"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

lunes, 26 de noviembre de 2012

AVION 2 - EN XOGO 6

Partido sen moita historia o xogado en Avión; dominamos dende o principio con moitas ocasións e facendo un xogo combinativo bastante aceptable....pero non foi un paseo, o Avión sempre resulta un rival incómodo e mais naquela pista, corren e fante correr.
Os árbitros: Ben, sen problema e sen complicarse a vida pitando cousas absurdas como fan tantos.
O rival: vai ter problemas para manter a categoría, a baixa do seu mellor xogador para o resto da tempada, vaille supoñer un gran problema.
Nós: Melloramos algo o noso xogo, pero tamén penso que o rival baixou os brazos e nos deu moitas facilidades.

A liga deixanos ao Manzaneda en caida libre, tres partidos perdidos seguidos... Como xa advertira hai unhas semanas había que esperar aos "toros bravos" para ver o seu verdadeiro nivel..  Moita igualdade nos 5 primeiros...Quedame a dubida se os da Veiga aguantaran toda a tempada a este ritmo...O Ponte é o máximo favorito....solo polo que adestran xa ten moito gañado.

Decir que o partido Peares-Andrade non se disputou porque os arbitros chegaron media hora tarde a cancha. O equipo do Andrade decidiu non xogar e dende este blog quero darlles o meu apoio.
Se chegamos cas fichas tarde somos sancionados...hai dúas semanas na Rúa chegamos cinco minutos antes de empezar o partido ( tivemos unha viaxe complicada), foi recollido en acta e seremos multados.
¿ E agora qué? ¿Quen paga os gastos da viaxe do Andrade?...Deberían deducirlle os gastos da viaxe do arbitraxe que deben pagar. Se nos esixen, deben cumplir.

1 comentario:

  1. esta liga esta muy interesante la verdad asi da gusto hay muchos favoritos para ser el campeon de esta liga tan competitiva pero como dijiste vamos ver quien es el que mejor aguanta el tiron por otra parfte esperemos nosotros sacar buen resultado estes partidos tan dificiles que tenemos

    ResponderEliminar