"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 27 de febrero de 2012

LASYDER 3 EN XOGO 4............COSTOUNOS GAÑAR, NUN PARTIDO EXTRANO

Un partido floxo pola nosa parte, seguimos fallando demasiado e todo por querer meter o gol do ano, por querer facer a xogada do partido....algúns fallos son mala sorte, pero chegamos a fallar a porta baleira.
Preocupame mais o xogo, xogamos a impulsos, sin continuidade, conducimos demasiado o balón e xogamos pouco sin él.....Defendemos mal e replegamos lento, cando sabiamos, xa antes de comezar,  que quizás o maior perigo do rival eran os balóns largos do porteiro as costas da nosa defensa.Costounos correxir este aspecto do xogo sobre todo na primeira metade; na segunda parte e despois da expulsión de Tizón con 2-2 fixemos os nosos mellores minutos e puxémonos 2-4, despois de fallar o que case parece imposible.
Un penalti en contra a falta de 1 minuto puxo o definitivo 3-4.
O rival: explota moi ben o saque largo do porteiro, creounos moitos problemas....o mellor xogador deles o porteiro, moi ben, fixo paradas de moito mérito..
Os árbitros: Tiña un párrafo largo para explicar a súa actuación... pero intentarei ser respetuoso....."Non tiveron sorte" nun partido difícil.

Polo que vexo, leo e polo que me contan, cada vez son mais as queixas en contra dos árbitros..chegan tarde, cobran o mesmo...!! Tendo en conta isto e que o  tema económico dos patrocinadores está mal, se por enriba suben o arbitraxe, machacante a tarxetas, (porque é o único argumento que teñen algúns) e de paso recaudan...Cada vez hai menos equipos.... acabará isto definitivamente co fútbol sala ourensán?
Fáltalle pouco, penso eu....

Tendo en conta estes altos gastos, non sería descabellado facer coma noutras cidades, unha liga paralela, sen tantos gastos........pensarémolo e maduraremos isto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario