"EL FUTBOL ET TORNAS EL QUE LI DÓNES"

miércoles, 29 de enero de 2014

LA BULL 3 - EN XOGO 7....unha batalla!!

Partido que se preveía duro, e así foi...pero non precisamente pola igualdade do xogo...nisto fomos mellores..
 Empezamos coma sempre, dormidos e encaixamos o primeiro gol pronto, nunha perdida de balón absurda..non atopabamos a clave do partido, e foi despois dos primeiros cambios, coa segunda unidade de xogadores no campo, cando pasamos a dominar o partido e o marcador con mais facilidade da prevista...puxémonos 1-4.
Na segunda metade mantivemos a ventaxe controlando o partido diante dun rival que se volveu mais duro, cunha agresividade descontrolada; sacaron porteiro xogador, pero non conseguiron nada.. Ahí rematou o partido.
 
Rival: como definilos? Demasiado duros, é a impotencia de verse superado...son un  equipo de fútbol que intenta xogar a fútbol sala, un equipo duro, de feito na segunda metade empleouse con excesiva dureza sobre todo con Santi, ao que non deron parado en todo o partido. A pesar de que ten algúns xogadores con calidade ( caso de kike e algún mais..) para o fútbol sala, se o comparamos cos equipos da zona alta fáltanlles conceptos de fútbol sala....e  calidade en moitos dos seus xogadores.
É un equipo que toma a competición en serio, adestran (non coma nós que somos uns vagos) e intentan mellorar, pero para ser un equipo de fútbol sala faltanlle cousas...como positivo deles destacaría a súa intensidade no xogo, ainda que as veces a transforman en dureza excesiva( non todos os seus xogadores abusan disto)
 
Árbitros: Estiveron correctos nun partido moi complicado...non lles temblou o pulso nalgunhas decisións....o que non me gustou foi que tiñan que haber cortado antes dureza rival..Santi xa fora agredido antes da entrada da expulsión con cobadazo nun ollo que lle produxo un corte.
 
Nós: Ainda que sempre son crítico co meu equipo, teño que dicir que esta vez vou deixar aun lado as correccións, e dicir que salimos vivos da guerra, ainda que con marcas de todo tipo....Co equipo que tiñamos o sábado, con Santi xogando habitualmente.....mais algún dos ausentes ( caso de Luis Angel, Jacobo,.....)Penso que así seriamos o equipo mais completo da categoría..e a pesar da idade de moitos dos nosos xogadores  e sen adestrar seriamos os claros favoritos a ganar a liga por diante da Veiga.....PERO........ a realidade  e ben distinta,  Santi e Luis Angel levan xogados 3  partidos e  cada semana falta alguén. Eche o que hai...!!O fútbol sala para nós, despois de pisar moitos campos de Galicia e de España está na recta final....Disfrutemos do que nos queda..!! 
 
 
 
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario