"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 14 de junio de 2011

XA ESTAMOS EN SEMIFINAIS...1-3 diante do ES2001

Estamos en semifinais, outra vez, e xa non lembro cantas van....non é arrogancia, simplemente é a verdade... Consecutivas penso que son cinco, e nove nas últimas dez tempadas, só un ano quedamos fora antes ( en cuartos).. É para sentirse moi orgulloso deste equipo...
O partido co ES2001 presentábase duro,e mais despois de ver os últimos resultados deste equipo,e así foi, pero a verdade é que xogamos un partido moi serio, quitando os cinco minutos de tontería que temos sempre....Pasamos poucos apuros pero seguimos fallando demasiado, tiramos catro paos e fallamos dous a porta baleira...espero que algún día non nos acaben pasando factura tantos erros..Boa copa do equipo de Celanova.


Os cuartos foron duros para todos...só o Beariz parece que gañou con facilidade...O Outumuro gañou nun partido igualado, como cabía supoñer, e xa están en semifinais sen facer moito ruido...menuda tempada levan!!
O Taboadela superou o Cerber na lotería dos penaltis...nun partido que debeu ser durísimo, e xa está na "final four" da súa copa...Estivo a punto de saltar a gran sopresa da copa, o reloxo corrido fai estragos nos equipos de provincial..

SEMIFINAIS


20:00 h.......Taboadela - Outomuro
Penso que o claro favorito é o Taboa, pero a copa e complicada...o Outumuro non é un equipo doado de gañar, forman un gran bloque, moi compacto...agora teñen que crer que poden facelo, que poden gañar e colarse na final....a mentalización será  importante.  O Taboa era dende o principio un dos grandes favoritos, e confirmou os pronósticos, levan unha tempada espectacular...un equipo moi rápido o contraataque e moi agresivo no seu xogo.
Sorte aos dous, e que gañe o que o mereza..


21:00 h.......En Xogo - Beariz
A priori parece moi doado, pero esto é a copa, e ninguén chega as semis sin facer nada...é un partido trampa, deses que non me gustan, teremos que sair moi mentalizados e concentrados para gañar...O Beariz xa non é a primeira vez que chega as semis, e xa sabe de que vai isto....Non me fío!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario