"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 3 de julio de 2011

ESTAMOS TRI-CONTENTOS !!!

Seguimos escribindo a nosa historia. Gañamos 3-1 ao Sobrado na final.
Durante esta semana xogamos un torneo entre os campeóns das diferentes ligas da provinciais( non todos), unha especie de copa de campións, e .......volvemos  gañar!!!!.
Se alguén tiña algunha dúbida, volveu a quedar demostrado, que este ano fumos os mellores, gañamos as tres competicións nas que participamos....pouco mais se pode decir deste equipo.
Non se presentaban boas expectativas no torneo, tiñamos ata cinco baixas importantes, entre elas a de Santi... pero para darlles na cara a moitos papanatas que andan por ahí dándolle ao pico, volvemos demostrar que somos un EQUIPO (con maiúsculas). Superamos na primeira ronda ao Cerber, campión de Carballiño, e novo equipo de provincial; na segunda ronda ao Mcdonals, campión de Ourense, e tamén novo equipo de provincial...e na final ao Sobrado, que volvía xogar a final deste torneo, e un rival de entidade, difícil.Unha final, que xogamos con moi poucos efectivos, e por encima lesiónase Suso na primeira parte; o panorama era negro sobre todo ao rematar a primeira parte perdendo 1-0...Sen embargo o único no que pensabamos no descanso, era que podiamos gañar, que estabamos facendo as cousas  ben, e que ao final tiña que entrar a pelota.  
A segunda parte, seguiu igual ca primeira, dominamos, xogamos un fútbol sala bastante bo en ataque, pero foi a 5 minutos do final cando empatamos, e a inercia do xogo levounos  a gañar un partido, con dous goles de Jacobo e un Tizón estelar todo o torneo.
 A calquera que lle guste o futbol sala, puido ver un bo partido, sobre todo tácticamente.Na primeira parte, o resultado de 1-0 era moi enganoso, dúas continuacións de Suso despois dun 2 para 2, moi finas e moi limpas, que remataron en dúas paradas formidables do porteiro rival, valen para resumir a variedade do noso ataque.
 Na segunda parte, controlamos mellor a Tractor, o mellor xogador deles xunto co porteiro..... e partir de ahí atragantouselles a presión, tiñan poucos recursos para sair, e acumulamos moitas ocasións, ainda así tiveron un doble penalti ( dudoso), para poñerse por diante a falta de 3 minutos..
O fútbol foi xusto con quen intentou xogar, con quen coidou a bola, con quen buscou é imaxinou cousas para chegar ao gol, e decir creatividade, non so defender e esperar o fallo do rival ....todo isto, tendo en conta que estamos nunha simple categoría provincial, e referíndome sempre a esta categoría.
 "EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"


3 comentarios:

  1. Enormes chavales.O martes xogamos un partido máis ou menos(o máis o Monchiño).O xoves un partido menos ou máis(o máis o que esto escribe) e o sábado(xa parecía un maratón)con un lesionado e 2 cambios só fixemos o millor partido.Gañamos i está de puta madre pero,si chegamos a perder,teríamos que estar igual de orgullosos despois de deixar os collóns no campo e tentar gañar como sabemos.En setembro a Supercopa e logo xa para o fogar da 3ª edad.

    ResponderEliminar
  2. .......Y AHORA QUE???????????................
    PASEÉ AL PERRO, JUGUÉ CON LA NIÑA, LE DEDIQUÉ GOLES(POCOS)A MI MUJER , LEÍ "LA RAZÓN", ESCUCHÉ LA "COPE", LAVÉ EL COCHE LOS SÁBADOS Y... ME SOBRÓ TIEMPO PARA GANAR LIGA, COPA DIPUTACIÓN Y EL TROFEO DE CAMPEONES!!!!......................

    Y SALIR DE CENA Y DE COPAS CON MIS AMIGOSSSSSSSSSS
    .............Y AHORA QUE???????..............

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena,una vez más, a todos los que jugasteis el torneo. ENORMES de nuevo!!! Y ahora que abuelo? Pues darle las gracias a todos esos listillos que nos han dado esos consejos tan motivadores. A todos ellos, de todo corazón, MUCHAS GRACIAS!!! Este es el resultado.
    Pasad todos un trimerecido y tritraquilo verano...

    ResponderEliminar