"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 29 de enero de 2014

LA BULL 3 - EN XOGO 7....unha batalla!!

Partido que se preveía duro, e así foi...pero non precisamente pola igualdade do xogo...nisto fomos mellores..
 Empezamos coma sempre, dormidos e encaixamos o primeiro gol pronto, nunha perdida de balón absurda..non atopabamos a clave do partido, e foi despois dos primeiros cambios, coa segunda unidade de xogadores no campo, cando pasamos a dominar o partido e o marcador con mais facilidade da prevista...puxémonos 1-4.
Na segunda metade mantivemos a ventaxe controlando o partido diante dun rival que se volveu mais duro, cunha agresividade descontrolada; sacaron porteiro xogador, pero non conseguiron nada.. Ahí rematou o partido.
 
Rival: como definilos? Demasiado duros, é a impotencia de verse superado...son un  equipo de fútbol que intenta xogar a fútbol sala, un equipo duro, de feito na segunda metade empleouse con excesiva dureza sobre todo con Santi, ao que non deron parado en todo o partido. A pesar de que ten algúns xogadores con calidade ( caso de kike e algún mais..) para o fútbol sala, se o comparamos cos equipos da zona alta fáltanlles conceptos de fútbol sala....e  calidade en moitos dos seus xogadores.
É un equipo que toma a competición en serio, adestran (non coma nós que somos uns vagos) e intentan mellorar, pero para ser un equipo de fútbol sala faltanlle cousas...como positivo deles destacaría a súa intensidade no xogo, ainda que as veces a transforman en dureza excesiva( non todos os seus xogadores abusan disto)
 
Árbitros: Estiveron correctos nun partido moi complicado...non lles temblou o pulso nalgunhas decisións....o que non me gustou foi que tiñan que haber cortado antes dureza rival..Santi xa fora agredido antes da entrada da expulsión con cobadazo nun ollo que lle produxo un corte.
 
Nós: Ainda que sempre son crítico co meu equipo, teño que dicir que esta vez vou deixar aun lado as correccións, e dicir que salimos vivos da guerra, ainda que con marcas de todo tipo....Co equipo que tiñamos o sábado, con Santi xogando habitualmente.....mais algún dos ausentes ( caso de Luis Angel, Jacobo,.....)Penso que así seriamos o equipo mais completo da categoría..e a pesar da idade de moitos dos nosos xogadores  e sen adestrar seriamos os claros favoritos a ganar a liga por diante da Veiga.....PERO........ a realidade  e ben distinta,  Santi e Luis Angel levan xogados 3  partidos e  cada semana falta alguén. Eche o que hai...!!O fútbol sala para nós, despois de pisar moitos campos de Galicia e de España está na recta final....Disfrutemos do que nos queda..!! 
 
 
 
 

martes, 21 de enero de 2014

EN XOGO 13 - OURENSE FS 0

O partido convertiuse nun trámite para nós, contra un rival cheo de xogadores xuveniles. O rival non tivo ningunha opción e nos xogamos a medio gas, porque a diferencia de calidade era moi grande.
 
Rival: Pediron o aplazamento por falta de algúns xogadores seniors;o certo é que era xoves, moi tarde para aplazar calquera partido, e nós pola semana non podemos xogar.....debe centrarse na súa liga, que son os equipos de abaixo; cos equipos de arriba vaino ter complicado en igualdade de condicións.....Aplazar un partido por faltarche 3 xogadores  contra un equipo que é posible que non lle ganes o mesmo contando con eles, non ten moito sentido; porque a nós tamén nos faltaban 7 xogadores.
Espero que rematen a liga, polo ben do fútbol sala...e que teñen sorte para salvarse.
 
Árbitros: Cobraron por firmar a acta..
 
Nós: Un partido non valorable para sacar conclusións.
 

martes, 14 de enero de 2014

EN XOGO 9 LASIDER 4

Partido entretido o xogado este sábado, adiantouse o Lasyder no marcador e fixo que tiveramos que apretar para darlle a volta. Dominamos o partido pero sempre estivemos moi incómodos no campo, leváronnos moito perigo coas súas contras e co saque rápido do porteiro. Ao final eles tiveron que arriscar mais ao verse por debaixo no marcador e sentenciamos o partido.
 
Rival: Están abaixo na clasificación pero remataran salvándose porque teñen mais calidade ca moitos equipos da categoría.
 
Árbitros: Non se complicaron moito a vida.
 
Nós: Moitos erros defensivos, e de novo unha posta en escena mala.

miércoles, 8 de enero de 2014

BARBADAS 5 - EN XOGO 7...EMOCION...!!

Partido intenso, con alternativas e victoria final nosa en dous arreóns finais.Puido costarnos a derrota a nosa posta en escena, 3-0 aos dez minutos; uns minutos lamentables con fallos inadmisibles nos pases e falta de intensidade defensiva....demasiada ventaxa para un rival moi perigoso...A partir de ahí empezamos a xogar algo, dominamos mais o balón e a calidade individual fixo que nos meteramos no partido rematando a primeira parte perdendo dun gol.
Na segunda parte cambiamos a actitude, igualamos a intensidade e igualamos o partido, o dominio do xogo e do balón era noso, costoulles moito sair da nosa presión...pero levaronnos moito perigo nas súas contras...Empatamos o partido nun erro na salida de presión deles.....Na recta final o partido estivo igualado, nos intentando impoñer a nosa calidade e veteranía e eles a súa intensidade e xuventude......Cos dous equipos cargados de faltas, eles fallaron un doble penalti e nos acertamos, colocándonos 5-6, entón foi cando eles expuxeron todo e volcáronse na presión, deixando mais espacios as súas costas....nunha destas Tractor cunha gran xogada individual, na que lle fixeron polo menos tres ou catro faltas, sentenciou o partido.
Penso que ao final a calidade individual dos nosos xogadores decidiu o partido. 
 
Rivais: Xóvenes, intensos, con bos conceptos de fútbol sala. Están facendo boa tempada e ten un bo futuro por diante, deberán seguir traballando para que esto non quede en nada...Un equipo a ter en conta.
 
Arbitros: En xeral estiveron correctos...nalgunhas cousas non estiveron ben, para min.....pero o partido era difícil de arbitrar.
 
Nós: Cando empezamos a xogar iamos 3-0 perdendo,  demasiada ventaxa... A pesar de todo tivemos fe e tiramos de veteranía... apretamos en defensa....e en ataque tivemos mais paciencia....Pero non sempre será así, non podemos ter esa actitude ao empezar ao partido