"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 13 de febrero de 2012

CERBER 5 - EN XOGO 3.........FUTBOL É FUTBOL

Xogamos 10 minutos, puxémonos 0-2 e perdonamos outros 3...despois dous regalos, si regalos, e empataron o partido, engadimoslle outro regalo do colexiado de sempre e rematamos 3-2 a primeira parte...
Na segunda parte fómonos do partido, a expulsión de Marcos descentrounos e a seguinte de Jacobo sacounos definitivamente do partido...e xa non volvemos.
Perdemos por os nosos propios erros....e teño que decir que foron demasiados... Pero sobre todo non xogamos a nada, fomos un equipo irrecoñecible...non fomos capaces de nada...Defendemos mal e atacamos peor......Moi mal.
Do rival esperaba mais, esperaba mais cousas, mais ideas, mais recursos...pero a verdade é que viviron dos nosos erros.....Para un equipo que adestra tres días a semana son  tácticamente limitados: para sair da presión pelotazos, un par de saidas polo medio e aproveitar os bos saques de Rubén dende a portería, sempre largos....eso sí, correr, correron coma atletas, quizá sexa ese o seu punto forte...
Gañaronnos merecidamente pero a min non me gustaron.... Para gañar unha liga hai que expoñer algo mais, vano ter moi difícil co Taboadela, estes últimos son un equipo mais compacto. 
Se ascenden pasarano mal, a pesar da experiencia de Bolas e de Rubén, faralles falta algo mais e sobraralles algún maleducado que teñen no equipo.
Os árbitros non perderon o partido, perdémolo nos mesmos.....pero xa estamos fartos, algúns non están ao nivel.....so algúns, pero sempre nos tocan a nós.
Neste blog levo repetido varias cousas:
1ª Son os únicos que cobran, e nos pagamos eses cartos....e se mal non recordo, nunha época de recesión e crise, a cuantía do arbitraxe subiu....increíble!! Un pouquiño de seriedade
2ª O protagonismo é dos xogadores, non dos árbitros....por moito que lles pese....pero algúns non poden pasar desapercibidos..
Isto  non é por perder, non , a semana pasada gañamos 10-2 pero foi o mesmo, xa nos queixamos da actuación...
3ª Na toma de decisións podes fallar....como fallamos todos. O problema é cando elixes o momento do fallo...iso é intención...
Molestamos despois de tantos anos?? molestan as nosas victorias?? debemos algo??

Repito: Non son os árbitros os culpables da derrota, os culpables somos nós...fixemos un partido pésimo.....pero fomos perxudicados claramente con dúas expulsións ( medindo aos dous equipos de xeito diferente) e un gol en falta....vaia tarde!!

Próximo partido na casa co ES 2001, seguiremos remando..


4 comentarios:

  1. Ti crees ke un árbitro durante un partido parase a pensar se esto perjudica a un equipo ou a outro, a toma de decisión é moi rápida e non se xe pasa pola cabeza se lle estás pitando o pizarras, o en xogo, o 5 pontes daxe igual hai dous equipos e un faino o mellor posiblo, con erros, si pero con boa fe.
    por certo o "sueldo"dos árbitros non subiu, subiuvos a vos por mor das kilometraxes a manzaneda, nos seguimos cobrando o mesmo.
    son Hector vilas lopez

    ResponderEliminar
  2. Si..é algo que eu non sabía,nos pagamos mais ainda que vos cobrades o mesmo..
    Manteñome no que escribin.... árbitros e xogadores hainos bos é malos, ainda que supoño que intentan facelo ben...Pero hai algúns que lles debemos molestar os do En Xogo, e non sei porque??.... levamos moitos anos xogando, e nunca tivemos altercados, nen grandes problemas cos arbitros...pero as veces vendo os arbitros que nos tocan xa saimos condicionados do vestiario..
    Teño en conta que a vosa labor é moi difícil....pero tamén sei que o mellor árbitro é o que pasa desapercibido e non o que busca o protagonismo, intentando demostrar non sei moi ben o qué??
    A min personalmente gustame o diálogo e non a amenaza....con xogadores a 200 revolucións..

    ResponderEliminar
  3. E certo como só pensa en arbitrar sin ter en conta todo o demáis que ti dis pode acontecer que se marque un penalty nunha tanda na que só tes que estar pendiente do tiro e todo un pavillón vexa o que pasa menos o que debe velo e despois aínda querira impor a súa autoridade sí ou sí.O problema non é equivocarse(facémolo todos),o malo é a arrogancia e chulería que ALGÚNS de vós non permitides pensar que vos equivocades i empregades o abuso de autoridad cos xogadores.

    ResponderEliminar
  4. Eu non podo asistir a todos os Partidos do cerber pero causame raro q si xogou David bermejo que o cerber non fixera un bo Futbol Sala Por que realmente el si que e o motor do equipo,cando el quere xogar o Equipo xoga o seu ritmo e notase moito...bolas fai moita labor que corre demasiado pero a Magia e a calidade e toda de David...dos equipos da miña zona o cerber vai sobrado...esperemos co barreras salve a categoria...xa que o feas desfixose...

    ResponderEliminar