"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 8 de enero de 2014

BARBADAS 5 - EN XOGO 7...EMOCION...!!

Partido intenso, con alternativas e victoria final nosa en dous arreóns finais.Puido costarnos a derrota a nosa posta en escena, 3-0 aos dez minutos; uns minutos lamentables con fallos inadmisibles nos pases e falta de intensidade defensiva....demasiada ventaxa para un rival moi perigoso...A partir de ahí empezamos a xogar algo, dominamos mais o balón e a calidade individual fixo que nos meteramos no partido rematando a primeira parte perdendo dun gol.
Na segunda parte cambiamos a actitude, igualamos a intensidade e igualamos o partido, o dominio do xogo e do balón era noso, costoulles moito sair da nosa presión...pero levaronnos moito perigo nas súas contras...Empatamos o partido nun erro na salida de presión deles.....Na recta final o partido estivo igualado, nos intentando impoñer a nosa calidade e veteranía e eles a súa intensidade e xuventude......Cos dous equipos cargados de faltas, eles fallaron un doble penalti e nos acertamos, colocándonos 5-6, entón foi cando eles expuxeron todo e volcáronse na presión, deixando mais espacios as súas costas....nunha destas Tractor cunha gran xogada individual, na que lle fixeron polo menos tres ou catro faltas, sentenciou o partido.
Penso que ao final a calidade individual dos nosos xogadores decidiu o partido. 
 
Rivais: Xóvenes, intensos, con bos conceptos de fútbol sala. Están facendo boa tempada e ten un bo futuro por diante, deberán seguir traballando para que esto non quede en nada...Un equipo a ter en conta.
 
Arbitros: En xeral estiveron correctos...nalgunhas cousas non estiveron ben, para min.....pero o partido era difícil de arbitrar.
 
Nós: Cando empezamos a xogar iamos 3-0 perdendo,  demasiada ventaxa... A pesar de todo tivemos fe e tiramos de veteranía... apretamos en defensa....e en ataque tivemos mais paciencia....Pero non sempre será así, non podemos ter esa actitude ao empezar ao partido 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario