos árbitros, son poucos, pero hainos…...e outros que sin ser bos non se meten en líos.


Nós: Xogamos a ratos, como últimamente, deixamos durante un rato as individualidades e foi cando mellor xogamos…nos minutos finais demos un arreón co partido case perdido, e Yago con duas accións empatou o partido, que estivo a punto de gañar Tractor nos últimos segundos.

O fallo do penalti na primeira parte, pesounos moito, e fixo que arrastraramos ese 1-0 durante moitos minutos.

Levantarémonos e seguiremos adiante……. coma sempre.

domingo, 3 de noviembre de 2013

En Xogo 2 Carral 5....ao final, queimámonos!!

Pouco tivo que ver este partido co do torneo de campións do ano pasado, no cal o En Xogo ganou por 6-1 a este mesmo equipo.
O Carral, un bo equipo, fixo o seu partido, non quixo entrar no xogo de tu a tu, refuxiouse na súa defensa de 12 metros, e dende alí tirou as súas contras...con solo iso, foi capaz de levarse o partido merecidamente, e tampouco tivemos a sorte de cara, tiramos 4 paos 
 
Rival: Fixo un partido excelente, defensivamente falando...en ataque aproveitou a nosa indolencia defensiva. É un equipo con calidade, con boas individualidades,xoven.....xogaron un partido moi intenso, correndo moito. O porteiro excelente.
Estará arriba na clasificación se xoga sempre así.....pero esa é a duda que me queda deles......este sábado era o En Xogo, que ten xogadores veteranos de aquel histórico Florindo carballinés,da súa terra, equipo ao que estes rapaces verían dende a grada con admiración, e polo tanto a súa motivación era máxima...haberá que seguilos cada semana, para saber onde poden chegar.
A min personalmente gustoume o equipo, intentan xogar ao fútbol sala, que nestes tempos xa é moito...e por enriba parecenme bos rapaces a maioría deles.

Árbitros:Ben, sen meterse en grandes líos, pasaron desapercibidos.. cousa que moitos dos seus compañeiros deberían aprender...o mellor árbitro é o que non se convirte en protagonista.....por desgracia non sempre é así.

Nós: Tanto foi o cántaro a fonte.....!! xa eran varios partidos malos.....Estivemos mal, pouca intensidade para ganar o partido, pensamos que con sair ao campo xa estaba.
Seguimos dando facilidades defensivas, demasiadas....hai tempo que non xogamos ben ao fútbol sala e por enriba non nos acompañou a sorte.
Igual pensamos que o título de cada ano xa o ganamos...coa supercopa diante da Veiga, e de ahí a falta de actitude e de ganas...
Esperamos recuperar pronto a nosa mellor versión se queremos ter opción a liga...porque a Veiga, máximo favorito, vai fallar moi pouco. 
 

martes, 29 de octubre de 2013

BEARIZ 7 - EN XOGO 9... De pena...!

O noso partido foi de pena....solo a pobre actuación do porteiro rival fixo que gañaramos este partido.

Os rivais:Penso que este ano non terán problema para manterse na categoría....fixeron un xogo sorprendente, fresco, moi intenso, e moi vertical...bo partido, senón fose pola portería o resultado podería ser outro.

Os arbitros: cometeron algúns erros...algún moi evidente.. Pero para min a súa actuación foi correcta.

Nós: Lamentable o partido, fomos unha pena de equipo....sen intensidade somos mediocres; pensar que andando se pode ganar un partido é un erro....Defensivamente mal, moi mal; volvemos encaixar demasiados goles....Temos que cambiar a actitude defensiva.

Próximo partido sábado as 17:30 en Oira contra o Carral.

lunes, 21 de octubre de 2013

EN XOGO 7 - AVION 5...Xogando con lume!!

Outra vez, e xa van dúas, que nos poñemos ganando con facilidade 4-1, e baixamos os brazos dándolle opcións aos rivais a meterse no partido, ata 4-3. Ao final impuxémonos pola diferencia de calidade, pola pegada, pero non por o xogo.
 
Os rivais: xente nova, rápidos, bos no 1x1, non ten moito fondo de armario, pero ten boa frescura física e aguantan ben o partido.Se o toman en serio non pasaran apuros coma os anos anteriores na categoría.
 
Árbitros: O señor Meno e o señor Otero....Mal....varían o criterio durante o partido; o que agora é falta, despois non é........pitan a impulsos. O que fai que os xogadores , dun lado e de outro, protesten porque non entenden a arbitraxe. Pitan e escoitan o que queren....A nosa experiencia co señor Otero é moi mala, xa ven de lonxe.....no noso vestiario pensamos  dende hai moito tempo que nola ten xurada....e non sabemos porque.
 
Nós: Non me gusta nada o que facemos, xogamos a impulsos, un rato ben e outro mal...estamos moi despistados en defensa e perdemos demasiados balóns...Temos que ser mais contundentes no marcador, e para iso hai que defender mellor, ganando 4-1 temos que matar o partido.... Moito temos que mellorar.


A liga está moi igualada, ata 5 equipos empatados na cabeza, vai ser divertida..!

lunes, 7 de octubre de 2013

FICHAXES

Unha vez comenzada a tempada, e despois de gañar a Supercopa, fixemos dúas fichaxes para completar a nosa vella plantilla, os novos compañeiros son:  Diego e Iago , os dous procedentes do Andrade (equipo desaparecido).
Diego xa xogou con nós hai 12 anos,no histórico Chupito,  cando ainda era moi noviño. Iago debuta co noso equipo.
Son dous xogadores dun nivel moi alto; de moita calidade e que saben xogar ao fútbol sala.Pero sobre todo son dúas excelentes personas, condición necesaria para fichar no noso equipo.

PUB AREA DOCE 6- EN XOGO 9

Partido xogado o sábado moi cedo en Xinzo...foi un partido descontrolado, que dominamos cando quixemos e nos puxemos as pilas.
 
O rival: Outro equipo de fútbol, xogan a impulsos intentando impoñer a súa forza física e xuventude...mal tacticamente, rápidos a contra pero floxos defensivamente...
 
Os árbitros: Empezaron deixando xogar, pero hai equipos aos que non podes permitirlles eses contactos dende o primeiro minuto, porque despois cando pretenden pitar, todo se volven protestas e malos modos...Se pon o límite dende o minuto 1 acábase o problema....Cando tiveron que controlar o partido, fixérono antes de que se lles fora da man....Nada que ver cos paos que levamos a xornada anterior...Penso que fixeron unha arbitraxe correcta.
 
Nos: Xogamos a ratos, cando vimos que o rival era vulnerable, deixamos de apretar e iso costounos non decidir o partido antes...Defendemos mal  e moi mal as contras, presionamos de pena......en ataque, cando combinamos fixemos moito dano.

A semana que ven, toca descanso

 
 
 
 

domingo, 29 de septiembre de 2013

EN XOGO 4 - BULL 4

Comenzamos mandando e rematamos a primeira parte gañando 4-1, pero puidemos rematar con mais ventaxa. Na segunda parte baixamos un pouco a intensidade do noso xogo e deixámonos empatar o partido.
O rival
Un equipo de fútbol nun campo pequeno. Fútbol sala pouco...... golpes, tarascadas.....
Sairon ao campo sobreexcitados ( non todos) a parar a Tizón e Tractor( de calquera maneira), que se foron do partido: un, co tobillo lesionado dunha entrada, e o outro expulsado e coa camiseta rota e cheo de arañazos no cuello...Para todo esto non fai falta adestrar, nin pizarra.....e menos menospreciar ao rival...O fútbol sala é outra cousa diferente. 
 
Os árbitros  
ESTO NON É FUTBOL.....É FUTBOL SALA
Eu preguntome: que deporte arbitran?? Futsalcontac quizás....E increíble, despois de todos os golpes que apañou,ten as marcas no corpo, Tractor rematou expulsado, por protestar....increíble....Tanto a  Fidel como Juan consideroos bos árbitros, de liga nacional, pero eles saben tan ben coma min que se este partido fose de liga Nacional, a metade dos seus xogadores non remataban o partido...
Son bos árbitros, e saben ben o que arbitran e a quen lle arbitran...
Na primeira metade pitaron case todos os contactos, todas as artimañas do rival para parar os nosos xogadores( esa era a súa táctica). Na segunda, o comentario de todo o noso equipo no descanso foi : "ollo que van deixar de pitar", dito e feito; barra libre para golpear!!....
Estes, saben arbitrar pero pitan o que queren, o que lles parece, deben protexer o espectáculo e os xogadores que queren xogar, crear.....pero non o fan, porque Tizón da espectáculo , pero leva moitos paos non sancionados....moitos.
Molestan as nosas victorias??, este ano xa ganamos a Supercopa, xa non mais.......???
 
Nós
Primeira parte boa, bo fútbol sala diante dun equipo que "pretendía" presionar.....Pero tiñamos que ter resolto xa o partido, porque tivemos moitas ocasións, pero por momentos queremos  "rizar o rizo" en vez de resolvelo.
Segunda parte, mala, moi mala, diante dun equipo que sin facer nada extraordinario púxonos en moitos apuros, empatounos e puidose poñer por diante....Saimos ao campo dun xeito inapropiado na intensidade e por enriba cando tiñamos que sacar os galóns de ex-xogadores de categorías superiores, e dominar o xogo non o fixemos e deixámonos empatar o partido.
Iremos a mais co paso das xornadas...!!

domingo, 22 de septiembre de 2013

COMENZA A TEMPADA 2013-2014

Comezamos este ano a que debe ser a nosa 14ª tempada xuntos...
Temos a plantilla parecida, pero os anos pasan e necesitamos sangre nova, algún fichaxe para competir...algún chegará.

SUPERCOPA
Xa empezamos a semana pasada en Celanova coa disputa da supercopa pola renuncia do Ponte. E, a pesar de non adestrar nada todo o verán fomos capaces de gañarlla a un equipo moi bo...A Veiga..campión de copa, e subcampión de liga.
Tivemos a nosa dosis de sorte, sobre todo na primeira parte,onde nos vimos desbordados polo xogo rápido da Veiga, a pesar diso rematamos 3-3, gracias a boa actuación de Sabucedo na portería. Na segunda parte controlamos un pouco mellor o xogo,nos momentos delicados voltou a aparecer Sabu; e fixemos cun título que era a primeira vez que se xogaba, outro mais para a colección, e van.......6-4 ao final.

LIGA
Este sábado comenzou a liga, e tocounos xogar contra o Ourense FS, un equipo que representa a decadencia do fútbol sala ourensán, deplorable..... O resultado de 1-16 dice todo do rival....Unha pena!!
Por encima compartimos patrocinador con él...!!

A próxima semana temos un rival duro...a Bull!!

martes, 2 de julio de 2013

FIN DE TEMPADA

Tiven o blog abandonado por falta de tempo, agora intentarei facer un resumen da nosa tempada.

Na liga fixemos un papel mais que digno, rematando terceiros empatados co segundo a puntos. Superaronnos dous equipos, o Ponte e A Veiga; dous equipos de moito nivel.

Na copa fracasamos ao caer en cuartos, despois de 5 final four consecutivas, perdemos diante do Verín, un equipo novo que se fixo moi forte na súa casa, e cun xogador como Osorio que contra nos estivo a un nivel moi alto. O campión foi a Veiga que derrotou ao Verín na final.

No torneo de Barrios Deportivo; torneo que intenta reunir aos mellores das diferentes ligas( faltou a Veiga, campión da copa), conseguimos o noso terceiro título consecutivo, superando na final ao Verín por 10-3, tomandonos a revancha da copa.

Podo decir que tendo en conta a nosa media de idade e tendo en conta que non adestramos ningún día a tempada foi mais que aceptable.O ano vindeiro o equipo seguirá dando guerra nos campos da provincia, facendo amigos..e esperando que o noso exemplo lle sirva para algo a todos os xóvenes que empezan no fútbol sala

Un saúdo a todos