"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

domingo, 18 de noviembre de 2012

EN XOGO 10 - MANZANEDA 4......DUAS CARAS

Duas caras foron as que amosamos neste partido, duas moi diferentes.
A primeira parte non foi boa,o rival puxo un ritmo moi alto de xogo, non defendemos ben a estratexia e non impuxemos o noso xogo, ainda así fallamos dous 10 metros e dúas ocasións diante do porteiro, pero rematamos perdendo 2-4.
Na segunda parte fomos un equipo mais parecido ao que somos nós.....non nos sorprenderon na estratexia, defendemos mellor e fomos mais resolutivos en ataque; igualaronse as forzas físicas e foi entón cando impuxemos a nosa maior calidade individual.Nos primeiros 10 minutos da segunda parte volteamos o marcador, e colocámonos 6-4, amparados nunha boa defensa e unha maior efectividade en ataque.Nese momento intentaron atacar de cinco, pero estivemos moi acertados na presión en primeira línea e resolvemos o partido...
Os rivais: Eran líderes por méritos propios, teñen un gran desplegue físico e intentan poñer un ritmo alto de xogo, cando se lle acabou a gasolina naufragaron. Ben na estratexia, nótase o traballo...teñen bos conceptos de fútbol sala.
Os árbitros: Non podería calificalos, a verdade é que intentaron controlar o partido pero non foi doado.
Nos: Quédome coa defensa da segunda parte....a actitude e a presión ao balón.....Destacar a Tizón con 5 goles.
 
O peor do partido foron as lesións, Luis Angel cunha rotura de fibras...pero sobre todo a do nº 9 do Manzaneda Adrián Hervella...cunha rotura do Tendón de Aquiles, da que xa foi operado e lle desexamos unha pronta recuperación. Ánimo.
 
A liga coa derrota do líder igualase mais..con cinco equipos metidos na loita.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario