"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

sábado, 16 de julio de 2011

REMATOU UNHA TEMPADA ESPECTACULAR....CON TRIPLETE




 A nota da tempada é Sobresainte con Matrícula de Honor.
Primerio gañamos a liga, unha liga que non foi doada pero que conseguimos gañar na  penultima xornada...O Taboadela, segundo clasificado, foi un rival duro e fixo que tiveramos que cometer poucos erros..Chamoume moito a atención a forma de vivir a liga por algúns membros deste equipo, a pasión está ben, pero o que non está tan ben, son as faltas de respeto, os insultos e menosprecios cara nós e as nosas familias....pero se non nos coñecen de nada, non saben apenas nada de nós...nada; nos temos por costume respetar sempre aos rivais......Ao final, cada un no seu sitio.

Despois gañamos a copa...e tivemos que superar partidos complicados, partidos de copa onde os rivais de menor calidade son igual de perigosos que os de maior categoría, o feito de xogar a reloxo corrido ten moito que ver...E chegamos a final diante do Taboadela ( repito gran tempada a súa), unha final sobre a que xa escribin neste blog, pero que gañou na ruleta dos penaltis o equipo que mais buscou a victoria,o que mais espuxo para gañar...

E para rematar gañamos o torneo dos campións, o II torneo Barrios Deportivo, un torneo que xogamos con moi poucos efectivos.....pero que gañamos sacando a casta e xogando por o libro en algúns momentos. Na final derrotamos ao Sobrado, e devolvemoslle a derrota da final da copa da tempada pasada, nun partido bastante completo pola nosa parte a pesar das numerosas baixas , cunha grande actuación do porteiro rival. 

A información deste torneo podedes consultala neste enlace:
  http://issuu.com/barriosdeportivo/docs/bd38


Penso que esta tempada o fútbol foi xusto con nós, houbo anos que non gañamos nada porque non o merecemos, pero este ano si o mereciamos: por querer xogar sempre, por respetar os principios básicos do xogo, por buscar sempre a victoria a través do xogo mais estético (ainda que non sempre foi así)....Cada equipo pode buscar a victoria como lle pete, pero nos preferimos esta.....Todo isto sen olvidar que para gañar tanto fai falta sorte, que tamén estivo do noso lado.

Para a vindeira tempada seguiremos botanto unhas carreiras polos campos, haberá baixas no equipo, e tamén altas...Pero disto xa falaremos mais adiante. Boas vacacións a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario