"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 14 de mayo de 2012

SEN PARTIDO

O noso rival desta semana era o Barreras e non se puideron presentar por diferentes motivos, así que tocounos descanso.Agradecer a Javi do Barreras que nos comunicara que non ían presentarse para que nos puideramos organizar esa tarde..Non me gusta que rematen así a tempada, espero que poidan xogar o último de liga e a copa...Por todos estes anos que votaron competindo na Provincial, algúns deles moi ben, merecen un final mellor.
A liga chega a última xornada co título no bolsillo do Taboadela, o Cerber será segundo e nós terceiros.
Por abaixo a cousa está mais complicada, despois da victoria  do Avión desta semana contra o Outomuro; o Avión está casi salvado,( por calidade non tiñan que sufrir tanto)....o Primordial xa está descendido ( ten o golaverage perdido co Barbadas).....e o Barbadas meteuse no lío despois dun recta final desastrosa ( teño que decir que se disputaran todos partidos coa intensidade ca que os diputan contra o En Xogo non estarían aí ), de todos xeitos dependen deles mesmos, pero teñen que gañar;  o Outomuro ten que gañar e esperar que os seus veciños do Retiro lles voten unha man....Pode haber ata un triple empate.....a solución o sábado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario