"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 27 de febrero de 2011

BOS SAMARITANOS 8 - LASIDER 7......sempre facendo amigos

Comeza o partido co dominio, coma sempre, do noso equipo, e rapidamente puxémonos 2-0, bo xogo e ocasións en 19 minutos da primeira parte que  levaron o marcador ata un 5-1 contundente.... o que pasou no último minuto é un expediente X, dous "regalos" apretaron o marcador ata o 5-3 do descanso...había que darlle emoción...????

Na segunda parte comezamos mandando de novo e impoñendo o noso xogo, moito balón e dous goles mais colocaron o marcador nun 7-3 case definitivo, o contrario estaba resignado a súa sorte....pero, cando faltaban 9 minutos co partido controlado e dormido....comezou o noso recital, primeiro un penalti inexistente e deseguido un carrusel de despropósitos levaron o marcador a un empate 7-7 faltando 4 minutos........q pasou neses 5 minutos???    está o CSI investigando ..... volvemos apretar, e Tizón( 5 goles) decidiu o partido cun gol marca da casa 8-7, despois sacaron porteiro-xogador e tivemos dúas ocasións claras, pero....gústanos o perigo.

Volvemos vivir no arame...os regalos sobran. Un penalti, por moi discutido que sexa, non nos pode sacar dun partido que tiñamos que gañar coa gorra....Defendemos coa vista e baixamos os brazos pensando que o partido estaba gañado...Quizais xa non temos o espíritu asesino para matar ao rival  moribundo, mais ben parecemos misioneiros, facendo amigos e regalos....Ter so dous cambios é un atenuante, pero non pode ser unha escusa..

 En contra nosa é moi doado pitar....Para min(sei que o árbitro non estará dacordo comigo, porque é apreciación), dous erros que nos puideron costar o partido: o penalti inesixtente (o rival preguntaba : "que pitou?") e a retención de balón ( moi clara, eu estaba a un metro) no chan ao borde da nosa área foi previa a unha "posible" patada do noso xogador( débese pitar a primeira infracción), faltaba 1 minuto ..... arbitar é moi complicado, eu creo na súa imparcialidade, ainda que as veces me fagan dudar... Sempre intento entender o porque das súas decisións, creo no diálogo, e considérome unha persona correcta, pero non todo o mundo é igual; hai uns poucos partidos, un xogador rival tiña que ser expulsado, e perdoáronlle a clara expulsión...dous partidos despois agrediu a un árbitro....Hai cousas que non se poden tolerar, e unha cousa é protestar e outra a mala educación e os malos modos...por iso hai cosas que non entendo.

Próximo partido en Carballiño diante do Feás, rival complicado, sempre se nos deu ben pero nese campo sempre houbo factores externos que non podemos controlar...

No hay comentarios:

Publicar un comentario