"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

martes, 4 de octubre de 2011

VICTORIA SIN BRILLO DIANTE DO CERBER, 7-6

Ganar... gañamos, pero xogar...... moi pouco ou nada. Dominamos o partido na primeira metade, e adiantamonos no marcador con relativa facilidade e moita efectividade,en 4 chegadas marcamos 3 goles, así o contrario viuse desarbolado rapidamente.Rematamos a primeira parte gañando 4-1, pero sen brillo ningún, case por inercia; na segunda metade xogamos a ruleta rusa, e por pouco recibimos o tiro de gracia....Mala, mala, mala.... foi a segunda parte, sobre todo a nivel defensivo......para analizala necesitaría moito tempo, e non o teño.

· Ou defendemos, ou ímolo pasar moi mal para gañar partidos...e como teño dito a defensa é actitude, actitude de todos, encaixamos 9 goles en dous partidos, inadmisible........Non podemos pensar so en marcar goles.
· O rival: un equipo organizado que dará sorpresas na liga.
· Os árbitros: gustoume que dialogaran,ese é o camiño; pero non me gustaron na toma de decisións,os criterios deben ser uniformes e iguales para todos.....De todos xeitos, eu son dos que penso que é moi difícil arbitrar, e todos nos equivocamos....eles non influiron no noso desastre de partido, igual que non influiron na nosa derrota da primeira xornada....Hai que deixalos en paz, e que pasen o mais desapercibidos posibles.

Próximo partido en Celanova co ES 2001, rival moi difícil....espero que melloremos as nosas prestacións.

2 comentarios:

  1. os comentarios que non poñan un nome recoñecible, non seran publicados...para non entrar en debates con anónimos

    ResponderEliminar
  2. Dos arbitros...cando me parece que se equivocan comentoo. Pero podedes ver en cantas entradas deste blog falei dos arbitros como culpables dunha derrota ....E posible que algunha vez teñan culpa...si...pero sempre, sempre non...

    ResponderEliminar