"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 21 de mayo de 2012

REMATOU A LIGA.....

A última xornada de liga non deparou sorpresas salientables..
O Taboadela proclamouse campión de liga despois dunha dura loita co Cerber, e ca na nosa sombra ameazante cerca...
Teño que felicitar aos campións porque unha liga non é doada de gañar, hai que pasar "moitas" para gañala, e ao final o que a gaña é porque a mereceu, non teño dúbida.... Agora que xa gañaron o seu primeiro título comezaran a darse conta do difícil que é gañar.... de que todos loitan contra ti porque eres o primeiro....de que non podes cometer apenas erros, porque si fallas podes non gañala...do difícil que é chegar e do difícil que será manterse arriba...... Agora espero que comecen a entender  o mérito que ten que un equipo coma o noso, veterano, loitando durante tantos anos, ano tras ano, por gañar a liga ou a copa...as veces acadandoo e as veces non... Supoño que agora ainda non se darán conta pero nos anos vindeiros si o faran. Parabéns a todos os compoñentes do Taboadela!! xustos gañadores desta liga.
Tamén teño que felicitar ao Cerber porque a campaña que fixeron foi espectacular, non pensei que aguantarían aí arriba ata o final, pero demostraron que puideron gañar a liga tamén, se non fallan en dous partidos "tontos"......Parabéns para eles tamén!!
En canto a nós, penso que xa fixen anteriormente neste blog unha autocrítica, e ademais..... non se pode gañar sempre.
Pola metade temos ao Mcdonals,un equipo irregular; ao Andrade, penso que é o de mellor xogo, pero lastrado polo seu escaso banquillo. Moito mérito o do Manzaneda con tanto viaxe, o ES 2001, irregular; a Corna, por debaixo doutras tempadas; o Retiro, de mais a menos, pero este ano non sufriu, o Lasider de menos a mais, ao final salvou a categoría comodamente.
Por abaixo sinto moito o descenso do Barreras e do Outomuro, son moi boa xente, pero o futbol ás veces e implacable e non perdoa os fallos.Tamén é unha pena a desaparición do Feás, din que "o valor dunha victoria mídese pola entidade do inimigo"; eles sempre nos obrigaron a sacar o mellor de nós. O Sobrado e o Avión estiveron por debaixo do que se pode esperar deles, e pasaron os seus apuros.

No partido do sábado xogamos contra o Outomuro, un equipo que tiña poucas opcións de manter a categoría, precisaba unha carambola: a derrota do Avión e o empate ou derrota do Sobrado..
Non me gustou moito quitarlles as poucas esperanzas que tiñan, pero tiñamos que xogar como facemos sempre porque había mais equipos implicados, gañamos 6-11.. Sei que eles non descenderon por este partido, senón por un cúmulo de circunstancias.....moito ánimo se continuan xogando (ainda que parece que non).
Rematou a liga e comeza a copa...unha competición dura e sempre sorprendente.....Pode pasar calquera cousa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario